DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 6 de xuño de 2024 Páx. 34536

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica nos concellos de Ribadumia e Meis (expediente IN407A 2023/001-4).

Expediente: IN407A 2023/001-4.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: reforma LMTA CBD807.

Concellos: Ribadumia e Meis.

Feitos:

1. O 4.1.2023, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación eléctrica denominada reforma LMTA CBD807.

O proxecto de execución que acompaña a solicitude foi asinado pola enxeñeira técnica industrial Herminia López Caamaño, colexiada 4598 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo, e nel figura un orzamento total de 30.618,98 euros.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que ten como finalidade mellorar a calidade da subministración eléctrica nos lugares de Trastada, A Picoña e Remeirón, na parroquia de San Fins de Lois, no concello de Ribadumia, e no lugar da Pubuxeira, na parroquia de Nogueira, no concello de Meis, mediante as seguintes actuacións de reforma da liña de media tensión aérea (LMTA) CBD807:

– Substitución dos seguintes apoios de formigón por apoios de celosía: 9WT1LNLL//70-8-4 por C-20/1000, 9WUVXQ2U//70-8-3 por C-16/1000, 9X10CSB2//70-8-2 por C-16/1000, 9WIK6E2M//70-8-7 por C-16/3000, 9WL48BOU//70-8-6 por C-16/1000, 9WNKRBTL//70-8-5 por C-18/1000 e 9W6U2URD//70-8-14 por C-16/1000.

– Retirada do apoio de formigón 9W6LT15L//70-8-13 e instalación dun apoio de celosía C-16/1000.

– Substitución dun total de 1.089 metros de condutor LA-30 por LA-56.

2. Esta dirección territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Meis, o Concello de Ribadumia, Augas de Galicia, Deputación Provincial de Pontevedra, Telefónica de España, S.A.U. e Servizo do Patrimonio Cultural. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados emitidos polo Concello de Meis, polo Servizo do Patrimonio Cultural e por Telefónica de España, S.A.U.

Os demais organismos non emitiron os condicionados técnicos, entendéndose en consecuencia a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sen prexuízo da autorización que lles corresponda outorgar.

3. Mediante escritos do 14.2.2023, esta dirección territorial notificou a solicitude da autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da referida instalación eléctrica ás persoas que figuran afectadas pola declaración de utilidade pública na relación de bens e dereitos achegada pola empresa promotora.

Como non foi posible efectuar a notificación a todas as persoas titulares das parcelas afectadas pola declaración de utilidade pública solicitada pola empresa promotora, publicáronse os correspondentes anuncios no Diario Oficial de Galicia do 1.3.2023 e no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado do 7.3.2023, co fin de realizar a notificación por comparecencia.

4. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a Resolución do 14 de febreiro de 2023 publicada nos seguintes medios:

– DOG (Diario Oficial de Galicia): 10.3.2023.

– Xornal Faro de Vigo: 31.3.2023.

– Taboleiro de anuncios do Concello de Ribadumia, desde o 10.3.2023 ata o 5.5.2023, segundo certificado emitido polo propio Concello.

– Taboleiro de anuncios do Concello de Meis, desde o 27.2.2023 ata o 10.4.2023, segundo certificado emitido polo propio Concello.

– Portal de transparencia e goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.

5. Carmen Bermúdez Ricoy, Lino Domínguez Rodríguez e Rosa Díaz Ortigueira presentaron alegacións. A seguir resúmese o seu contido:

– Non procede a declaración de utilidade pública.

– Existencia doutra alternativa máis adecuada.

– Levar os apoios a zonas das parcelas que minoren os prexuízos económicos.

– Prexuízo económico nas plantacións de viñedo existente.

– A parcela 2597530NH2029N0001JH está afectada tanto pola colocación do apoio como polo voo de dúas liñas, e a parcela 2597528NH2029N0001EH tamén se encontra afectada polo tendido eléctrico que a atravesa nunha esquina. Ambas as parcelas teñen unha extensión inferior a media hectárea, polo que non se poden impoñer as servidumes de paso conforme o artigo 161.1 do Real decreto 1955/2000.

6. As alegacións presentadas foron trasladadas á empresa promotora. A seguir resúmese a contestación de UFD Distribución Electricidad, S.A.:

– Trátase da reforma dunha liña existente e moitas das parcelas afectadas xa se encontran baixo unha servidume de voo; ademais, a maioría das afeccións que se crean é pola colocación de novos apoios en substitución dos existentes.

– Pola parcela 2597528NH2029N0001EH xa discorre unha liña de media tensión que ten unha servidume de voo creada. Esta parcela non está afectada polo actual proxecto.

– Na parcela 2597530NH2029N0001JH existe unha servidume de voo establecida. O que se pretende é substituír un apoio, o que causa unha afección mínima de 1,69 m2, non varía o trazado existente e non afecta terceiros.

– En relación co cumprimento do artigo 161 do Real secreto 1955/2000, destaca que se trata dunha liña existente na cal non se varía a servidume de voo existente, ademais, as parcelas non son hortos anexos pechados á vivenda.

7. Os servizos técnicos da dirección territorial, á vista da documentación contida no expediente, analizaron todas as alegacións presentadas e emitiron o correspondente informe, en que conclúen que non se presentan obxeccións para que se poida continuar co trámite da declaración de utilidade pública da instalación eléctrica proxectada para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos necesarios para o seu establecemento de acordo co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica. Basean esta conclusión basicamente nos seguintes motivos:

– En relación coa xustificación da necesidade de declaración de utilidade, cómpre subliñar que cumpre coa normativa. A Lei do sector eléctrico establece que para se dar a declaración de utilidade pública se deben cumprir dous requisitos esenciais: xustificación da necesidade e determinación de bens e dereitos imprescindibles. Neste caso, a solicitude vén acompañada dunha relación de bens e dereitos afectados e no proxecto recóllese a necesidade de mellorar as instalacións para dar adecuado cumprimento ao servizo.

– Respecto aos trazados alternativos, os alegantes non xustifican o cumprimento conxunto dos puntos do artigo 161, Limitacións á constitución de servidume de paso, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

– Hai que destacar que sobre as parcelas afectadas xa hai unha liña e a servidume de voo existente non varía. Ademais, nas parcelas 2597528NH2029N0001EH e 2597530NH2029N0001JH non figura vivenda anexa.

Consideracións legais e técnicas:

1. A Dirección Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 49/2024, do 22 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

2. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

– Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto-lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa.

3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

– Liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV, con condutor LA-56 en tres actuacións. A primeira é de 923 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-2000/16 e final no apoio existente 9WFQDPG3//70-8-8. A segunda é de 45 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-3000/16 e final no apoio existente 9WIKVT33//70-8-7-1. A terceira é de 121 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-1000/16 e final no apoio proxectado C-1000/16.

– A instalación está situada nos lugares de Trastada, A Picoña e Remeirón (San Fins de Lois), no municipio de Ribadumia, e A Pubuxeira (Nogueira), no municipio de Meis (Pontevedra).

4. Con respecto ás alegacións presentadas, visto o contido destas, as respostas do promotor e o informe dos servizos técnicos desta dirección territorial, exponse:

– A finalidade do proxecto é a reforma dunha liña eléctrica existente a través do cambio de condutor e a substitución de apoios, mantendo o trazado existente. As novas afeccións corresponden unicamente á substitución de apoios existentes.

– Con relación ao prexuízo que causa a instalación dos apoios na parcela, cabe sinalar que, unha vez iniciado o procedemento expropiatorio, as persoas afectadas serán informadas do trámite de levantamento da acta previa á ocupación. Nese momento, de forma concreta, por unha parte débese describir e delimitar o obxecto de expropiación e, por outro lado, débense describir as afeccións concretas que comporta a expropiación.

– De todas as maneiras, poderase poñer de manifesto a perda de valor da parcela na presentación da folla de valoración, momento no cal o titular concretará o valor que estime, como se indica no artigo 29 e seguintes da Lei do 16 de decembro de 1954, sobre a expropiación forzosa.

– Ademais, o artigo 23 de Lei de expropiación forzosa permite ao propietario solicitar da Administración, nos casos de expropiación parcial dunha parcela e cando, como consecuencia diso, resulte antieconómica a conservación do resto da parcela non expropiada, que a expropiación comprenda a súa totalidade.

– En relación coa declaración de utilidade pública e a urxente ocupación que leva implícita, sinálase que os artigos 54 da Lei 24/2013 e 140 do Real decreto 1955/2000 establecen que se declaran de utilidade pública as instalacións eléctricas de xeración, transporte e distribución de enerxía eléctrica, para os efectos de expropiación forzosa dos bens e dereitos necesarios para o seu establecemento e a imposición e exercicio da servidume de paso. Esta declaración de utilidade pública esténdese aos efectos da expropiación forzosa de instalacións eléctricas e das súas localizacións cando, por razóns de eficiencia enerxética, tecnolóxicas ou ambientais, sexa oportuna a súa substitución por novas instalacións ou a realización de modificacións substanciais.

– O artigo 140.3 do Real decreto 1955/2000, ademais, recolle que para o recoñecemento en concreto da utilidade pública destas instalacións será necesario que a empresa interesada o solicite, incluíndo unha relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que o solicitante considere de necesaria expropiación.

– Sobre a proposta de trazados alternativos, cabe destacar que para que un trazado alternativo prospere se teñen que dar todas as condicións establecidas no artigo 161 do Real decreto 1995/200, do 1 de decembro. Os trazados propostos non cumpren co conxunto dos puntos do mencionado artigo.

– Por último, cabe destacar que nas parcelas 2597528NH2029N0001EH e 2597530NH2029N0001JH non figura ningunha vivenda anexa.

Conforme o indicado,

RESOLVO:

1. Outorgar á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada reforma LMTA CBD807 (expediente IN407A 2023/001-4), cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

2. Declarar a utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

3. A empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento deberán cumprirse as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular canto establecen o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

4. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a execución. Unha vez constituídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante esta dirección territorial acompañada da seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado dirección final de obra en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

5. O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución poderá dar lugar á súa revogación, logo da audiencia á promotora, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.

6. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 15 de maio de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados-concellos de Ribadumia e Meis

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Afeccións

m2

1

Salgueiral

Rústico

36046A027007290000YZ

Descoñecido/a

1

1,69

2

Areosa

Rústico

36046A027005710000YE

Ana María Padín e Carlos Diz Ferro

2

1,69

3

Lavandeiras

Rústico

36046027005840000YQ

Ana María Padín e Carlos Diz Ferro

3

2,25

4

Veiga de Abaixo

Rústico

36046A027005150000YY

Carmen Bermúdez Ricoy

4

1,69

5

Veiga de Abaixo

Rústico

36046A027005200000YQ

Lino Domínguez Rodríguez

5,6

3,38

6

Casal-Lois

Urbana

2695508NH2029N0001BH

Descoñecido/a

7

1,69

7

Trastada-Lois

Urbana

2597530NH2029N0001JH

Rosa Díaz Ortigueira

8

1,69