DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 28 de xuño de 2024 Páx. 39799

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 21 de xuño 2024 pola que se modifica a Resolución do 28 de decembro de 2023, pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a produción e coprodución de proxectos audiovisuais galegos e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento CT207A).

Con data do 29 de xaneiro de 2024 publícase no Diario Oficial de Galicia número 20 a Resolución do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a produción e coprodución de proxectos audiovisuais galegos e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento CT207A).

A Resolución do 28 de decembro de 2023 establece un crédito para o financiamento desta convocatoria de 2.500.000 euros con cargo á aplicación orzamentaria 10.A1.432B.770.0 no código de proxecto 2010 00005 do orzamento de gasto da Axencia Galega das Industrias Culturais, e o punto 3 do artigo 3 das bases reguladoras posibilita que os importes previstos poidan ser incrementados ao longo do exercicio orzamentario, nos supostos establecidos no artigo 31.2 da Lei de subvencións de Galicia, e logo da declaración previa da dispoñibilidade de crédito e da modificación orzamentaria que proceda. Este artigo indica, ademais, que a devandita ampliación se ten que publicar nos mesmos medios que a convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo de prazo para resolver e o importe do crédito da ampliación será distribuído segundo o criterio do órgano concedente.

A xestión dinámica do orzamento da Axencia Galega das Industrias Culturais para 2024 permite destinar un maior crédito a esta liña de axudas, que é considerada estratéxica para o sector audiovisual galego.

Este maior crédito posibilitará a ampliación do número de proxectos beneficiarios desta convocatoria, en particular, os que se presenten á categoría A, que é a modalidade con máis demanda por parte do sector.

Polo exposto, proponse a modificación do crédito total destinado á convocatoria da liña de axudas, así como unha nova redistribución das anualidades, reflectida no cadro de financiamento.

Así pois, de acordo co exposto e co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, así como os preceptos básicos da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de subvencións, e en virtude das atribucións que me foron concedidas.

RESOLVO:

Primeiro. Modificar o artigo 3 da convocatoria que resulta redactado como segue:

«Artigo 3. Financiamento, contías máximas e intensidade das axudas

Os créditos dispoñibles para o financiamento desta convocatoria imputaranse aos orzamentos da Axencia Galega das Industrias Culturais para 2024, na aplicación, polos importes e a distribución que se reflicte no cadro seguinte:

Aplicación orzamentaria

Código do proxecto

Total

Anualidade

2024

Anualidade

2025

Anualidade

2026

Anualidade

2027

10.A1.432B.770.0

2010 0005.

3.000.000 €

300.000 €

743.000 €

902.000 €

1.055.000 €»

Segundo. Modificar os puntos 1 e 2 do artigo 3 das bases reguladoras, que quedan redactados como segue:

«Artigo 3. Financiamento

1. O importe global máximo para o financiamento da presente convocatoria será de 3.000.000 de euros con cargo á aplicación orzamentaria 10.A1.432B.770.0 do orzamento de gasto da Axencia Galega das Industrias Culturais, código de proxecto 2010 00005.

2. Esta convocatoria ten carácter plurianual, polo que os créditos deben asignarse por categorías e anualidades. Esta asignación reflíctese no cadro seguinte:

2024

2025

2026

2027

Total

Categoría A: longametraxe cinematográfica (ficción, animación, documental)

211.000 €

422.000 €

422.000 €

1.055.000 €

2.110.000 €

Categoría B: longametraxe en coprodución internacional con participación minoritaria (ficción, animación, documental)

30.000 €

90.000 €

180.000 €

300.000 €

Categoría C: curtametraxes (ficción, animación, documental)

9.000 €

81.000 €

90.000 €

Categoría D: obras audiovisuais para TV e plataformas (longametraxes e series de ficción, series de animación, series documentais)

50.000 €

150.000 €

300.000 €

500.000 €

Total

300.000 €

743.000 €

902.000 €

1.055.000 €

3.000.000 €»

Disposición adicional única

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o presidente do Consello Reitor, contado a partir do día seguinte ao da súa publicicación no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2024

José López Campos
Presidente do Consello Reitor da Axencia
Galega das Industrias Culturais