DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 12 de xuño de 2024 Páx. 35740

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, pola que se dá publicidade da resolución do expediente con código PO-00022014A(1.1), titulado Proxecto de ordenación forestal Montouto, concello de Quiroga, provincia de Lugo, en cumprimento do artigo 42 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Antecedentes:

Primeiro. O 16.2.2021 tivo entrada o expediente con código PO-00022014A(1.1), titulado Proxecto de ordenación forestal Montouto.

Segundo. O 26.2.2024 a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático resolve formular a declaración de impacto ambiental favorable do Proxecto de repoboación forestal do monte veciñal en man común Montouto, na parroquia de Vilarmel, no concello de Quiroga (Lugo), en cumprimento do disposto no artigo 41 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Terceiro. O 9.4.2024 a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal asinou a resolución do expediente con código PO-00022014A(1.1), titulado Proxecto de ordenación forestal Montouto, no concello de Quiroga, provincia de Lugo, segundo o artigo 81.1 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Cuarto. De conformidade co artigo 42 da Lei 21/2013, o órgano substantivo, no prazo máis breve posible e en todo caso antes dos quince días hábiles desde que adopte a decisión de autorizar ou denegar o proxecto, remitiralle ao diario oficial correspondente, para a súa publicación, un extracto do contido da dita decisión.

Así mesmo, publicará na súa sede electrónica unha referencia ao diario oficial correspondente en que se publicou a declaración de impacto ambiental e o extracto sobre a decisión de autorizar ou denegar o proxecto.

Polo anteriormente exposto,

RESOLVO:

Facer pública a Resolución de aprobación citada no antecedente terceiro, de conformidade co artigo 42 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Expediente: PO-00022014A(1.1), titulado Proxecto de ordenación forestal Montouto, concello de Quiroga, provincia de Lugo.

A devandita resolución poderase consultar na ligazón:

https://mediorural.xunta.gal/es/temas/forestal/ordenacion/instrumentos-de-ordenacion-ou-de-xestion-forestal

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2024

José Luis Chan Rodríguez
Director xeral de Planificación e Ordenación Forestal