DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 12 de xuño de 2024 Páx. 35739

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 30 de maio de 2024, da Dirección Territorial de Lugo, polo que se lles notifica a varios interesados a solicitude de declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Pantón (expediente IN407A 2023/48-2).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícaselle a persoa interesada a resolución de autorización administrativa previa e de construción e declárase a utilidade pública do proxecto para a instalación de interruptor TC no apoio BJPVVWH3//41 da LAMT PRS802 Monforte 2, Pantón (Lugo), segundo se sinala no cadro anexo.

Lugo, 30 de maio de 2024

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de instalación de interruptor TC no apoio BJPVVWH3//41 da LAMT PRS802 Monforte 2, Pantón (Lugo)

Concello: Pantón (Lugo).

Expediente: IN407A 2023-48-2.

Predio

Políg.

Parc.

Lugar

Cultivo

Propietario

Apoio nº

Sup. (m2)

1

65

136

Os Campos

Monte baixo

Descoñecido

BJPVVWH3//41

2