DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 10 de xuño de 2024 Páx. 35156

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ames (expediente IN407A 2024/94-1).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Titular: Santiago Sur Galicia, S.L.

Domicilio social: rúa do Buxo, 2, 15895 Ames.

Proxecto: LMTS-CT (630 kVAS) RBTS.

Situación: rúa Oliveira e Palmeiras, PI Milladoiro, Ames (A Coruña).

Características técnicas:

Liña de alta tensión soterrada RHZ1-2OL 12/20 kV-Al, 2×(3×240) mm² con orixe e final en empalmes en arqueta para realizar na liña de distribución SNT832 entre o CT 15CQZ5 e 15CNN4 e entrada/saída no CT proxectado, cunha lonxitude de 5 m.

Centro de transformación prefabricado, con celas prefabricadas SF6, formado por 2 celas de liña, 1 cela de protección con fusibles (24 kV, 400 A, 16 kA) e transformador trifásico en aceite mineral, refrixeración natural, 630 kVA e relación de transformación 20 kV/420 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta dirección territorial

RESOLVE:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da referida instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

O prazo de vixencia da autorización é dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A presente autorización entenderase outorgada, salvo o dereito de propiedade e sen prexuízo do de terceiro, e non poderá ser invocada para excluír ou diminuír a responsabilidade civil ou penal en que puidese incorrer o beneficiario no exercicio da actividade ou na explotación da instalación autorizada.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra este acordo, que non é definitivo en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 112, 115, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 10 de maio de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña