DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 6 de xuño de 2024 Páx. 34545

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, pola que se someten a información pública o estudo de impacto ambiental e as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción das instalacións do parque eólico Castrove, sito nos concellos de Meis, Barro, Pontevedra e Poio, na provincia de Pontevedra (expediente IN408A 2020/094).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Solicitante: Parque Eólico Cadaval y Ventoso, S.L.

Denominación do proxecto: parque eólico Castrove.

Concellos afectados: Meis, Barro, Pontevedra e Poio (Pontevedra).

Potencia que se instalará: 24 MW.

Número de aeroxeradores que se van instalar: 4.

Produción neta anual estimada: 76.931 (MWh/ano).

Orzamento total (execución material): 23.019.669,49 €.

Coordenadas da poligonal de delimitación:

Vértice

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

a

523.560,00

4.703.670,00

b

526.595,00

4.703.670,00

c

526.595,00

4.701.735,00

d

523.560,00

4.701.735,00

Coordenadas dos aeroxeradores:

Aeroxerador

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

Concello

CAS-01

524.278,00

4.703.303,00

Meis

CAS-02

525.139,00

4.703.112,00

Meis

CAS-03

525.349,00

4.702.401,00

Poio

CAS-04

526.037,00

4.703.358,00

Pontevedra

Coordenadas da subestación:

Subestación

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

Concello

Centro

0

525.782,40

4.703.161,43

Pontevedra

Envolvente

1

525.739,39

4.703.174,33

Pontevedra

2

525.774,64

4.703.198,28

Pontevedra

3

525.795,75

4.703.167,22

Pontevedra

4

525.773,49

4.703.152,09

Pontevedra

5

525.775,76

4.703.148,75

Pontevedra

6

525.762,78

4.703.139,92

Pontevedra

Coordenadas de orixe e final da liña de evacuación aero-subterránea:

Liña evacuación

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

Concello

Orixe (pórtico SET PE Castrove)

525.769,94

4.703.191,46

Pontevedra

Final (pos. SET Barro UFD)

526.725,66

4.707.538,07

Barro

Características técnicas recollidas no proxecto:

– Catro (4) aeroxeradores tripá de 6 MW de potencia nominal unitaria, modelo Siemens Gamesa SG 6.0-170 ou similar, de 170 m de diámetro de rotor e unha altura de buxeiro de 115 m.

– Catro (4) centros de transformación de potencia nominal aparente de 6.500 kVA, e tensión 0,69/30 kV, situados no interior dos aeroxeradores.

– Rede de media tensión de 30 kV subterránea, formada por tres (3) circuítos con cables RHZ1 18/30 kV Al + H16 de seccións 240 e 400 mm2 segundo o tramo, de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores, e entre estes e a subestación. Pola mesma gabia discorrerá cable de terra de 50 mm2 e condutor de fibra óptica monomodo de 9/125 micras para comunicacións.

– Subestación de transformación de 66/30 kV, denominada SET PE Castrove, que comprende as seguintes instalacións:

• Edificio de control de dimensións 23,85 × 11,70 m en planta e 3,50 m de altura útil, cun único nivel, no cal estarán a sala de control, vestiarios, aseo, locais para aparellaxe eléctrica, taller, almacén e local de aceites e residuos.

• Conxunto de aparellaxe de 30 kV no interior do edificio, constituído por: dúas (2) posicións de cela de liña para a conexión dos circuítos dos aeroxeradores, unha (1) posición de transformador de potencia, unha (1) posición de batería de condensadores, unha (1) posición de cela de protección de transformador de servizos auxiliares, un (1) transformador de servizos auxiliares 30/0,42-0,242 kV de 100 kVA.

• Cadros eléctricos de interior para: sistema independente de corrente continua a 125 Vcc, servizos auxiliares de baixa tensión para alimentación e protección dos diferentes circuítos de control e servizos, sistema de control e SCADA de supervisión, control e adquisición de datos.

• Unha (1) posición de liña-transformador (exterior), formada por un (1) transformador de 25/30 MVA de potencia ONAN/ONAF, de relación de transformación 66/30 kV, dotado de regulación en carga e polo conxunto de equipamentos necesarios de protección e medida en tecnoloxía convencional (AIS).

– Liña de evacuación aero-subterránea de alta tensión de 66 kV, de lonxitude total 5.959,68 m (3.544,18 m de trazado aéreo e 2.415,50 m de trazado subterráneo), con orixe no pórtico da subestación SET PE Castrove e final na posición da subestación transformadora de Barro, propiedade de Unión Fenosa Distribución (instalación obxecto dun proxecto independente). Os tramos aéreos da liña teñen un total de 19 apoios.

Deseñada para una potencia máxima de transporte de 35.494 kVA, cun único circuíto, dividida en catro tramos:

• Tramo 1: liña aérea entre o pórtico da SET PE Castrove e o apoio número 12 (paso aero-subterráneo), con 3 condutores nus de aluminio con alma de aceiro tipo LA-110 94-AL1/22-ST1A (116,2 mm² de sección por condutor) e cable de garda tipo OPGW (cable combinado de protección e comunicacións) de 120,57 mm2 de sección. Tendidos sobre apoios metálicos de celosía de diferentes tipos con cimentacións de formigón, compostos por perfís angulares de ás iguais, fuste formado por tramos troncopiramidais de sección cadrada e cabezas de tramos prismáticos rectos, cos seus correspondentes illadores, ferraxes e sistemas de posta á terra. Discorre polos concellos de Pontevedra e Barro.

• Tramo 2: liña subterránea entre os apoios números 12 e 13 (apoios tipo paso aero-subterráneo), con 3 condutores baixo tubo RHZ1-2OL(S) 36/66 kV 1×150 Al (150 mm2 de sección por condutor), un cable de fibra óptica PKP 48 FO monomodo e un cable de conexión equipotencial (ambos baixo tubo). Discorre polo concello de Barro.

• Tramo 3: liña aérea entre os apoios números 13 e 19 (apoios tipo paso aero-subterráneo), de características idénticas ás do tramo 1. Discorre polo concello de Barro.

• Tramo 4: liña subterránea entre o apoio número 19 (paso aero-subterráneo) e a posición da SET Barro, de características idénticas ás do tramo 2. Discorre polo concello de Barro.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

De acordo co disposto no artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e polas demais normas de aplicación relacionadas ao inicio desta resolución, constitúen obxecto de información pública os seguintes documentos: proxecto técnico e estudo de impacto ambiental.

O que se fai público de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan presentar as súas alegacións, no prazo de trinta (30) días contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A consulta da documentación realizarase preferentemente a través da seguinte ligazón da web da Consellería de Economía e Industria:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion

A atención será telefónica no número 986 80 52 11, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Cando sexa indispensable a atención presencial, poderase acudir á Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra (avenida Mª Victoria Moreno, 43-5º, 36071 Pontevedra), mediante cita previa no número de teléfono indicado, así como ás dependencias do Concello de Meis (avenida de Cambados, 67, Mosteiro, 36637 Meis, Pontevedra), do Concello de Barro (Santo Antoniño, 11, Perdecanai, 36194 Barro, Pontevedra), do Concello de Pontevedra (rúa Michelena, 30, 36701 Pontevedra) e do Concello de Poio (praza do Mosteiro, nº 1, San Xoán, 36995 Poio, Pontevedra).

Pontevedra, 27 de maio de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra