DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Martes, 25 de xuño de 2024 Páx. 39055

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2024, da Dirección Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción de instalacións eléctricas no concello de Muíños (expediente IN407A 2023/154-3).

Visto o expediente para o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións eléctricas que se describen a seguir, tal e como se recollen no proxecto asinado o día 8 de setembro de 2023 polo enxeñeiro técnico industrial Ramón Mantilla Álvarez, colexiado número 1.806 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais da Coruña (Coeticor), quen acredita a súa habilitación e competencia mediante declaración responsable asinada na data sinalada.

Solicitante: Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A.; CIF: A15643687.

Enderezo: Edificio de Usos Múltiples, Bando, 15820 San Marcos, Santiago de Compostela.

Denominación: proxecto de infraestrutura eléctrica en AT e BT para subministración eléctrica de centro de comunicación en Muíños.

Situación: Coto de Maus, parcela 545, concello de Muíños.

Orzamento: 90.486,27 €.

Características técnicas:

• LMT a 20 kV, de 144 m de lonxitude, en condutor LA-56, con orixe na LMT da compañía distribuidora existente na zona e fin no centro de transformación á intemperie proxectado.

• Centro de transformación á intemperie, sobre apoio de formigón do tipo HVH, con transformador de 50 kVA e R/T 20.000/420.

Unha vez cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta dirección territorial

RESOLVE:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 13 de xuño de 2024

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense