DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 28 de xuño de 2024 Páx. 39795

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2024 pola que se lle dá publicidade ás axudas concedidas de conformidade coa Orde do 27 de febreiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a edición de audiolibros e libros en lectura fácil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (códigos de procedemento CT238B e CT238C).

Logo de examinar a proposta de resolución, en relación coas axudas correspondentes á modalidade B da Orde do 27 de febreiro de 2024 e de acordo co disposto no artigo 34 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e de conformidade co artigo 17 da orde de bases e convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder as subvencións da modalidade B: axudas ao sector editorial, relativas a gastos de produción, distribución e comercialización de libros en lectura fácil en formato físico ou dixital en galego, aos proxectos que se relacionan no anexo I cos importes correspondentes a cada beneficiario.

Segundo. Denegar as solicitudes das empresas editoras que se relacionan no anexo II por non cumprir os requisitos exixidos polas bases da convocatoria e indicar a causa de exclusión.

Terceiro. De conformidade co disposto no artigo 22 da orde de bases e convocatoria, as editoras beneficiarias dispoñerán dun prazo de dez (10) días para a aceptación da subvención, contado desde o día seguinte ao da data de publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido este prazo sen que se producise manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada.

Quedará sen efecto a concesión ás persoas beneficiarias que non acepten a subvención.

Cuarto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer o recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben impugnarse directamente a través do recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde a mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. En todo caso, non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza o rexeitamento presunto do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude
P.D. (Orde do 29.7.2022; DOG núm. 151, do 8 de agosto;
D.A. 2ª do Decreto 49/2024)
Anxo M. Lorenzo Suárez
Director xeral de Cultura

ANEXO I

Modalidade B. Axudas ao sector editorial, relativas a gastos de produción, distribución e comercialización de libros en lectura fácil en formato físico ou dixital en galego (CT238C).

Entidade

Título

Anualidade 2024

Anualidade 2025

Total concedido

Editorial Bululu, S.L.

Coidado coa charca

2.519,64 €

2.880,36 €

5.400,00 €

Editorial Bululu, S.L.

Xa voooou

2.519,64 €

2.880,36 €

5.400,00 €

Editorial Galaxia, S.A.

As malas mulleres

2.495,77 €

2.853,07 €

5.348,84 €

Editorial Galaxia, S.A.

Meigas

2.121,50 €

2.425,22 €

4.546,72 €

Editorial Galaxia, S.A.

O Misterio do Torque de Burela

2.351,12 €

2.687,71 €

5.038,83 €

Hércules de Ediciones, S.L.

A saga das curandeiras

2.799,60 €

3.200,40 €

6.000,00 €

Horsori Editorial, S.L.

Ana, a das tellas verdes

1.280,25 €

1.463,53 €

2.743,79 €

Horsori Editorial, S.L.

A máquina do tempo

1.118,97 €

1.279,16 €

2.398,13 €

Instituto para el Desarrollo Educativo y Cultural

Contos de amor

2.309,67 €

2.640,33 €

4.950,00 €

Ivette Noguera García Edicións, S.L.

Un ano arredor do gran roble

1.569,27 €

1.793,94 €

3.363,21 €

Ivette Noguera García Edicións, S.L.

Unha bufanda de sol

1.314,41 €

1.502,59 €

2.817,00 €

Ivette Noguera García Edicións, S.L.

O ovo do sol

1.377,78 €

1.575,03 €

2.952,81 €

Ivette Noguera García Edicións, S.L.

Tomates de Mila

1.090,33 €

1.246,43 €

2.336,76 €

Kalandraka Editora, S.L.

Nicolás vai á biblioteca

2.799,60 €

3.200,40 €

6.000,00 €

Kalandraka Editora, S.L.

Nicolás vai ao médico

2.799,60 €

3.200,40 €

6.000,00 €

Centro Lingoreta, S.L.

Lingoreto e Lingoreta. Respiración

2.799,60 €

3.200,40 €

6.000,00 €

La Mar de Fácil, S.L.

A filla do mar

1.254,78 €

1.434,42 €

2.689,20 €

La Mar de Fácil, S.L.

O misterio do Camiño de Santiago

1.146,44 €

1.310,56 €

2.457,00 €

Técnicas & Gramaxe, S.L.

Os Balbinos visitan os pazos de Galicia

2.799,60 €

3.200,40 €

6.000,00 €

Técnicas & Gramaxe, S.L.

A Lúa e a Bal gústalles a música

2.799,60 €

3.200,40 €

6.000,00 €

ANEXO II

Entidade solicitante

Título

Causa

Instituto para el Desarrollo Educativo y Cultural

Contos da Terra

1

Instituto para el Desarrollo Educativo y Cultural

Contos Tráxicos

2

Causas de exclusión:

1. Non cumprir co disposto no artigo 7.4.c) da orde de convocatoria.

2. Non cumprir co disposto no artigo 7.4.c) da orde de convocatoria. O número de DL asignado inicialmente a esta obra, o PO555-2022, foi anulado de oficio por non ter realizado a correspondente constitución da obriga legal.