DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 11 de xuño de 2024 Páx. 35555

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

EXTRACTO do 27 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas, polo que se publica a Resolución do 26 de maio de 2024 pola que se arquiva o expediente do parque eólico Graxón e se cancela unha garantía económica depositada por Greenalia Wind Power, S.L.U. para tramitar a solicitude de acceso e conexión á rede de transporte (expediente IN408A/2018/020).

De conformidade co previsto no artigo 42.4, alíneas a) e b), da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, procede publicar o extracto da Resolución do 26 de maio, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas, pola que se arquiva o expediente do parque eólico Graxón e se cancela unha garantía económica depositada por Greenalia Wind Power, S.L.U. para tramitar a solicitude de acceso e conexión á rede de transporte (expediente IN408A/2018/020).

Primeiro. Contido da resolución e condicións que a acompañan.

A antedita Resolución do 26 de maio de 2024 dispón o seguinte:

1. Arquivar e declarar concluso o procedemento instruído en relación co expediente do parque eólico Graxón (IN408A/2018/020) promovido por Greenalia Wind Power, S.L.U.

2. Cancelar a garantía económica depositada por Greenalia Wind Power, S.L. na Caixa Xeral de Depósitos da Comunidade Autónoma de Galicia por importe de 252.000 €, do 29 de maio de 2018 e número de rexistro 655/2018, para responder das súas obrigas en relación coa tramitación do procedemento de solicitude de acceso e conexión á rede de transporte do parque eólico Graxón.

Segundo. Principais motivos e consideracións en que se basea a resolución:

1. Con data do 29 de maio de 2018, Greenalia Power, S.L. depositou unha garantía económica por importe de 252.000 € e número de rexistro 655/2018, para garantir o cumprimento das súas obrigas no procedemento de acceso e conexión á rede de transporte do parque eólico Graxón.

Con data do 15 de xuño de 2020, Greenalia Wind Power, S.L.U. modificou o resgardo da antedita garantía económica para modificar o nome da empresa promotora, de Greenalia Power, S.L. a Greenalia Wind Power, S.L.U. como empresa tramitadora do parque eólico Graxón.

2. Con data do 1 de xuño de 2018, Greenalia Wind Power, S.L.U. presentou solicitude de autorización administrativa previa e de construción, aprobación do proxecto sectorial e declaración de utilidade pública para o proxecto denominado parque eólico Graxón, ao abeiro do disposto na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.

3. Con data do 22 de decembro de 2021, Greenalia Wind Power, S.L.U. presentou solicitude de autorización administrativa previa e de construción para a modificación substancial do proxecto denominado parque eólico Graxón, ao abeiro do disposto na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.

4. Con data do 4 de outubro de 2022, Greenalia Wind Power, S.L.U. presentou solicitude de autorización administrativa previa e de construción para unha nova modificación substancial do proxecto denominado parque eólico Graxón, ao abeiro do disposto na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.

5. Por Acordo do 22 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, someteuse a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) do proxecto de execución do parque eólico Graxón, no concello da Pastoriza (expediente IN408A/2018/020), que foi publicado no DOG núm. 170, do 7 de setembro de 2023.

6. Con data do 19 de decembro de 2023 a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático formulou a declaración de impacto ambiental desfavorable do proxecto do parque eólico Graxón, nos termos propostos polo Servizo de Avaliación Ambiental de Proxectos, en cumprimento do disposto no artigo 41 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

7. Con data do 16 de maio de 2024, Manuel García Pardo, actuando en nome e representación de Greenalia Wind Power, S.L.U. solicitoulle a esta dirección xeral o arquivo do expediente administrativo do parque eólico Graxón (expediente IN408A/2018/020), ao existir circunstancias impeditivas para a execución do proxecto, a teor da formulación da declaración de impacto ambiental desfavorable e solicitou a devolución da garantía económica con número de rexistro 655/2018.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2024

Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Minas