DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 3 de xullo de 2024 Páx. 40534

III. Outras disposicións

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2024, da Xerencia da Área Sanitaria da Coruña e Cee, pola que se anuncia a incorporación ao Consello Asesor de Pacientes da Área Sanitaria da Coruña e Cee da Asociación Coruñesa de Esclerosis Múltiple e da AA Noroeste-Alcohólicos en recuperación Grupo Noroeste.

De conformidade co disposto na disposición adicional primeira da Orde do 16 de outubro de 2018, pola que se regula a composición e o réxime xurídico de funcionamento dos consellos asesores de pacientes de área, anúnciase a incorporación ao Consello Asesor de Pacientes da Área Sanitaria da Coruña e Cee das seguintes asociacións:

ACEM

Asociación Coruñesa de Esclerosis Múltiple

AA Noroeste–Alcohólicos en recuperación Grupo Noroeste

A Coruña, 21 de xuño de 2024

Luis Verde Remeseiro
Xerente da Área Sanitaria da Coruña e Cee