DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Luns, 24 de xuño de 2024 Páx. 38640

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2024, da Dirección Territorial de Ourense, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ourense (expediente IN407A 2023/133-3).

Visto o expediente para o outorgamento da autorización administrativa previa e de construción das instalacións eléctricas que se describen a seguir, tal e como se recollen no proxecto asinado o día 23.2.2023 en Ourense polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández, colexiado núm. 1534 do ICOIIG, quen acredita a súa habilitación e competencia mediante declaración responsable asinada na data sinalada.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Enderezo: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: reforma dos treitos da LMTS BBA804 entre CTS 32CB10 e 32CB03.

Situación: varias rúas da cidade de Ourense, concello de Ourense.

Orzamento: 97.681,11 €.

Características técnicas:

• Reforma da LMTS BBA804, coa substitución do condutor existente do tipo RHV-150 por condutor RHZ1-2 OL-12/20 kV 3x(1x240) mm² Al, nos seguintes treitos:

i) Treito 1: de 199 m de lonxitude, con orixe na cela de liña do CT 32CB10-Remedios 66 e final na cela de liña do CT 32SB02-estadio 2.

ii) Treito 2: de 431 m de lonxitude, con orixe na cela de liña do CT 32SB02-estadio 2 e final nos empalmes para realizar no condutor existente, despois de realizar entrada-saída no CT 32CY51-CD campo de fútbol e no CT 32CJL6-rúa Regueiro.

iii) Treito 3: de 168 m de lonxitude, con orixe nos empalmes para realizar no condutor existente e final na cela de liña do CT 32CB03-Ervedelo2.

Reordenación das celas do centro de seccionamento existente 32S823-CR Torre, coa instalación dunha nova cela de liña para a liña BB806. Intercambio das celas das liñas VLL802 e BBA812, separándoas por semibarras as xeracións dos consumos.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta dirección territorial

RESOLVE:

Conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 31 de maio de 2024

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense