DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 7 de xuño de 2024 Páx. 34849

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación do cambio de uso na rolda de Camilo José Cela, 2, A Coruña (expediente 631/2024/68).

O Pleno do Concello, na sesión ordinaria que tivo lugar o 2 de maio de 2024, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro. Cambiar o uso dunha superficie de 1.132 m2 de solo de titularidade municipal, cualificado como viario local público polo plan xeral, e estremeiro coa rolda de Camilo José Cela, número 2, que pasa a ter unha cualificación urbanística de equipamento educativo público ED (Pb), coa finalidade de engadilo á parcela con referencia catastral 8497902NH4989N, na cal se sitúa o centro de educación especial Nuestra Señora del Rosario.

Segundo. Publicar este acordo no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, e achegar o documento á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, para a súa inscrición no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia.

Terceiro. Remitir o acordo aos departamentos municipais interesados na súa tramitación, para os efectos do seu coñecemento».

Contra este acordo, con carácter de disposición administrativa de carácter xeral, pódese interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigo 201.1 do seu regulamento), no prazo máximo de dous meses que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme a dereito.

A Coruña, 13 de maio de 2024

A alcaldesa
P.D. (Decreto 4538/2023, do 21 de xuño; BOP núm. 121, do 27 de xuño)
José Manuel Lage Tuñas
Concelleiro delegado responsable da Área de Economía e Planificación Urbana