DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 6 de xuño de 2024 Páx. 34296

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2024, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se da publicidade á modificación dos estatutos da Federación Galega de Tenis de Mesa.

O Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, atribúelle á Comunidade Autónoma galega a competencia exclusiva en materia de promoción do deporte.

Ao abeiro desta competencia, aprobouse a Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, coa finalidade de promover e coordinar o deporte na Comunidade Autónoma de Galicia, así como ordenar o seu réxime xurídico e a súa organización institucional, de acordo coas competencias que o Estatuto de autonomía e o resto do ordenamento xurídico lle atribúen á Comunidade Autónoma de Galicia.

Tendo en conta que unha parte esencial do desenvolvemento da actividade deportiva na comunidade galega a constitúen os axentes deportivos, entre os que a normativa legal recolle as entidades deportivas, entidades que se agrupan en fórmulas asociativas sinxelas ou complexas xurdidas como froito das necesidades comúns nos logros de obxectivos na práctica das diversas modalidades deportivas e que, en virtude do disposto na normativa de aplicación, deben estar inscritas no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia, regulado no Decreto 85/2014, do 3 de xullo, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia.

Correspóndelle á persoa titular da consellería competente en materia de deportes (na actualidade, Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes) a competencia para aprobar os estatutos das federacións deportivas galegas de conformidade co disposto no artigo 54.1 da Lei 3/2012, do 2 de abril.

Os estatutos das federacións deportivas galegas e as súas modificacións publicaranse no Diario Oficial de Galicia, logo de aprobación destes pola Administración autonómica, de acordo co previsto no artigo 54.7 da Lei 3/2012, do 2 de abril.

En virtude do anterior, e verificada a adecuación á legalidade dos estatutos presentados, logo de inscrición e depósito, e en uso das facultades que me foron conferidas,

RESOLVO:

Dar publicidade aos estatutos da Federación Galega de Tenis de Mesa, que figuran como anexo, de conformidade coa Resolución de ratificación do conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, do 15 de maio de 2024, e dos cales consta depositada copia íntegra no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada ante o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co sinalado nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2024

José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte

ANEXO

Estatutos da Federación Galega de Tenis de Mesa

TÍTULO I

Disposición xeral

CAPÍTULO I

Nome, natureza xurídica, obxecto social e enderezo

Artigo 1

A Federación Galega de Tenis de Mesa é unha entidade privada, con personalidade xurídica propia, sen ánimo de lucro, o seu ámbito territorial comprende a Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento das competencias propias, estando integrada polos clubs, seccións deportivas, deportistas, técnicos, xuíces, árbitros e demais colectivos de interese legalmente establecidos, co fin de promover, practicar e, en xeral, contribuír ao desenvolvemento do deporte do tenis de mesa, de conformidade co disposto na Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia.

A Federación Galega de Tenis de Mesa, ademais das competencias propias, exerce por delegación funcións públicas de carácter administrativo, actuando como axente colaborador da Administración pública.

Artigo 2

A Federación Galega de Tenis de Mesa organizarase orgánica e funcionalmente de forma democrática e representativa, con personalidade xurídica e patrimonio propio e independente do dos seus asociados, e plena capacidade de obrar, coas limitacións sinaladas polas leis e disposicións vixentes, e pode adquirir, para os seus fins, bens de toda clase, mobles e inmobles, contratar e obrigarse para o cumprimento das súas finalidades e está suxeita ás súas propias responsabilidades.

A Federación Galega de Tenis de Mesa integrarase na Federación Española de Tenis de Mesa, e posúe de maneira exclusiva a representación desta dentro da Comunidade Autónoma de Galicia no referente ao deporte do tenis de mesa, conservando en tal integración a súa personalidade xurídica, o seu patrimonio propio e diferenciado, o seu orzamento e o seu réxime xurídico particular.

