DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 7 de xuño de 2024 Páx. 34799

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2024, da Dirección Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Barreiros (expediente IN407A 2023/242-2).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A.

Domicilio social: rúa Aller Ulloa, Ramón María, 9, 27003 Lugo.

Denominación: substitución de condutor na LAT 20 kV Ribadeo1, entre o apoio 1A02102 e os CT 14685 Albe e 3551 Remior.

Situación: concello de Barreiros.

Características técnicas principais:

Reforma de tres tramos da liña aérea de alta tensión a 20 kV Ribadeo1.

• Liña aérea de alta tensión a 20 kV Ribadeo1 (General), con orixe no apoio existente 1A02102 e final no apoio existente A15681, tensada sobre 7 apoios existentes e 9 apoios novos de celosía metálica, cunha lonxitude de 1.800 metros de condutor LA-56 en substitución do condutor LA-30 existente.

• Liña aérea de alta tensión a 20 kV Ribadeo1 (derivación a CTI Remior), con orixe no apoio proxectado P4A e final no CTI 3551 Remior existente, tensada sobre 1 apoio existentes e 2 apoios novos de celosía metálica, cunha lonxitude de 278 metros de condutor LA-56 en substitución do condutor LA-30 existente.

• Liña aérea de alta tensión a 20 kV Ribadeo1 (derivación a CTI Coto), con orixe no apoio existente A26187 e final no apoio existente 4BF03650, cunha lonxitude de 57 metros de condutor LA-56 en substitución do condutor LA-56 existente.

• Desmonte de 2.080 metros de condutor LA-30, 55 metros de condutor LA-56, 10 apoios de formigón e 1 apoio metálico.

Finalidade da instalación: mellora das instalacións.

Orzamento: 74.461,76 euros.

Documentación que se xunta:

• Comunicación previa de realización de obras ao Concello de Barreiros.

• Informe do Servizo de Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Empresa e Innovación de Lugo.

• Autorización Deputación Provincial de Lugo.

• Autorización Augas de Galicia.

• Informe do Servizo de Infraestruturas Agrarias de Lugo.

• Autorización de Telefónica.

Esta dirección territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, o Decreto 49/2023, do 19 de maio, polo que se modifica o Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,

RESOLVE:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionada ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.

Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.

Lugo, 27 de maio de 2024

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo