DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Martes, 25 de xuño de 2024 Páx. 39044

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 3 de xuño de 2024, da Dirección Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Baleira (expediente IN407A 2024/46-2).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.

Denominación: Regulamentación LMTA BCR803 entre os apoios número 59-70-75-17 e número 57-70-75-20 (Baleira).

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avda. América, 38, 28028 Madrid.

Características técnicas principais:

Substitución do apoio metálico número 59-70-75-19 da LMTA BCR803 por outro de celosía metálica de tipo C-A-AL-20/2000-H35-CAIII (CSIII).

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE número 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figuran no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70) referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que consideren oportunas no prazo de trinta días hábiles, contados desde o día seguinte ao da última publicación.

Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións neste departamento territorial, de luns a venres entre as nove da mañá e as dúas da tarde, e na seguinte ligazón web da Consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacion-electrica/baleira-2

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se encontren ao relacionar os bens e dereitos afectados, segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da lei de expropiación forzosa (BOE número 160, do 27 de xuño).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), cando as persoas titulares dos predios propostos sexan descoñecidas, non se saiba o lugar de notificación ou ben, intentada a notificación, non se puidese efectuar, e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 3 de xuño de 2024

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO I

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de regulamentación LMTA BCR803 entre os apoios número 59-70-75-17 e número 57-70-75-20 (Baleira)

Concello: Baleira (Lugo).

Expediente: IN407A 2024/46-2.

Nº de predio

Polígono

Parcela

Lugar

Cultivo

Propietaria

Apoio (nº)

Apoio (m2)

Sup. (m2)

1

82

526

Escanlar

Monte alto

Xunta veciñal de Escanlar

59-70-75-19

1

2