DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 6 de xuño de 2024 Páx. 34515

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 9 de maio de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Mazaricos (expediente IN407A 2023/467-1).

Expediente: IN407A 2023/467-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: substitución dos apoios 9HDI5C22//130 e 9HH0DA6F//131 na LMT POT-803 e instalación de ITC.

Concello: Mazaricos.

1. Características técnicas:

Modificación, sen alterar a súa actual traza, do treito da liña POT-803 rexistrado no expediente IN407A 2016/2399-1, de 477 metros de lonxitude en condutor tipo LA-110, comprendido entre os seus apoios núm. 129 (matrícula 9HAQL0LC) metálico tipo AM-AL-C-Bóveda-CA e núm. 132 (matrícula 9HK5DKIN) de formigón tipo S-AL-HV-630/14-Bóveda, consistente en:

• Desconexión e desmonte do condutor tipo LA-110 (condutor existente), no treito de 181 metros de lonxitude comprendido entre o apoio núm. 130 (matrícula 9HDI5C22) de formigón tipo AM-AL-HV-630/12-BR1 e o apoio núm. 131 (matrícula 9HH0DA6F) de formigón tipo AM-AL-HV-630/11-BR1-CS-Derivación-CA.

• Desconexión e desmonte do condutor tipo LA-56, no treito da liña POT-803 de 15 metros de lonxitude, comprendido entre o apoio núm. 131 anterior e o apoio núm. 131-1 (matrícula 9HH5LDIG) de formigón tipo FL-HV-630/11-CR-CA-XS en que se inicia a LMT derivada a CT particular C. González (matrícula 15PZC9).

• Substitución, respectando a súa localización na parcela con referencia catastral 15046A507000380000PZ, sita no lugar de Beba (San Xián), cun lixeiro desprazamento cara ao apoio núm. 129, do antedito apoio núm. 130 (matrícula 9HDI5C22), polo novo apoio metálico de celosía tipo AM-C-1000/14-H35-CA(CS), que terá a condición de frecuentado.

• Substitución, respectando a súa localización na parcela con referencia catastral 15046A507000020000PI, sita no lugar de Beba (San Xián), cun lixeiro desprazamento cara ao apoio núm. 129, do antedito apoio núm. 131 (matrícula 9HH0DA6F), polo novo apoio metálico de celosía tipo AM-C-2000/16-H35-CA-Derivación-H35-CA, que terá a condición de frecuentado, no que se proxecta a instalación dun interruptor-seccionador telecontrolado composto por un equipo interruptor-seccionador tripolar con cámara illada en SF6 e un armario de control.

• Tendido de novo condutor tipo LA-110, no van da liña POT-803 de 181 metros de lonxitude comprendido entre os novos apoios núm. 130 e núm. 131, unha vez substituídos.

• Tendido de novo condutor tipo LA-56, no van da liña a CT particular C. González (matrícula 15PZC9) de 15 metros de lonxitude comprendido entre o apoio núm. 131 unha vez substituído e o apoio núm. 131-1 existente.

• Retensado do condutor tipo LA-110 (condutor existente) no van da liña POT-803 de 134 metros de lonxitude comprendido entre o apoio núm. 129 existente e o novo apoio núm. 130 proxectado.

• Retensado do condutor tipo LA-110 (condutor existente) no van da liña POT-803 de 196 metros de lonxitude comprendido entre o novo apoio núm. 131 proxectado e o apoio núm. 132 existente.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do Concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e goberno aberto desta consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 9 de maio de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Substitución dos apoios 9HDI5C22//130 e 9HH0DA6F//131 na LMT POT-803 e instalación de ITC (Mazaricos).

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio

(CT e/ou apoios)

Natureza do terreo

CT/núm. do apoio

Superficie (m2)

1

Juan Ventura Lado Albela

15046A507000380000PZ

Barreiros

Novo apoio núm. 130

1,44

Rústico. Agrario.Prados ou praderías

2

Maximiliano Albite Lage

15046A507000020000PI

Riba da Fonte

Novo apoio núm. 131

1,69

Rústico. Agrario. Labor ou labradío de secaño