DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 11 de xuño de 2024 Páx. 35549

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Outes (expediente IN407A 2022/332-1).

Expediente: IN407A 2022/332-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Proxecto: LMT e CTI lugar Banzas.

Concello: Outes.

Feitos:

1. O día 14.10.2022, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica mencionada. Co obxecto de atender unha petición de subministración de 27,71 kW de potencia para uso terciario no lugar de Banzas, concello de Outes, proxéctase a repotenciación do centro de transformación de intemperie CT Banzas (15AXL19, IN40A7 2015/486-1) de 50 kVA de potencia, alimentado pola liña de distribución de media tensión LMT TA2809 (IN407A 2016/2132-1), procedente da subestación Tambre II, instalando un novo centro de transformación de 100 kVA nun novo apoio de tipo metálico que se vai situar no lugar de Catelas, e a instalación de novos tramos aéreos e soterrados que conectarán o CT proxectado coa rede de baixa tensión existente e co punto de subministración.

Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, achegan o proxecto de execución denominado LMT e CTI Lugar Banzas, asinado o día 13.10.2022 por Carlota Martínez Rúa, graduada en Enxeñaría Eléctrica, nº colexiada 4.776 de Vigo, e a relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da liña.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:

• Portal da transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.

• DOG: 12.4.2023.

• BOP: 23.3.2023.

• Xornal La Voz de Galicia: 12.4.2023.

• Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do 19.9.2023.

3. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Outes, Augas de Galicia e Deputación Provincial da Coruña. No día desta resolución, non consta no expediente respostas dos organismos ás solicitudes de informe.

5. O día 10.5.2024 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O director territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o artigo 41 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm. 98, do 25 de maio), consonte coa disposición adicional décimo segunda e a disposición transitoria primeira do Decreto 49/2024, do 22 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 81, do 24 de abril).

2. Lexislación de aplicación

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro.

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas:

As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente están situadas nos lugares de Banzas e Catelas, concello de Outes, e as súas características técnicas son as seguintes:

• Desmantelamento tramo LMTA a 20 kV, de 46 m, condutor tipo LA-30 Al, coa orixe no apoio nº 9N3TQBGI//57-16-B5 existente da LMT TA2809 (IN407A 2016/2132-1), procedente da subestación Tambre II, e remate no apoio nº 9N36JKW2//57-16-B6 existente para substituír por tipo C-2000/12. Retensado do van resultante entre o apoio nº 9N3TQBGI//57-16-B5 e o proxectado para substituír o nº 9N36JKW2//57-16-B6.

• CT no lugar de Catelas de intemperie de 100 kVA e relación de transformación de 20.000/400-230 V en novo apoio nº 57-16-B6 proxectado. Desmantelamento do CT Banzas (15AXL19, IN40A7 2015/486-1) de intemperie de 50 kVA existente.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta dirección territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

B) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta dirección territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial, no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 20 de maio de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

LMTA e CTI lugar de Banzas

Relación de bens e dereitos afectados-concello de Outes

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (LMT e CT e/ou apoios)

LMT aérea-voo

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

Nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Herdeiros de Manuel Guzmán Buján

15063B504005510000WD

Polígono 504, parcela 551

Catelas

57-16-B6

2

Rústico. Agrario