DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 7 de xuño de 2024 Páx. 34852

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO do Acordo do Pleno do 3 de maio de 2024 polo que se aproba definitivamente a modificación puntual número 1 do Plan parcial do SU 12 do Plan xeral de ordenación municipal, no lugar de Mourelos, na parroquia de Noalla.

O Pleno do Concello de Sanxenxo, en sesión extraordinaria do día 3 de maio de 2024, acordou aprobar definitivamente a modificación puntual nº 1 do Plan parcial do SU 12 do Plan xeral de ordenación municipal de Sanxenxo, no lugar de Mourelos, na parroquia de Noalla, do municipio de Sanxenxo.

O plan definitivamente aprobado estará ao dispor dos interesados no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia.

Con carácter específico, publícase o documento do extracto ambiental (arquivo 36051_MP01PP_SU12_202403_AD_AAE_14EXTpdf), que contén as medidas adoptadas para o seguimento dos efectos da aplicación do plan no ambiente e o extracto co contido do artigo 82.2 da Lei do solo de Galicia) e que pode consultarse na sede electrónica do Concello de Sanxenxo (https://concellodesanxenxo.sedelectronica.gal).

De conformidade co disposto no artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, contra o presente acordo poderá interporse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que poida interporse calquera outro recurso que se considere máis conveniente en dereito.

Sanxenxo, 27 de maio de 2024

Telmo Martín González
Alcalde presidente