DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 28 de xuño de 2024 Páx. 39785

III. Outras disposicións

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Urbanismo, pola que se aproba a sexta actualización do Plan básico autonómico de Galicia.

I. Antecedentes.

O Plan básico autonómico de Galicia (PBA) foi aprobado polo Decreto 83/2018, do 26 de xullo, e publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG) número 162, do 27.8.2018, así como nos catro boletíns oficiais provinciais (BOP da Coruña número 186, do 28.9.2018; BOP de Lugo número 224, do 28.9.2018; BOP de Ourense número 224, do 28.9.2018 e BOP de Pontevedra número 188, do 28.9.2018).

O Plan básico autonómico foi obxecto de cinco actualizacións e é a última delas aprobada por Resolución do 15 de decembro de 2023 da directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo (DOG número 241, do 21.12.2023).

II. Normativa.

Na actualización do Plan básico autonómico tense en conta a seguinte normativa:

– Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (en diante, LSG).

– Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (en diante, RLSG).

– Decreto 83/2018, do 26 de xullo, polo que se aproba o Plan básico autonómico.

III. Consideracións xurídicas e técnicas.

Segundo o artigo 90.4 do RLSG, o Plan básico autonómico debe actualizarse en función dos cambios derivados das modificacións das afeccións sectoriais e da aprobación dos instrumentos de ordenación do territorio.

De conformidade co artigo 9 do Decreto 83/2018, do 26 de xullo, estes cambios resultarán directamente vinculantes desde a súa entrada en vigor e prevalecerán sobre a información reflectida na cartografía do Plan básico autonómico. Porén, isto enténdese sen prexuízo da necesidade de que a cartografía do Plan básico autonómico se actualice por resolución administrativa e se faga a publicación do correspondente anuncio no DOG cunha periodicidade mínima anual.

De conformidade co disposto no artigo 90.4 do RLSG, no artigo 9 do Decreto 83/2018, do 26 de xullo, e no artigo 13 do Decreto 142/2024, do 22 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, en relación co Decreto 42/2024, do 14 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, a competencia para a actualización do Plan básico autonómico correspóndelle á persoa titular da Dirección Xeral de Urbanismo.

En virtude do exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a sexta actualización cartográfica do Plan básico autonómico de Galicia resultante da información recompilada e da memoria de cambios que se integran como anexo I e anexo II desta resolución.

A documentación desta actualización poderá consultarse nas seguintes ligazóns:

https://territorioeurbanismo.xunta.gal/gl/territorio-e-urbanismo/rexistro-de-ordenacion-do-territorio-e-urbanismo

http://mapas.xunta.gal/visores/pba/

Segundo. Ordenar a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 9 do Decreto 83/2018, do 26 de xullo.

Terceiro. De conformidade co artigo 88 da LSG e os artigos 212.1 e 213 do RLSG, a Dirección Xeral de Urbanismo inscribirá de oficio a actualización do Plan básico autonómico de Galicia no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia.

Cuarto. Contra esta resolución cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2024

Mª Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Urbanismo

ANEXO I

Información recompilada para a 6ª actualización cartográfica do PBA
(ACT2024_06)

1. De conformidade co previsto no artigo 90.4 do RLSG e no artigo 9 do Decreto 83/2018, do 26 de xullo, a Dirección Xeral de Urbanismo solicitou dos diferentes organismos que acheguen a información da súa competencia que vincula ao PBA. Asemade, atendeu a todas as alegacións recibidas sobre o documento e reenviounas ao organismo sectorial competente por razón da materia.

2. Consta no expediente administrativo da sexta actualización do PBA (ACT2024_06) a seguinte información recibida o 15.5.2024:

Administración estatal:

• Subdirección Xeral de Aeroportos e Navegación Aérea.

Administración Autonómica:

• Subdirección Xeral de Recursos Minerais.

• Servizo de Enerxías Renovables e Eficiencia Enerxética.

• Axencia Galega de Infraestruturas.

• Cámara Oficial Mineira de Galicia.

• Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

• Servizo de Infraestruturas Agrarias de Pontevedra.

• Área de Explotación e Planificación Portuaria da E.P.E. Portos de Galicia.

