DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 6 de xuño de 2024 Páx. 34511

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 9 de maio de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Pontedeume (expediente IN407A 2024/003-1).

Expediente: IN407A 2024/003-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación LMT PED-705 apoios AQ8CM58N//97 e AQA88QNT//98.

Concello: Pontedeume.

1. Características técnicas:

Modificacións, sen alterar a súa actual traza, do treito da liña PED-705 autorizado no expediente 27.051, de 339,4 metros de lonxitude en condutor tipo LA-56, comprendido entre o apoio núm. 95-CT (matrícula AQ57LSQG) de formigón tipo AM-AC-2×HV-2A/11 (pórtico)-2CR1-CAI-XS no que se atopa instalado o CT intemperie Ayón (matrícula 15AWN3) e o apoio núm. 99 (matrícula AQBXCPS9) de formigón tipo AM-AL-HV-1B/10-CR1-CAI, consistentes en:

• Desconexión e desmonte do condutor tipo LA-56 (condutor existente) no treito de 95,6 metros de lonxitude comprendido entre o apoio núm. 97 (matrícula AQ8CM58N) de formigón tipo S-AL-HV-1B/10-B1-CSRI e o apoio núm. 98 (matrícula AQA88QNT) de formigón tipo AM-AL-HV-1B/10-CR1-CAI.

• Substitución, respectando a súa localización na parcela con referencia catastral 15070A005006410000WG, cun lixeiro desprazamento cara ao apoio núm. 95-CT, do apoio núm. 96 (matrícula AQ6J9SWT) de formigón tipo S-AL-HV-1B/10-B1-CSRI, polo novo apoio metálico de celosía tipo AM-C-1000/12-H35-CAIII(CS).

• Substitución, respectando a súa localización na parcela con referencia catastral 15070A005006330000WH, cun lixeiro desprazamento cara ao apoio núm. 95-CT, do apoio núm. 97 (matrícula AQ8CM58N) antes indicado, polo novo apoio metálico de celosía tipo AM-C-1000/12-H35-CAIII(CS), que terá a condición de apoio frecuentado.

• Substitución, respectando a súa localización na parcela con referencia catastral 15070A005006190000WD cun lixeiro desprazamento cara ao apoio núm. 99, do apoio núm. 98 (matrícula AQA88QNT) antes indicado, polo novo apoio metálico de celosía tipo AM-C-1000/14-H35-CAIII(CS), que terá a condición de apoio frecuentado.

• Tendido de novo condutor tipo LA-56 no treito de 96 metros de lonxitude comprendido entre o apoio núm. 97 e o apoio núm. 98, unha vez substituídos.

• Retensado do condutor tipo LA-56 (condutor existente) no van da liña PED-705 de 67,5 metros de lonxitude conformado polos apoios núm. 95-CT existente e núm. 96, unha vez substituído.

• Retensado do condutor tipo LA-56 (condutor existente) no van da liña PED-705 de 90,1 metros de lonxitude conformado polos apoios núm. 96 e núm. 97, unha vez substituídos.

• Retensado do condutor tipo LA-56 (condutor existente) no van da liña PED-705 de 85,8 metros de lonxitude conformado polos apoios núm. 98, unha vez substituído, e núm. 99 existente.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do Concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e goberno aberto desta consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 9 de maio de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados-termo municipal de Pontedeume

Regulamentación LMT PED-705-apoios AQ8CM58N//97 e AQA88QNT//98.

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio
(CT e/ou apoios)

Natureza do terreo

CT/núm. do apoio

Superficie (m2)

2

José María Rodeiro Varela e María Teresa Molares Cabana

15070A005006330000WH

O Buticario

Novo apoio núm. 97

2

Rústico. Agrario