DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 18 de xuño de 2024 Páx. 37347

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 23 de maio de 2024 pola que se autoriza o Plan de pesca da anguía para as confrarías de pescadores da ría de Ferrol, tempada 2024.

Advertido un erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 105, do venres 31 de maio de 2024, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 33068, no punto 3. Horario, onde di:

«A actividade iniciarase ás 12.00 horas do luns. Para tal efecto, entenderase por inicio da actividade o momento da saída do porto.

As nasas non poderán ser caladas nin poderán permanecer no mar as fins de semana a partir das 12.00 horas do sábado, e a embarcación non poderá saír do porto ata as 12.00 horas do luns seguinte».

Debe dicir:

«As nasas poderán permanecer caladas no mar as fins de semana e non poderán levantar a arte entre as 12.00 horas do sábado e as 12.00 horas do luns seguinte».