Alegacións de administracións ou particulares:

• Unha alegación relativa aos elementos da listaxe de bens do Catálogo de patrimonio cultural de Galicia que consta no anexo IX do PBA que foi oportunamente trasladada ao órgano sectorial competente na materia para a súa valoración e corrección se procedese.

Pola súa parte, a Dirección Xeral de Urbanismo, no ámbito das súas competencias en ordenación do territorio, achegou a información respecto dos instrumentos de ordenación do territorio aprobados desde a última actualización do documento.

Tamén forma parte do expediente administrativo da sexta actualización do PBA (ACT2024_06) a información descargada desde as fontes de acceso á información dixital actualizada que foron facilitadas polos organismos sectoriais e que figuran no anexo II de fontes de información do PBA.

3. Respecto á información achegada pola Subdirección Xeral de Aeroportos e Navegación Aérea os días 14.5.2024 e 29.5.2024, relativa á comunicación da aprobación do Real decreto 360/2024, polo que se modifican as servidumes aeronáuticas do aeroporto da Coruña e do Real decreto 359/2024, polo que se aproban as servidumes aeronáuticas acústicas, o mapa de ruido e o Plan de acción do aeroporto da Coruña, abordarase a súa integración na vindeira actualización do PBA, dada a súa complexidade e a imposibilidade de integrala nesta actualización.

En todo caso, pódese consultar a información máis actualizada e detallada no visor PLINUR do organismo competente (https://plinur.mitma.gob.es/visor/).

ANEXO II

Memoria de cambios da 6º actualización cartográfica do PBA (ACT2024_06)

1. Cambios na infraestrutura do visor do PBA:

1.1. Impleméntase a conexión coa base de datos da infraestrutura espacial de Portos do Estado no relativo ás zonas de servizo dos portos de interese xeral estatais (https://experience.arcgis.com/experience/59d21bbe70a746eba2e1fa33a9bab8a5/page/VISOR/?views=CONSULTA; https://geoserver.puertos.es/wms-inspire/puertos; https://geoserver.puertos.es/geoserver/puertos/wfs), co obxecto de amosar en todo momento a súa información xeográfica actualizada.

Para coñecer o historial de cambios desta información debe acudirse á infraestrutura de datos espaciais do dito organismo sectorial.

1.2. Impleméntase a conexión coa base de datos territoriais do Instituto de Estudos do Territorio no relativo ás masas forestais que conforman o Sistema rexistral forestal de Galicia (I:\304LU\SistemaRexistralForestal), co obxecto de amosar en todo momento a súa información xeográfica actualizada.

2. Cambios na información xeográfica do PBA:

Analizada a información recopilada, realízanse os seguintes cambios na información xeográfica do PBA:

2.1. Modelo de asentamento.

Engádense 43 entidades tipo punto derivadas dos novos instrumentos de planeamento urbanístico aprobados nos seguintes concellos:

• Abegondo: A Regueira; As Casas Grandes; O Cruceiro; Souto Calvo; Nespereira; A Chichorra; Marces; A Axilda; A Verdella.

• Lugo: Corvazal; Daquelcabo; Vilar Ponte; Curral de Abaixo-A Casilla; Castelo; Penas; O Tendeiro; Xuxaos; Rego do Espiño; Casas Nova; Rubiás; Vila de Abaixo; Devesa; Mesón de Crecente; Area; Os Campos; Lamela; Vilamoure de Arriba; Fontenla (Norte); Fontenla (Norte)-A Lagoa; Fontenla.

• O Incio: Noilán; A Cruz do Incio; Outeiro.

• Ordes: Adina Vella de Arriba; Moscoso do Medio; Orellán de Abaixo; A Salgueira de Abaixo; Esmorís; Perra de Abaixo; A Espenica de Abaixo; A Espenica do Medio; Pecenín; O Outeiro.

Asemade, actualízase a denominación de sete entidades consonte os instrumentos de planeamento urbanístico aprobados nos seguintes concellos:

• Lugo: Xuíz (Norte); Xuíz (Sur); Xián.

• Ordes: O Castro; Salgueira de Arriba; O Conde; Os Castrelos.

2.2. Instrumentos de ordenación do territorio.

Engádense as delimitacións dos seguintes instrumentos de ordenación do territorio que acadaron a súa aprobación definitiva:

• OT-21-113_Modificación puntual número 2 do Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia (aprobación definitiva do 21.12.2023, DOG número 18, do 2.5.2024).

• OT-19-028_Plan territorial especial de San Fiz de Asma (aprobación definitiva do 15.4.2024, DOG número 86, do 25.1.2024).

• OT-21-077_Proxecto de interese autonómico para a ampliación do parque empresarial de Palas de Rei (fase III) (aprobación definitiva do 28.12.2023, DOG número 23, do 23.2.2024).

• OT-23-018_Aproveitamento hidroeléctrico de Portodiz no río Furelos (aprobación definitiva do 18.1.2024, DOG número 26, do 26.3.2024).

Asemade actualízase a seguinte información relativa a estes instrumentos de ordenación do territorio que figura incorporados no PBA:

• OT-21-161_Novo Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) (aprobación definitiva do 5.10.2023, DOG número 209, do 3.11.2023). Engádense as delimitacións dos ámbitos con determinacións vinculantes e orientativas recollidos no plano PORD_PIA_00AMBITO do documento refundido e se introduce a observación «Afectado pola Resolución do 1.2.2024, da Dirección Xeral de Recursos Económicos (DOG número 35, do 19.2.2024)».

• Actualízase a información xeográfica da capa relativa aos plans sectoriais das redes viarias aprobados na C.A. acorde á información facilitada o 21.3.2024 pola Axencia Galega de Infraestruturas e seguindo os criterios facilitados polo dito organismo.

2.3. Costas.

Actualízase a información da capa relativa á zona de influencia, acorde á información descargada o 10.4.2024 da URL facilitada polo organismo competente (https://www.miteco.gob.es/es/cartografia-y-sig/ide/descargas/costas-medio-marino/default.aspx).

Calculouse unha zona de influencia estimada de 500 m. En todo caso, prevalecerá a zona de influencia resultado da medición desde a LRM publicada en tempo real polo organismo sectorial competente.

2.4. Enerxía.

Actualízase a información da capa relativa á posición das infraestruturas (aeroxeneradores; torres de medición; CT/SUB) dos parques eolicos en funcionamento autorizados ou en obras, acorde á información descargada o 9.4.2024 do xeovisor do Rexistro eólico de Galicia (https://www.arcgis.com/apps/webappviewer/index.html?id=4bae3fad95b6439bacef9d1a316765e9).

2.5. Transportes.

Actualízase a información das capas relativas á rede de estradas da Comunidade Autónoma e a súa área de afección, acorde á información facilitada o 24.5.2024 polo Instituto de Estudos do Territorio.

Actualízase a capa de información relativa á afección da rede ferroviaria, acorde á información descargada o 12.4.2024 da URL facilitada polo organismo competente (https://ideadif.adif.es/gservices/Tramificacion/wms?).

Actualízase a información da capa relativa aos eixes e afeccións das actuacións en materia de estradas autonómicas que contan con estudio informativo ou proxecto aprobado pola Axencia Galega de Infraestruturas, acorde á información facilitada o 21.3.2024 polo antedito organismo competente.

2.6. Portos.

Actualízanse as capas de información relativas ás zonas de servizo e ás sinalizacións dos Portos de Galicia acorde á información facilitada o 6.5.2024 e o 30.4.2024 polo organismo competente.

As capas de información relativas ás zonas de servizo dos portos de interese xeral do Estado conéctanse aos servizos web de visualización e de descarga da infraestrutura espacial propia do organismo competente na materia:

https://experience.arcgis.com/experience/59d21bbe70a746eba2e1fa33a9bab8a5/page/VISOR/?views=CONSULTA

https://geoserver.puertos.es/wms-inspire/puertos

https://geoserver.puertos.es/geoserver/puertos/wfs

Actualízase a capa de información relativa ás sinalizacións dos Portos do Estado acorde a información descargada o 12.4.2024 da URL facilitada polo organismo competente (https://portalaton.puertos.es/portalAton/facesanonimo/app/incidencias/lookup/listadoIncidencia.xhtml).

2.7. Aeroportos.

Actualízase a capa de información relativa ás zonas de servizo dos aeroportos e se inclúe unha nova capa de información relativa ás zonas de seguridade das servidumes radioeléctricas para aeroxeneradores, acorde á información remitida pola Subdirección Xeral de Aeroportos e Navegación Aérea (27.12.2023) e acorde á información publicada nas seguintes URL e servizos web facilitados polo organismo competente:

https://plinur.mitma.gob.es/visor/

http://geoserver.mitma.es/geoserver/plinur/ows?service=wms&version=1.3.0&request=GetCapabilities&

https://www.mitma.gob.es/aviacion-civil/politicas-aeroportuarias/planificacion-aeroportuaria

2.8. Forestal.

As capas de información relativas ás masas do Sistema rexistral forestal de Galicia conéctase á información aloxada na base de datos territoriais do Instituto de Estudos do Territorio (I:\304LU\SistemaRexistralForestal).

2.9. Agropecuaria.

Acorde ás instrucións da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, actualízase a información das concentracións parcelarias firmes e non firmes segundo a información descargada o 9.4.2024 da base de datos territoriais do Instituto de Estudos do Territorio (I:\304LU\ZonasConcentracionParcelaria).

2.10. Patrimonio cultural.

Actualízase a información xeográfica de varias capas relativas ao patrimonio cultural (_Catalogo_Elementos.shp; _Catalogo_ContornoProteccion.shp) acorde á información aportada polo órgano competente o 19.4.2024 que foi tratada segundo as indicacións dadas polo persoal da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

En todo caso, os bens recollidos nos catálogos dos instrumentos de planeamento teñen para todos os efectos a consideración de bens catalogados desde a data de aprobación definitiva do dito instrumento.

Por outra banda, engádese o seguinte Plan especial de protección en materia do patrimonio cultural aprobado:

Instrumento

Concello

Provincia

Data de aprobación

Plan especial de protección e reforma interior (PEPRI) do Concello de Camariñas

Camariñas

A Coruña

27.5.2022

2.11. Minaría.

Actualízase a capa de información relativa aos dereitos mineiros acorde á información facilitada o 27.3.2024 polo organismo competente.

2.12. Acústica.

Engádese a capa de información relativa ás áreas de incidencia acústica estimada de 200 m arredor da posición real dos aeroxeneradores dos parques eólicos en funcionamento (_Acustica_Eolica_AreasIncidenciaAcusticaEstimada.shp), e tamén, a capa de información relativa ás zonas de afección acústica do ruído aeroportuario (_Acustica_Aeroportos_ZonasAfeccionAcustica.shp), cuxa información xeográfica anteriormente figuraba noutros bloques de información do PBA.

3. Información xeográfica actualizada do PBA en formato vectorial.

A información xeográfica actualizada do PBA en formato vectorial shapefile está contida nun arquivo comprimido que se identifica coa seguinte pegada dixital (algoritmo SHA-256 e formato Hexadecimal en ASCII (base 16):

7D6443E5C4927F6C5920AE7E34535BA8FB0F7A572D35E7B4F36A984FD33AB85Dh

Non se inclúe neste arquivo comprimido a información xeográfica incorporada ao PBA mediante conexión con plataformas ou bases de datos de organismos sectoriais que posúen unha infraestrutura de datos espaciais propia.

4. Cambios nos documentos do PBA:

Como resultado da información recibida e dos cambios feitos na información xeográfica do PBA, actualízanse os seguintes documentos do PBA, todos eles accesibles desde o visor cartográfico do PBA:

– Anexos.

• Anexo I: Marco legal.

• Anexo II: Fontes de información.

• Anexo III: Instrumentos de ordenación do territorio.

• Anexo VIII: Listaxe de núcleos derivados dos instrumentos de planeamento vixentes (non recollidos no anexo VII).

• Anexo IX.II: Listaxe de bens do catálogo de patrimonio cultural de Galicia.

– Planos.

• Planos de delimitación dos ámbitos de aplicación dos instrumentos de ordenación do territorio.

• Planos de delimitación das afeccións sectoriais.

• Planos de identificación dos asentamentos de poboación existentes.

No caso dos planos deben entenderse actualizadas todas as series cartográficas do PBA xeradas en formato PDF desde a ferramenta «Imprimir» do visor PBA (escala 1:10.000 e escala libre).

A identificación dos asentamentos de poboación existentes intégrase nos planos de delimitación dos ámbitos de aplicación dos instrumentos de ordenación do territorio e das afeccións sectoriais.

– Catálogo.

Actualízase a información do Catálogo do PBA para todos os concellos de Galicia.