DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 7 de xuño de 2024 Páx. 34850

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal da Coruña, execución de sentenza sobre o Plan xeral de ordenación municipal/2013, Starco Invest, S.A. (expediente 631/2017/76).

O Pleno do Concello, na sesión ordinaria que tivo lugar o 2 de maio de 2024, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar definitivamente o documento denominado Modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal da Coruña. Execución sentenza sobre o PXOM/2013. Starco Invest, S.A. Febreiro 2024, redactado polas arquitectas Ana Marquina Torres e María Calvo Llano (colexiadas do COAG núms. 2.135 e 2.858, respectivamente), e o avogado Pablo Fraga Varela.

Segundo. Realizar os trámites previstos nos artigos 82 e 88 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, e artigos 199, 209 e 212 do Regulamento para o desenvolvemento da lei anterior, para a entrada en vigor do documento aprobado.

Terceiro. Notificar este acordo ao demandante, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e aos departamentos municipais interesados na tramitación do expediente».

De conformidade co disposto na Resolución ambiental do 19 de decembro de 2017, publicada no DOG núm. 18, do 25.1.2018, non cabe esperar que se produzan efectos ambientais significativos derivados da modificación puntual, polo que non se establecen maiores medidas de seguimento que as inseridas no propio documento do PXOM vixente.

O contido íntegro da modificación puntual aprobada pódese consultar fisicamente nas dependencias da Área Municipal de Urbanismo; e de maneira dixital na sede electrónica deste concello, no enderezo electrónico https://www.coruna.gal/urbanismo, na epígrafe planeamento/planeamento vixente; ou ben, desde a mesma páxina web, a través do visor desenvolvemento do planeamento.

Contra este acordo, con carácter de disposición administrativa de carácter xeral, pódese interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigo 201.1 do seu regulamento), no prazo máximo de dous meses que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de interpoñer calquera outro recurso que se considere máis procedente e sexa conforme a dereito.

A Coruña, 13 de maio de 2024

A alcaldesa
P.D. (Decreto 4538/2023, do 21 de xuño;
BOP núm. 121, do 27 de xuño)
José Manuel Lage Tuñas
Concelleiro delegado responsable da Área de Economía
e Planificación Urbana