DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Martes, 25 de xuño de 2024 Páx. 39057

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 12 de xuño de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, polo que se comunica a convocatoria para o pagamento dos prezos xustos acordados polo Xurado de Expropiación de Galicia para os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Instalación RC en AP 9QI4BB1F461 na LMT VLG804 Sanxenxo 4, no concello de Sanxenxo.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante este anuncio comunícase a todas as persoas interesadas nos pagamentos dos prezos xustos polos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Instalación RC en AP 9QI4BB1F461 na LMT VLG804 Sanxenxo 4, que se realizarán na Casa do Concello de Sanxenxo, segundo o calendario e o horario que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si ou representadas por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 12 de xuño de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/304-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: Instalación RC en AP 9QI4BB1F461 na LMT VLG804 Sanxenxo 4.

Concello: Sanxenxo.

Predio

Referencia catastral

Lugar

Titularidade

Data

Hora

1

36051A003003930000FU

Isqueiro

Josefa Domínguez Estévez

26 de setembro de 2024

13.00