DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 7 de xuño de 2024 Páx. 34853

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do 15 de maio de 2024, da Xerencia Municipal de Urbanismo, de aprobación definitiva da modificación do proxecto de compensación da UE I Plan parcial Quirós en execución de sentenza (expediente 5294/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, na súa sesión ordinaria do día 14 de marzo de 2023, acordou:

«Primeiro. Prestar aprobación definitiva á documentación técnica do Proxecto de modificación puntual do proxecto de compensación do Plan parcial de Quirós-parcela 30, inserida no rexistro electrónico da Xerencia Municipal de Urbanismo o día 14.12.2021 e o día 12.5.2022 (visada polo COAG o día 12.5.2022) co fin de levar a puro e debido efecto a parte dispositiva da Sentenza 00049/2021 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 29.1.2021, da que trae causa, e que anula e substitúe a correlativa recollida no proxecto de compensación aprobado definitivamente polo Consello desta xerencia municipal de urbanismo o 6.3.2003, cedida ao Concello de Vigo para equipamento público, e crease unha nova parcela no subsolo –aproveitamento baixo rasante– nela, e adxudícase a súa titularidade á Xunta de Compensación, para uso de aparcadoiro de vehículos.

Segundo. Dispoñer que se publique o presente acordo, mediante anuncio que se inserirá no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia e na sede electrónica municipal.

Terceiro. Notificar o aquí disposto ao Rexistro da Propiedade número 1 de Vigo, para os efectos da inscrición da presente modificación, na parcela resultante núm.30, inscrita no dito rexistro, ao tomo 1281, folio 88, predio 76858, inscrición 1ª.

Cuarto. Dar traslado do presente acordo á Sección Segunda da Sala do Contencioso- Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Quinto. Notificar o contido íntegro deste acordo a todos os propietarios do ámbito e proceder á súa comunicación ao Departamento de Patrimonio Municipal».

Na seguinte ligazón, na epígrafe de xestión/execución do planeamento, poderá consultarse a documentación aprobada definitivamente, debidamente dilixenciada:

https://hoxe.vigo.org/movemonos/urbanismo_pxom2.php?lang=gal

Vigo, 15 de maio de 2024

O alcalde
P.D. (Resolución 4.7.2023)
María José Caride Estévez
Concelleira delegada da Área de Goberno
de Urbanismo e Vivenda