DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 10 de xuño de 2024 Páx. 35130

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 2023/155-1).

Expediente: IN407A 2023/155-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Proxecto: LMT, CT e RBT Coto da Nai.

Concello: Santiago de Compostela.

Feitos:

1. O día 23.3.2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica. Co obxecto de mellorar a calidade de subministración eléctrica por mor de reclamacións por subtensións presentadas polos clientes do lugar de Coto da Nai, parroquia de Aríns (San Martiño), concello de Santiago de Compostela, proxéctase a instalación dun centro de transformación de 250 kVA e unha liña soterrada de media tensión que o entroncará coa liña de distribución de media tensión LMT SCY832, procedente da subestación San Cayetano.

Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, achegan o proxecto de execución denominado LMT, CT e RBT Coto da Nai, asinado o día 31.1.2023 por Javier Fernández Pazos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, número de colexiado 502 de Ourense; e a relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da liña.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo do 20.6.2023 publicado nos seguintes medios:

• Portal da transparencia e goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.

• DOG: 12.7.2023.

• BOP: 27.6.2023.

• Xornal La Voz de Galicia: 5.7.2023.

Tras dúas solicitudes ao Concello de Santiago de Compostela, non consta no expediente certificación desa entidade da exposición ao público do acordo.

3. O día 20.6.2023, a empresa promotora, tras realizar novas xestións, corrixiu a propiedade do predio número 1, proposta inicialmente como descoñecido, a favor de María del Socorro Pereira Domínguez.

4. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

5. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Santiago de Compostela, Axencia Galega de Infraestruturas e Servizo do Patrimonio Cultural da Coruña. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes achegados no prazo outorgado para ese efecto.

6. O día 2.5.2024 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O director territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o artigo 41 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG número 126, do 4 de xullo), modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG número 98, do 25 de maio), consonte coa disposición adicional décimo segunda e a disposición transitoria primeira do Decreto 49/2024, do 22 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia (DOG número 81, do 24 de abril).

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE número 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE número 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE número 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE número 68, do 19 de marzo).

• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE número 139, do 9 de xuño).

• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE número 224, do 18 de setembro).

• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE número 246, do 14 de outubro).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE número 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE número 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas.

As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente están situadas no lugar de Coto da Nai, parroquia de Aríns (San Martiño), concello de Santiago de Compostela, e as súas características técnicas son as seguintes:

– LMTS a 20 kV, de 1.765 m (E/S), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe e remate nos empalmes por realizar en PAR existente fronte ao CT rúa das Penas 47-49 (15CFFQ, IN407A 2004/99-1) existente na rúa das Penas 47, alimentado pola LMT SCY832, procedente da subestación San Cayetano, facendo E/S no CTC proxectado.

– CT no lugar Coto da Nai compacto prefabricado, cunha potencia de 250 kVA, unha relación de transformación de 20.000/400-230 V e configuración 2L+1P.

4. Na visita de campo realizada o 20.9.2023 para examinar o lugar da instalación non se apreciou, nos predios sometidos a expropiación, ningunha das limitacións indicadas no artigo 161.1 de Real decreto 1955/2000 para impor servidumes de paso e a ocupación en pleno dominio.

5. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta dirección territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

B) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta dirección territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe no que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 9 de maio de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

LMT, CT e RBT Coto da Nai

Relación de bens e dereitos afectados-termo municipal de Santiago de Compostela

Parcela proxecto

Propietaria/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio

(LMT, CT e/ou apoios)

Natureza do terreo

CT/apoio

Superficie (m2)

1

María del Socorro Pereira Domínguez

0459503NH4405F0001FR

Coto da Nai

CT e acceso

19,55

Urbano. Solo sen edificar