DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 6 de xuño de 2024 Páx. 34507

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 9 de maio de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no termo municipal de Bergondo (expediente IN407A 2024/006-1).

Expediente: IN407A 2024/006-1.

Solicitante/promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: instalación de telecontrol en BEG705 en ANVI61FR//6.

Termo municipal: Bergondo.

1. Características técnicas:

– Instalación dun Interruptor telecontrolado en apoio con matrícula ANVI61FR//6 da LMTA BEG705.

– Como consecuencia desta actuación de mellora, cómpre substituír o apoio de formigón existente ANVI61FR//6 por outro novo, tipo celosía C-3000-16, que se instalará a 50 metros de distancia do apoio actual, para sacalo da zona de servidume dun río; e retensar e trasladar os vans situados entre o apoio ANX7R4CI//5 e a nova localización do apoio ANVI61FR//6, LA-30.

– Para realizar esta actuación, substituirase un van entre o apoio ANVI61FR//6 e o ANT9SU7U//7 e instalarase condutor LA-56.

– Debido ás solicitacións mecánicas da liña, cómpre substituír o apoio de formigón existente ANT9SU7U//7 por un novo apoio tipo celosía C-1000-14, e retensar o van entre os apoios ANT9SU7U//7 e ANR60DA6//8, en LA-56.

– Retíranse os cortacircuítos SXS (15HWN7) do apoio ANVI61FR//6.

– LMTS coa orixe no PAS por instalar no novo apoio ANVI61FR//6 e final nos empalmes por realizar na LMTS a CT caseta Cepiño, en condutor RHZ1-2OL 12/20 KV 3×(1×240) mm2 Al. e cunha lonxitude de 29 m.

2 Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña), entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e goberno aberto desta consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, se é o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 9 de maio de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados. Termo municipal de Bergondo.

Nº parcela

Lugar e referencia catastral

Cultivo

Propietario

Afección de solo en pleno dominio

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica

Apoio nº

m2

ml aér.

ml sot.

m2 aér.

m2 sot.

1

Lg. Fraga

2427401NH6922N0001PD

Rústico. Agrario. Labor ou Labradío secaño

Irmás Mato Ínsua

6

2.0

94.0

9.0

995.0

25.0

2

Lg. Fraga

2127601NH6922N0001LD

Rústico. Agrario. Labor ou Labradío secaño

Irmás Mato Ínsua

12.0

538.0

3

Lg. Callou

2331601NH6923S0001IG

Rústico. Agrario. Labor ou Labradío secaño

Irmás Mato Ínsua

143.0

4

Lg. Callou

2132601NH6923N0001YU

Rústico. Agrario. Labor ou Labradío secaño

Irmás Mato Ínsua

65.0

884.0

Abreviacións:

ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2.

m2 sot.: superficie de servidume soterrada en m2.