DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 28 de xuño de 2024 Páx. 39798

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 2024 pola que se amplía o prazo de xustificación das subvencións para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade privada de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2023/24 (código de procedemento PL500B).

Mediante a Orde do 28 de decembro de 2023 aprobáronse as bases reguladoras e anunciouse a convocatoria de subvencións para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade privada de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2023/24 (código de procedemento PL500B) (DOG núm. 10, do 15.1.2024).

A base 15 da orde indica que a data límite para presentar a xustificación dos gastos correspondentes aos centros que obtiveron financiamento mediante esta convocatoria é o 30 de xuño de 2024, para o cal é preciso que a resolución pola que se conceden as subvencións se publique con antelación suficiente á dita data.

Diversas cuestións de carácter organizativo impiden a publicación da resolución de concesión con esa antelación, de modo que, de conformidade co establecido no artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas,

RESOLVO:

Ampliar en dez días hábiles o prazo de presentación da xustificación dos gastos correspondentes aos centros que obtiveron financiamento mediante esta convocatoria.

Contra esta resolución non cabe recurso, de acordo co disposto no artigo 32.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude
P. D. (Orde do 29.7.2022; DOG núm. 151, do 9.8.2022 / Disp. adic. 2ª do Decreto 49/2024; DOG núm. 81, do 24.4.2024)
Elvira María Casal García
Secretaria xeral técnica da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude