DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 28 de xuño de 2024 Páx. 39781

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Igualdade

ORDE do 24 de xuño de 2024 pola que se publica o incremento da dotación orzamentaria da Resolución do 29 de novembro de 2023, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, parcialmente cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (códigos de procedemento SI436A, SI435A e SI427B).

Mediante a Resolución do 29 de novembro de 2023 establecéronse as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, parcialmente cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, para o ano 2024 (códigos de procedemento SI436A, SI435A e SI427B), publicada no Diario Oficial de Galicia número 5, do 8 de xaneiro de 2024.

Estas axudas teñen como finalidade o desenvolvemento de programas, actuacións e medidas para facer efectivo o principio de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a prevención e o tratamento da violencia de xénero, a conciliación da vida persoal, laboral e familiar e a participación das mulleres na vida política, económica, social e cultural, así como para consolidar o funcionamento de servizos de atención integral de información e asesoramento ás mulleres no territorio, co fin de lles prestar unha atención e acompañamento de proximidade, psicolóxico, xurídico e de orientación sociolaboral, en particular a aquelas mulleres que pertenzan a colectivos en risco de exclusión ou estean nalgunha situación de vulnerabilidade, de cara a mellorar a súa situación social, laboral e profesional.

Coa dita finalidade establécense os seguintes programas:

a) Programa do Plan Corresponsables no ámbito local (SI436A).

b) Programa de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e tratamento da violencia de xénero, en diante, Programa de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero (SI435A).

c) Programa de apoio aos centros de información á muller (en adiante, CIM) (SI427B).

De acordo co establecido no artigo 2 da convocatoria, ás subvencións obxecto desta convocatoria destínase un crédito por un importe total de dez millóns novecentos corenta e sete mil oitocentos noventa e nove euros con setenta e cinco céntimos (10.947.899,75 euros) distribuídos en tres programas e, nun deles, en dúas anualidades, que se imputarán ás aplicacións orzamentarias seguintes:

Programa-Procedemento

Aplicación

Cód. proxecto

Importe 2024

Importe 2025

Total

Artigo 1.a)-SI436A

11.20.312G.460.1

2021 00175

6.000.000,00

0

6.000.000,00

Artigo 1.b)-SI435A

11.20.313B.460.0

2023 00095

500.000,00

0

500.000,00

Artigo 1.c)-SI427B

11.20.313B.460.0

2015 00144

2.847.899,75

1.600.000,00

4.447.899,75

Total

9.347.899,75

1.600.000,00

10.947.899,75

As axudas do programa 1.a) están financiadas con fondos finalistas do Estado do Plan Corresponsables; as axudas do programa 1.c) están financiadas con fondos propios libres da Comunidade Autónoma de Galicia e as axudas do programa 1.b) están cofinanciadas nun 60 % pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 no obxectivo político 4. Unha Europa máis social e inclusiva, por medio da aplicación do piar europeo de dereitos sociais; prioridade 2: inclusión social e loita contra a pobreza; obxectivo específico ES04.8, Fomentar a inclusión activa co obxecto de promover a igualdade de oportunidades, a non discriminación e a participación activa, e mellorar a empregabilidade, en particular para os grupos desfavorecidos; medida 2.H.03, Programa de atención a mulleres en situación de especial vulnerabilidade.

O 2 de maio de 2024 publicouse no Diario Oficial de Galicia número 86 a Resolución do 22 de abril de 2024, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se resolven as subvencións previstas na Resolución do 29 de novembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, parcialmente cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (códigos de procedemento SI436A, SI435A e SI427B).

No anexo II da dita Resolución do 22 de abril de 2024 figuran as solicitudes que quedaron na lista de espera segundo a orde de puntuación e que, de ser o caso, poderán ser atendidas a través do crédito que quede sen comprometer de producirse algunha renuncia, por modificación nos proxectos inicialmente presentados ou por un incremento do crédito orzamentario dispoñible destinado a estas subvencións. Para estes efectos, poderán realizarse sucesivas propostas de resolución.

O artigo 2.3 da Resolución do 29 de novembro de 2023 establece que o importe máximo inicial do crédito destinado ás axudas obxecto desta convocatoria poderá ser ampliado en función das solicitudes e das dispoñibilidades orzamentarias, nos supostos e nas condicións previstas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. O incremento do importe queda condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito e, se é o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda, con informe previo favorable da modificación orzamentaria por parte do organismo intermedio do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 (actualmente, a Dirección Xeral de Cohesión e Fondos Europeos). A ampliación de crédito publicarase nos mesmos medios que a convocatoria, sen que isto implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver.

Con base no anterior, co fin de poder amparar un maior número de solicitudes presentadas que cumpren os requisitos para seren beneficiarias destas axudas, considérase conveniente ampliar a dotación orzamentaria consignada, a través do suposto previsto na alínea b) do artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como o previsto no artigo 2.5 da Resolución do 29 de novembro de 2023.

O órgano concedente debe publicar a ampliación de crédito nos mesmos medios que a convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo de prazo para resolver.

Polo exposto, e no uso das facultades que me foron conferidas,

RESOLVO:

Artigo único. Incremento de crédito

1. Ampliar a dotación orzamentaria prevista no artigo 2.1 da Resolución do 29 de novembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, parcialmente cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021–2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (códigos de procedemento SI436A, SI435A e SI427B), no que respecta á liña de subvencións a) Plan Corresponsables no ámbito local (código de procedemento SI436A).

2. O incremento da dotación das axudas do programa 1.a) (código de procedemento SI436A) é de 643.272,60 euros con cargo á aplicación orzamentaria 2024.38.07.312G.460.1, no código de proxecto 2021.00175, coa denominación Plan Corresponsables, consignada no estado de gastos dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024.

3. O crédito total dispoñible para atender as axudas previstas na citada Resolución do 29 de novembro de 2023 queda así establecido en 11.591.172,35 euros, desagregada entre as tres liñas de subvencións de acordo co seguinte detalle:

Programa-Procedemento

Aplicación

Cód. proxecto

Importe 2024

Modificación

Importe 2025

Total

Artigo 1.a)-SI436A

38.07.312G.460.1

2021 00175

6.000.000,00

643.272,60

0,00

6.643.272,60

Artigo 1.b)-SI435A

38.07.313B.460.0

2023 00095

500.000,00

0,00

0,00

500.000,00

Artigo 1.c)-SI427B

38.07.313B.460.0

2015 00144

2.847.899,75

0,00

1.600.000,00

4.447.899,75

Total

9.347.899,75

643.272,60

1.600.000,00

11.591.172,35

4. Esta ampliación de crédito non afecta o prazo de presentación de solicitudes establecido no artigo 10.1 da Resolución do 29 de novembro de 2023 nin supón o inicio dun novo cómputo do prazo para resolver.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2024

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social e Igualdade