DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 10 de xuño de 2024 Páx. 35150

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Oza-Cesuras (expediente IN407A 2023/168-1).

Expediente: IN407A 2023/168-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Proxecto: LMT, CT e RBT lugar Vilar de Costoia.

Concello: Oza-Cesuras.

Feitos:

1. O día 27.3.2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica. Co obxecto de mellorar a calidade da subministración de enerxía eléctrica por mor das subtensións na rede de baixa tensión alimentada polo centro de transformación CT Porzomillos (15A770, expediente 27.066), situado no lugar de Vilar de Costoia, concello de Oza-Cesuras, proxéctase a instalación dun novo centro de transformación de 160 kVA de potencia, unha liña de media tensión soterrada que o conectará coa liña de distribución media tensión LMT BEG707 (expediente 52.564), procedente da subestación Bergondo, dúas saídas en baixa tensión soterradas do novo centro de transformación que o conectarán coa rede de baixa tensión existente e a substitución de condutores en varios vans.

Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, achegan o proxecto de execución denominado LMT, CT e RBT lugar Vilar de Costoia, asinado o día 1.2.2023 por Victoriano Gónzalez Lemos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, número de colexiado 2.980 de Vigo, e a relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da liña.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:

• Portal da transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.

• Diario Oficial de Galicia (DOG): 14.7.2023.

• Boletín Oficial da provincia da Coruña (BOP): 29.6.2023.

• Xornal La Voz de Galicia: 4.7.2023.

• Taboleiro de anuncios do Concello: segundo certificado municipal do 22.8.2023.

3. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Oza-Cesuras, Augas de Galicia, Axencia Galega de Infraestruturas e Deputación Provincial da Coruña. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes presentados no prazo outorgado para ese efecto.

5. O día 3.5.2024 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O director territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o artigo 41 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm. 98, do 25 de maio) consonte coa disposición adicional décimo segunda e a disposición transitoria primeira do Decreto 49/2024, do 22 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 81, do 24 de abril).

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas.

As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente están situadas no lugar de Vilar de Costoia, concello de Oza-Cesuras, e as súas características técnicas son as seguintes:

– LMTS a 15 kV, de 1.125 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×150 mm2 Al, con orixe no PA/S proxectado no apoio proxectado tipo C-1000/14, onde se instalará un reconectador telecontrolado (RTC), para intercalar entre a derivada ao CT Calzada (15AEE0, expediente 52.564) e a derivada ao CT Porzomillos (15A770, expediente 27.066) (entre os apoios núm. D23-A-28 e núm. D23-A-29), no lugar de Borreiros, da liña LMT BEG707 (expediente 52.564), procedente da subestación Bergondo, e remate no CTC proxectado.

– CT no lugar de Vilar de Costoia compacto prefabricado tipo rural, cunha potencia de 160 kVA, unha relación de transformación de 15.000/400-230 V e configuración fin de liña.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta dirección territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

B) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta dirección territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial, no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 10 de maio de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

LMT, CT e RBT lugar de Vilar de Costoia

Relación de bens e dereitos afectados-termo municipal de Oza-Cesuras

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio

(LMT, CT e/ou apoios)

LMT aérea-voo (servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/núm. do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Herdeiros de Consuelo Medín Barral

15064A506004820000SU

polígono 506, parcela 482

Borreiros

Novo apoio proxectado (PA/S+ITC)

4,78

1,52

4,56

Rústico. Agrario

2

José Manuel Doval Alonso

15064A506005980000SD

polígono 506, parcela 598

Mamotes

CT e acceso

19,54

Rústico. Agrario