DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 6 de xuño de 2024 Páx. 34504

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 9 de maio de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no termo municipal de Mazaricos (expediente IN407A 2024/012-1).

Expediente: IN407A 2024/012-1.

Solicitante/promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: instalación de telecontrol en LMT POT803 en 9KOH8Q48//108-2.

Termo municipal: Mazaricos.

1. Características técnicas:

Instalación de interruptor telecontrolado (ITC) no apoio núm. 9KOH8Q48//108-2 existente que se vai substituír por tipo C-1000/12 na LMT POT803 Mazaricos-Pino do Val 3 (IN407A 2016/2132-1), procedente da subestación Pontella. Retensado dos vans adxacentes (entre AP 9KNQJ5GP//108-1 e AP 9KP76VO0//108-3). Desmontaxe de curtacircuítos XS (15HV50) existente do apoio existente núm. 9KNQJ5GP//108-1.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro de 2015).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro de 2015).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro de 2013).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro de 2000).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro de 1954).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño de 1957).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña), entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e goberno aberto desta consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas, no prazo de 30 días contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A Coruña, 9 de maio de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados. Termo municipal de Mazaricos

Núm. de parcela

Lugar

Ref. catastral

Cultivo

Propietaria

Afección de solo

en pleno dominio

Apoio núm.

m2

1

Riba dos Cacheiros

15046A086001120000AE

Rústico. Agrario. Eucaliptus

María Estrella Rodríguez Tomé

Apoyo 9KOH8Q48//108-2

2.0