DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 10 de xuño de 2024 Páx. 35124

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica nos concellos de Betanzos e Paderne (expediente IN407A 2022/345-1).

Expediente: IN407A 2022/345-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Proxecto: regulamentación LMTA PED711 entre os apoios nº 31 e nº 32.

Concellos: Betanzos e Paderne.

Feitos:

1. O día 24.10.2022, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica. Co obxecto de emendar as deficiencias actuais, con apoios en mal estado de conservación, con gretas e perda de material, proxecta substituír os apoios actuais por uns novos de celosía.

Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, achegan o proxecto de execución denominado regulamentación LMTA PED711 entre os apoios nº 31 e nº 32, asinado o día 21.7.2022 (visado 1123/22-ST do 21.7.2022) por Alberto Blanco Penas, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, número de colexiado 3165 de Santiago de Compostela; e a relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da liña.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:

• Portal da transparencia e goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.

• DOG: 23.5.2023.

• BOP: 18.5.2023.

• Xornal La Voz de Galicia: 26.5.2023.

• Taboleiro de anuncios dos concellos, segundo certificados municipais do 21.8.2023 (Betanzos) e 18.8.2023 (Paderne).

3. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Paderne, Concello de Betanzos e Servizo do Patrimonio Natural. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes presentados no prazo outorgado para ese efecto.

5. O día 8.4.2024 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O director territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o artigo 41 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG número 126, do 4 de xullo), modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG número 98, do 25 de maio), consonte coa disposición adicional décimo segunda e a disposición transitoria primeira do Decreto 49/2024, do 22 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia (DOG número 81, do 24 de abril).

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE número 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE número 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE número 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE número 68, do 19 de marzo).

• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE número 139, do 9 de xuño).

• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE número 224, do 18 de setembro).

• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE número 246, do 14 de outubro).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE número 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE número 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas.

As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente están situadas nas parroquias de Souto e Tiobre, nos concellos de Betanzos e Paderne, e as súas características técnicas son as seguintes:

Substitución dos apoios de formigón existentes da liña LMTA PED711 con matrículas APDMSJAS//31 e APCJEEJO//32 por dous novos apoios metálicos de celosía, un do tipo C-2000-16-H-35 e outro C-1000-16-H-35. Substitución de dous vans de LMTA, un van da liña principal de LA-110 cunha lonxitude de 183 metros entre os apoios proxectados 31 e 32, e outro van de LA-56 cunha lonxitude de 41 metros, na liña de derivación ao CT GAS (matrícula 15AME7), entre o apoio 31 e o 31-1. Retensado dos vans adxacentes.

4. Na visita de campo realizada o día 5.4.2024 para examinar o lugar da instalación non se atopa ningunha limitación das indicadas no artigo 161.1 do Real decreto 1955/2000 para impoñer servidumes de paso para a localización do apoio 32. Ao apoio 31 non se deu accedido, polo que o estudo das limitacións se realiza a través do visor de google maps e do catastro, sen apreciar limitación nesa localización tampouco.

5. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta dirección territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

B) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar perante esta dirección territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e ás certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe no que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial, no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 9 de maio de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Regulamentación LMTA PED-711 entre os apoios nº 31 e nº 32

Relación de bens e dereitos afectados-termo municipal de Paderne

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (LMT, CT e/ou apoios)

Natureza do terreo

CT/nº do apoio

Superficie (m2)

1

María Encarnación López Pico

15065A002009540000JE

polígono 2, parcela 954

As Veleiras

Novo apoio nº 31

2

Viña secaño

Relación de bens e dereitos afectados-termo municipal de Betanzos

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (LMT, CT e/ou apoios)

Natureza do terreo

CT/nº do apoio

Superficie (m2)

2

Herdeiros de Rosa Vázquez Vázquez

15009A004000100000EI

polígono 4, parcela 10

Nogueira

Novo apoio nº 32

2

Rústico. Agrario.

Piñeiral madeireiro