DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 10 de xuño de 2024 Páx. 35146

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Aranga (expediente IN407A 2023/319-1).

Expediente: IN407A 2023/319-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación do proxecto: RET LMT lugar Posta.

Concello: Aranga.

Feitos:

1. O día 28 de xuño de 2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica. Co obxecto de atender unha solicitude de recuamento dunha liña de distribución aérea que sobrevoa unhas parcelas nas cales se construirá unha nave industrial no lugar de Posta, concello de Aranga, proxéctase o desmantelamento de dous tramos aéreos da liña de distribución de media tensión LMT SDG708 (IN407A 2016/2038-1), procedente da subestación Sidegasa-Teixeiro, e a súa substitución por un novo tramo aéreo e outro soterrado, recuados respecto dos existentes.

Ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, achegan o proxecto de execución denominado RET LMT lugar Posta, asinado o día 30 de agosto de 2022 por Carlota Martínez Rúa, graduada en Enxeñaría Eléctrica, nº colexiada 4.776 de Vigo; posteriormente, achegan un anexo asinado pola mesma enxeñeira o 16 de febreiro de 2024.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Aranga, Augas de Galicia e Demarcación de Estradas do Estado en Galicia. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes presentados no prazo outorgado para ese efecto.

4. O día 24 de abril de 2024 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. O director territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o artigo 41 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm. 98, do 25 de maio), consonte coa disposición adicional décimo segunda e a disposición transitoria primeira do Decreto 49/2024, do 22 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 81, do 24 abril).

Segunda. Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39 do 26 de febreiro).

Terceira. Características técnicas.

As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente están situadas no lugar de Posta, concello de Aranga, e as súas características técnicas son as seguintes:

– Desmantelamento de tramo LMTA a 15 kV, de 38 m, condutor tipo Pigeon, coa orixe no apoio nº AWPIFBED//82-17 que se vai substituír por tipo C-3000/12 existente da LMT SDG708 (IN407A 2016/2038-1), procedente da subestación Sidegasa-Teixeiro, e remate no CT Posta (15C902) existente.

– Desmantelamento de tramo LMTA a 15 kV, de 230 m, condutor tipo Pigeon, con orixe no CT Posta (15C902) existente e remate no apoio nº AWUTIFVR//82-22 que se vai substituír por tipo C-1000/12. Desmontaxe dos apoios nº AWQGLCMX//82-19, AWRCJ2P5//82-20 e AWTB5GB4//82-21.

– Novo tramo LMTA a 15 kV, de 107 m, condutor tipo LA-56, coa orixe no apoio nº AWUTIFVR//82-22 que se vai substituír e remate no novo apoio nº 82-20 proxectado tipo C-3000/12.

– Novo tramo LMTS a 15 kV, de 263 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, coa orixe no PA/S proxectado no apoio nº AWPIFBED//82-17 existente que se vai substituír e remate no PA/S proxectado no apoio nº 82-20 proxectado, logo de facer E/S no CT Posta (15C902). Canalización con 2T e 4T aloxados en gabia de dimensións 0,4 m de largo×1,00 m de profundidade e 0,4 m de largo×1,20 m de profundidade.

Cuarta. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta dirección territorial.

De acordo con todo o exposto,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en explotación da instalación autorizada, deberá achegar ante esta dirección territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial, no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.

A Coruña, 10 de maio de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña