DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Martes, 25 de xuño de 2024 Páx. 39041

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 3 de xuño de 2024, da Dirección Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Becerreá (expediente IN407A 2024/48-2).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.

Denominación: Regulamentación LMTA TTL806-TTL807 en tramo entre apoios número D53 e número D62 (Becerreá).

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avda. America, 38, 28028 Madrid.

Características técnicas principais:

– Reforma da LMTA TTL806 e da LMTA TTL807 a 20 kV, no tramo comprendido entre os apoios que comparten os números D53 e D58, substituíndo cinco apoios de formigón existentes por seis de celosía metálica e renovando o condutor existente tipo LA-110, cunha lonxitude de 589 m.

– Substitución do apoio existente núm. 61 da LMTA TTL806-TTL807 por outro de celosía metálica de tipo C-20/7000 e retensado do condutor existente nos vans contiguos ao apoio proxectado.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figuran no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta dirección territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia de Lugo, rolda da Muralla, 70) referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que consideren oportunas, no prazo de trinta días hábiles, contados desde o día seguinte ao da última publicación.

Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta dirección territorial, de luns a venres entre as nove da mañá e as dúas da tarde, e na seguinte ligazón web da Consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/becerrea5

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se encontren ao relacionar os bens e dereitos afectados, segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 27 de xuño).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando as persoas titulares dos predios propostos sexan descoñecidas, non se saiba o lugar de notificación ou ben, tentada a notificación, non se puidese realizar, e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 3 de xuño de 2024

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO I

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de: regulamentación LMTA TTL806-TTL807 en tramo entre apoios número D53 e número D62 (Becerreá)

Concello: Becerreá (Lugo)

Expediente: IN407A 2024/48-2.

Nº de predio

Polígono

Parcela

Lugar

Cultivo

Propietario/a

Apoio (nº)

Apoio (m2)

Sup. (m2)

2

142

66

Granxa

Monte alto

Hros. de Manuel Freijo

D54 y D55

2

4

4

142

71

Trala Granxa

Prado

Eulogio Areas López

X1

1

2

5

141

949

Ribeira

Prado

José Manuel Belón García

D57

1

2

6

141

945

Pena de Armesto

Prado

Eulogio Areas López

D58

1

2

7

141

213

Travesa

Prado

Enma Santamaría Cela

D61

1

2