DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 6 de xuño de 2024 Páx. 34449

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Estatística

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2024 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego de Estatística no primeiro cuadrimestre de 2024.

De acordo co previsto no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), onde se establece que as consellerías e entidades dependentes da Xunta de Galicia deberán remitir para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior e, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Único. Facer pública a relación de convenios subscritos polo Instituto Galego de Estatística nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril de 2024 que se xunta a esta resolución.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2024

José Antonio Campo Andión
Director do Instituto Galego de Estatística

ANEXO

Convenio

Data da sinatura

Importe

Convenio de cooperación educativa entre a Universidade de Santiago de Compostela e o Instituto Galego de Estatística para a realización de prácticas académicas externas curriculares ou extracurriculares do alumnado dos estudos oficiais de grao e máster universitario da Universidade de Santiago de Compostela.

15.4.2024

0 €