Artigo 3

A Federación Galega de Tenis de Mesa ten por obxecto social promocionar, dirixir e ordenar exclusivamente dentro de Galicia, sen prexuízo das competencias concorrentes das distintas administracións públicas, as actividades do tenis de mesa, en coordinación cos organismos correspondentes da Xunta de Galicia, e rexeranse por estes estatutos e os seus regulamentos, polos da Federación Española de Tenis de Mesa, no que lle sexan aplicables, e polas disposicións que dite a Xunta de Galicia e, supletoriamente, a Administración do Estado.

A Federación Galega de Tenis de Mesa é a única entidade competente dentro da Comunidade Autónoma de Galicia para promocionar, regulamentar, organizar, xestionar e controlar as competicións oficiais do tenis de mesa.

Artigo 4

Son funcións da FGTM as derivadas do seu propio obxecto, tal e como vén definido no artigo 1 dos presentes estatutos. A FGTM exercerá as súas funcións públicas delegadas de forma directa, sen que poidan ser obxecto de delegación o exercicio por substitución sen autorización da administración deportiva.

Ademais das funcións propias do seu ámbito de actuación privada, exerce, en virtude da Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, as funcións delegadas que se recollen no artigo 56.4 desta, actuando neste caso, como axente colaborador da Administración baixo a súa tutela e coordinación.

A FGTM exerce especificamente as seguintes funcións:

a) Promoción e desenvolvemento da práctica do tenis de mesa.

b) Elaborar as normas técnicas da modalidade deportiva do tenis de mesa e dirixir e regular as actividades propias desta.

c) Ditar normas de aplicación específica aos deportistas, podendo establecer listas e clasificacións.

d) A potestade para determinar a organización interna da FGTM e para ditar regulamentos no ámbito da súa competencia, conforme os estatutos e disposicións legais vixentes.

e) Desenvolver programas de especialización do tenis de mesa.

f) Deseñar, elaborar e executar plans de preparación dos deportistas de alto nivel e as listas destes en colaboración coa RFETM.

g) Colaborar coa Administración autonómica e cooperar coa RFETM na formación de técnicos, xuíces e árbitros.

h) Organizar e dirixir as competicións de carácter oficial que se desenvolvan na Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade coas normas e regulamentos autonómicos, nacionais ou internacionais que foran de aplicación. Para iso expedirá as correspondentes licenzas federativas.

i) A tutela, control e supervisión sobre os seus membros que lle recoñece o ordenamento xurídico deportivo.

j) Exercer a potestade disciplinaria nos termos establecidos na lexislación vixente, así como nos seus estatutos e regulamentos.

k) Designar aos deportistas que integrarán a selección galega, para o que os clubs deberán poñer á disposición da FGTM os deportistas elixidos.

I) Representar a Galicia en actividades e competicións de tenis de mesa de carácter estatal ou internacional, celebradas dentro ou fóra de Galicia.

m) Colaborar coa Administración deportiva de Galicia e outros órganos competentes da Administración autonómica na prevención, no control e na represión do uso de substancias prohibidas no deporte e a prevención da violencia no deporte.

n) Colaborar coa Administración deportiva de Galicia, as entidades locais e as agrupacións deportivas escolares na organización e desenvolvemento de programas xerais de tenis de mesa en idade escolar.

o) Executar as resolucións do Comité Galego de Xustiza Deportiva.

p) Executar por delegación da Administración autonómica programas de promoción do tenis de mesa.

q) Aqueloutras funcións que lle poida encomendar a Administración deportiva da Comunidade Autónoma de Galicia.

Os actos realizados pola Federación Galega de Tenis de Mesa no exercicio das funcións públicas de carácter administrativo, son susceptibles de recurso ante a Administración autonómica correspondente; as súas resolucións esgotan a vía administrativa.

Artigo 5

O domicilio social da Federación Galega de Tenis de Mesa está establecido na rúa do Deporte 16, de Oroso (A Coruña), código postal 15688.

A Comisión Delegada, por maioría dos seus membros e cando as circunstancias o aconsellen, poderá acordar o cambio de domicilio social na mesma localidade. Para o traslado do domicilio a outro lugar, que deberá estar sempre dentro do territorio da Comunidade Autónoma Galega, será necesario o acordo maioritario da Asemblea Xeral, en ambos os casos, o traslado do domicilio social deberá ser notificado aos afiliados e á Secretaria Xeral para o Deporte. Por acordo da Asemblea Xeral, e para efectos puramente de organización interna, poderán establecerse delegacións da Federación nas localidades de Galicia, que decida a dita asemblea.

CAPÍTULO II

Requisitos para ser membro da Federación. Dereitos e deberes

Artigo 6

As entidades deportivas poderán incorporarse, por petición propia, na Federación Galega de Tenis de Mesa sempre que teñan o seu domicilio social e desenvolvan a súa actividade en Galicia e estean constituídas conforme os requisitos exixidos para cada modalidade pola lexislación vixente e inscritas no Rexistro de Clubs, Federacións e Asociacións Deportivas da Xunta de Galicia, debendo comprometerse a cumprir os estatutos e regulamentos da Federación Galega de Tenis de Mesa e someterse á autoridade dos órganos federativos, en relación coas materias da súa competencia.

Os mesmos criterios e requisitos, no que sexa de aplicación, rexerán para a integración na Federación dos deportistas, técnicos, adestradores, xuíces e árbitros.

Artigo 7

A integración na Federación comportará a integración automática e para todos os efectos na Federación Española de Tenis de Mesa.

Artigo 8

A integración na Federación producirase mediante a expedición por parte desta da correspondente licenza federativa ou documento de afiliación ou inscrición. A dita expedición será acordada pola Xunta Directiva da Federación Galega e homologada pola RFETM.

A FGTM determinará o importe exixible para a obtención da licenza, que será fixado e aprobado pola Xunta Directiva, así como o procedemento para a súa tramitación e expedición.

Contra a denegación, que deberá ser motivada, caberá recurso ante a Asemblea Xeral.

En todo caso, para participar en actividades ou competicións deportivas oficiais de ámbito autonómico será preciso estar en posesión da licenza ou documento de afiliación expedido pola Federación.

A licenza federativa deberá expresar, como mínimo, as seguintes circunstancias:

1. Datos da persoa física ou entidade federada.

2. Dereitos federativos.

3. Seguro obrigatorio de asistencia sanitaria cando se trate de persoas físicas.

4. Prazo de vixencia.

Causas de perda da licenza federativa:

1. Por vontade expresa dos federados.

2. Por sanción disciplinaria.

3. Por falta de pagamento das cotas establecidas, logo de aviso notificado de forma fidedigna e concesión dun prazo de dez días para a liquidación da débeda.

4. Por incumprimento de calquera obriga estatutariamente prevista.

Os datos de carácter persoal contidos nas licenzas federativas comunicaranse nos termos previstos no artigo 58.5 da Lei 3/2012, do deporte de Galicia, en relación, exclusivamente, á elaboración do censo dos correspondentes procesos electorais, respectando, en todo caso, o procedemento que ao respecto se determine regulamentariamente.

Artigo 9

Todos os membros da Federación teñen dereito a recibir tutela desta con respecto aos seus intereses deportivos comúns e individuais, así como a participar nas súas actividades e no funcionamento dos seus órganos, de acordo cos presentes estatutos e cos seus regulamentos internos. Os membros da Federación teñen, pola súa vez, o deber de acatar os acordos dos seus órganos, sen que isto impida o seu dereito de recorrer, ante as instancias federativas competentes e, se é o caso, perante os tribunais de Xustiza ou Secretaría Xeral para o Deporte, segundo proceda, aqueles que consideren contrarios a dereito, e sen prexuízo de acudir á conciliación extraxudicial ou arbitraxe nos termos previstos nas leis.

Perderán a condición de federado:

a) Os/as xogadores/as, árbitros/as, adestradores/as e outros/as técnicos/as cando sexa cancelada o dada de baixa a súa licenza, así como por resolución dos órganos disciplinarios da FGTM, do Comité Galego de Xustiza Deportiva ou da xurisdición ordinaria.

b) Os clubs ou seccións deportivas que soliciten voluntariamente a súa baixa da FGTM; a causa dunha resolución dos órganos disciplinarios da FGTM, do Comité Galego de Xustiza Deportiva ou da xurisdición ordinaria, así como cando se produza a súa cancelación ou baixa no Rexistro de Entidades Deportivas.

CAPÍTULO III

Estrutura rexional

Artigo 10

A Federación poderá estruturarse territorialmente en delegacións zonais. Cada delegación zonal estará integrada por entidades deportivas, deportistas, adestradores, xuíces e árbitros, correspondentes ao ámbito territorial fixado pola Asemblea Xeral para cada delegación zonal.

Artigo 11

As delegacións zonais axustarán a súa actividade ás normas ditadas pola Federación a través dos órganos que correspondan e directamente, do seu presidente.

Artigo 12

Ao fronte de cada delegación zonal existirá un delegado que será nomeado e cesado polo presidente da Federación, de acordo co establecido no artigo 32 dos presentes estatutos. A composición do equipo directivo da delegación zonal e a competencia deste será de libre facultade do delegado da delegación zonal, que dará conta ao presidente da Federación.

TÍTULO II

Dos órganos de goberno e representación

CAPÍTULO I

Normas xerais

Artigo 13

Son órganos de goberno e representación da Federación a Asemblea Xeral e o presidente. No seo da Asemblea Xeral deberá constituírse unha Comisión Delegada de asistencia a esta.

Artigo 14

1. Serán órganos electivos da Federación o presidente, a Asemblea Xeral e a Comisión Delegada no ámbito das súas respectivas competencias. Os membros dos demais órganos e comisións serán designados e revogados libremente polo presidente coas excepcións previstas nos presentes estatutos.

2. A convocatoria dos órganos colexiados federativos correspóndelle ao presidente e o secretario levantará acta dos acordos, especificando o nome das persoas que interveñen e as demais circunstancias que se consideren convenientes, así como o resultado da votación e, de existir, os votos particulares contrarios ao acordo.

3. Os votos contrarios ao acordo adoptado eximirán das responsabilidades que eventualmente puidesen derivarse dos acordos dos órganos colexiados.

4. Quedará validamente constituído o órgano colexiado, aínda que non se cumpran os requisitos de convocatoria se concorren todos os membros e así o acordan por unanimidade, ou, si con posterioridade manifestan a súa adhesión incondicional á totalidade dos acordos tomados por parte dos que non asistisen.

5. Os acordos e actuacións dos órganos da FGTM poderán ser impugnados por calquera membro federado ou persoa que acredite interese lexítimo:

a) Se os estima contrarios ao ordenamento xurídico, polos trámites xudiciais que correspondan.

b) Poderanse impugnar os acordos e actuacións da FGTM que se consideren contrarios aos estatutos dentro do prazo de corenta días a partir da adopción do acordo, e instar a súa rectificación ou anulación e a suspensión preventiva da súa aplicación ou acumular ambas as pretensións polos trámites establecidos na Lei de axuizamento civil.

c) Os actos e os acordos federativos sobre materia disciplinaria, organizativo-competicional e electoral serán impugnables de acordo co establecido na normativa autonómica vixente.

6. Son requisitos xerais para ser membro de calquera órgano da Federación Galega de Tenis de Mesa, sen prexuízo do establecido regulamentariamente, as seguintes:

a) Ser maior de idade e estar en pleno uso dos dereitos civís.

b) Non estar sometido a corrección disciplinaria de carácter deportivo que o invalide.

c) Non ter sido condenado mediante sentenza penal firme que se anexa á pena principal ou accesoria de inhabilitación absoluta ou especial para cargos públicos.

d) Non estar incurso en ningunha causa de incompatibilidade establecida pola lei ou nestes estatutos.

e) Cumprir os requisitos específicos de cada estamento deportivo.

Artigo 14.bis

1. As sesións da Asemblea Xeral, Comisión Delegada, Xunta Directiva e demais órganos colexiados da FGTM poderán celebrarse por videoconferencia, sempre que a Secretaría do órgano recoñeza a identidade dos asistentes e así o exprese na acta nos supostos que sexa obrigatoria a súa redacción, que remitirá ás direccións de correo electrónico de cada un dos concorrentes. Na dita acta deixarase constancia dos acordos adoptados, así como do sistema seguido para formar a vontade do órgano de que se trate, con indicación do voto emitido por cada membro. Neste caso, a sesión entenderase celebrada no domicilio social da FGTM.

2. Así mesmo poderase adoptar acordos da Asemblea Xeral, Comisión Delegada, Xunta Directiva ou demais órganos colexiados mediante votación por escrito sempre que o decida a presidencia e o medio de votación que hai que empregar sexa o correo electrónico. Estes acordos tamén se entenderán adoptados no domicilio social da FGTM en sesión celebrada na data de finalización do prazo de remisión dos votos. O voto por escrito deberá remitirse dentro do prazo de dez días naturais contados desde a data na que se reciba a solicitude de emisión do voto, entendéndose no emitido o voto recibido fóra do prazo antedito.

CAPÍTULO II

Da Asemblea Xeral

Sección 1ª. Natureza, composición, nomeamento

Artigo 15

A Asemblea Xeral é o órgano superior de goberno e representación da Federación Galega de Tenis de Mesa.

Artigo 16

A Asemblea Xeral estará integrada polo presidente da Federación e os representantes das entidades deportivas, deportistas, técnicos/adestradores e xuíces/árbitros. As entidades deportivas non poderán ser membros da Asemblea Xeral se no momento da convocatoria de eleccións non figuran inscritas no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia. Os compoñentes da Xunta Directiva e, se é o caso, os delegados zonais por este só carácter poderán asistir ás reunións da Asemblea con voz pero sen voto.

A Presidencia ten a facultade de invitar ás sesións da Asemblea ás persoas que deban informar sobre asuntos a tratar nestas.

Artigo 17

A Asemblea Xeral estará integrada polo número de membros electos que estableza o Regulamento electoral correspondente, e a representación dos estamentos sinalados responderá ás seguintes proporcións:

• 70 % das entidades deportivas.

• 20 % deportistas.

• 5 % de adestradores e técnicos.

• 5 % de xuíces e árbitros.

Artigo 18

A convocatoria de eleccións deberá indicar expresamente o número de membros da Asemblea Xeral e o de cada un dos estamentos.

A elección dos membros da Asemblea Xeral efectuarase de acordo co Regulamento electoral da FGTM, resultante da aplicación supletoria das disposicións da Administración deportiva autonómica.

Artigo 19

Os membros da Asemblea Xeral e da Comisión Delegada cesarán polas seguintes causas:

a) Defunción.

b) Disolución da entidade á que representan.

c) Expiración do mandato para o que foi elixido.

d) Renuncia voluntaria ou dimisión.

e) Estar incurso en causa de inelixibilidade ou incompatibilidade legal ou estatutaria.

f) Sanción disciplinaria imposta regulamentariamente que implique o cesamento no cargo que ten.

g) Perda dos requisitos para os que foron elixidos no seu respectivo estamento.

Artigo 20

As vacantes que se produzan na Asemblea Xeral antes das seguintes eleccións xerais a esta, serán cubertas, dentro de cada estamento e de maneira sucesiva, polos candidatos que no proceso electoral obtivesen maior número de votos despois dos que resultaron electos e, á falta destes, mediante a realización de eleccións parciais sempre que, neste último caso, as vacantes superen o 20 % dos membros da Asemblea. Os elixidos para ocupar as vacantes a que se refire o punto anterior terán o seu mandato polo tempo que falte antes da celebración das seguintes eleccións xerais.

Sección 2ª. Réxime de funcionamento

1. Competencias.

Artigo 21

A Asemblea Xeral, como máximo órgano de goberno e representación da Federación, pode adoptar calquera acordo ou decisión sobre estas, con suxeición ás regras de competencia e procedemento. Especialmente son competencias da Asemblea Xeral as seguintes:

1) A aprobación e modificación dos estatutos da Federación Galega de Tenis de Mesa.

2) A elección mediante sufraxio libre, igual, directo e secreto do presidente e da Comisión Delegada da Federación Galega de Tenis de Mesa, así como o cese e moción de censura do presidente.

3) Aprobación e liquidación do orzamento anual da Federación Galega de Tenis de Mesa.

4) Aprobación do programa ou calendario deportivo anual que desenvolverá a Federación Galega de Tenis de Mesa e das bases ou regulamentos que rexerán a competición.

5) Aprobación da creación das delegacións zonais da Federación Galega de Tenis de Mesa.

6) Aprobación do Regulamento de eleccións á Asemblea, presidente e da Comisión Delegada da Federación Galega de Tenis de Mesa.

7) Aprobación do Regulamento sobre conciliación extraxudicial ou arbitraxe.

8) Aprobación do Regulamento de disciplina deportiva.

9) Calquera outra competencia da Federación que non estea expresamente atribuída polos presentes estatutos a outro órgano da Federación.

2. Convocatoria.

Artigo 22

A Asemblea Xeral será convocada pola Presidencia da Federación Galega de Tenis de Mesa, cun mínimo de 10 días naturais de antelación á data da súa celebración, na páxina web da Federación, debendo incluír necesariamente os puntos da orde do día que vai tratar, ademais da notificación individual a cada un dos membros ao enderezo de correo electrónico.

Os defectos formais da convocatoria non darán lugar á anulación da Asemblea sempre e cando os membros da mesma recibiran a convocatoria coa orde do día no prazo establecido e, en todo caso, a Asemblea será válida, sen necesidade de ningún outro requisito, sempre que que concorran a totalidade de membros desta.

A orde do día poderá ser modificada, no sentido de incorporar novos puntos, a petición fundada dunha quinta parte dos membros da Asemblea Xeral e sempre que esta incorporación se solicite cunha marxe de tempo suficiente para que poida ser notificada a todos os membros da Asemblea Xeral mediante notificación e publicación no taboleiro de anuncios da Federación Galega de Tenis de Mesa cunha antelación mínima de tres días á data da celebración.

Artigo 23

A Presidencia da Federación Galega de Tenis de Mesa deberá convocar unha asemblea xeral ordinaria anualmente antes do inicio da nova tempada deportiva para tratar os asuntos propios da xestión ordinaria e, como mínimo, para a aprobación da Memoria anual de actividades, a liquidación do orzamento do exercicio anterior, aprobación do calendario deportivo e das regras que rexerán a competición e o exame e consideración das propostas que formulen os membros da Asemblea, da Comisión Delegada, a da Xunta Directiva e a Presidencia.

Durante o último trimestre do seu exercicio económico aprobarase en Asemblea Xeral o orzamento correspondente ao seguinte exercicio, tendo esta reunión tamén carácter de ordinaria.

Todas as demais asembleas terán carácter extraordinario e serán convocadas polo presidente da Federación Galega de Tenis de Mesa sempre que o considere oportuno, ou a petición dun número de membros que integren a Asemblea non inferior ao 25 %. Neste caso, os solicitantes deberán formular unha petición por escrito dirixido ao presidente da Federación, indicando os puntos que conformarán a orde do día. O presidente, nun prazo máximo de 10 días naturais desde a entrada da petición no rexistro da Federación Galega de Tenis de Mesa, deberá convocar a Asemblea Xeral con carácter extraordinario, cos requisitos de forma sinalados nestes estatutos, e coa orde do día solicitado, sen incluír ningún outro punto, que se celebrará nun prazo non superior a 20 días naturais desde a convocatoria. Caso de negativa expresa do presidente a efectuar a convocatoria, ou pasados 10 días desde que a solicitude foi efectuada sen ter sido respondida, os solicitantes poderán facer uso dos dereitos que a lexislación vixente establece, ante a Secretaría Xeral para o Deporte para a convocatoria dos órganos colexiados de goberno.

Cando o presidente da Federación aprecie a existencia dunha situación urxente que non permita demora na convocatoria da Asemblea Extraordinaria, poderá convocala sen suxeición ao prazo nin requisito de forma ningunha, agás a citación persoal dos asembleístas que poidan ser localizados nos enderezos que consten na Federación. En todo caso a Asemblea requirirá como mínimo a presenza de 2/3 dos seus membros e antes de analizar a orde do día pronunciarase previamente, por maioría dos asistentes, sobre a urxencia da convocatoria e a necesidade ou non da súa celebración. En todo caso nunha Asemblea convocada desta forma non poderán modificarse os estatutos.

Artigo 24

A Asemblea Xeral quedará validamente constituída en primeira convocatoria, cando concorra a ela a maioría dos seus membros. En segunda convocatoria será válida sea cal sea o número de asistentes.

Deberá mediar un mínimo de media hora entre a primeira e a segunda convocatoria.

3. Adopción de acordos.

Artigo 25

Non será admisible en modo ningún para a formación da vontade dos órganos colexiados da Federación nin para o establecemento do seu quórum, o voto por correo nin a delegación de voto, sendo, por tanto, necesaria a presenza física dos seus membros. Exceptúanse as eleccións dos membros da Asemblea Xeral, se así se aprobase no Regulamento electoral.

Con carácter excepcional as entidades deportivas poderán delegar o seu voto nun membro da súa Xunta Directiva, con carácter expreso e escrito para cada reunión, sempre que a persoa en quen se delegue o voto non sexa membro da Asemblea Xeral. Ninguén poderá ter na Asemblea Xeral máis dunha delegación de voto.

Artigo 26

As votacións no seo da Asemblea Xeral realizaranse na forma e na orde que a Presidencia estableza, sendo esta a que decidirá se serán ordinarias, nominais ou secretas; se polo menos o 25 % dos asistentes solicita unha modalidade determinada, a forma de votación decidirase por maioría simple dos membros da Asemblea Xeral.

Artigo 27

A Asemblea Xeral será presidida polo presidente da Federación, e o seu voto será de calidade no caso de empate. Os acordos adoptaranse por maioría simple de asistentes. Para os efectos de cómputo de quórum e maiorías, cando estes se conformen cun número inexacto de asembleístas, computaranse sempre por exceso e con referencia ao número de aqueles efectivamente existentes como membros da Asemblea, descontadas as vacantes.

Artigo 28

De todos os acordos adoptados na Asemblea Xeral e na Comisión Delegada, levantá acta o secretario destas, especificando o nome das persoas que interviñeron e as demais circunstancias que se consideren oportunas, contido dos acordos adoptados, o resultado das votacións e, se é o caso, os votos particulares contrarios ao acordo adoptado.

Os votos contrarios ao acordo adoptado ou as abstencións motivadas eximirán a quen os emita de calquera responsabilidade derivada de tales acordos.

Artigo 29

Os acordos da Asemblea Xeral e da Comisión Delegada serán vinculantes e de obrigado cumprimento para a totalidade dos órganos, das persoas e das entidades que integran a Federación e terán forza executiva desde a data da súa adopción.

Artigo 30

A Asemblea Xeral non poderá adoptar ningún acordo nin realizar ningún acto que poida comprometer de forma irreversible o seu patrimonio ou a actividade que constitúe o obxecto propio da Federación. En caso de dúbida ou a petición do 5 % dos membros de dereito da Asemblea, será requisito imprescindible a emisión de informe favorable dos órganos competentes da Xunta de Galicia.

CAPÍTULO III

Da Comisión Delegada

Natureza, constitución, composición e funcionamento

Artigo 31

1. No seo da Asemblea Xeral deberá constituírse unha comisión delegada, que terá carácter electivo e será un órgano de goberno e representación da Federación.

2. A Comisión Delegada será elixida pola Asemblea Xeral na primeira reunión que este celebre despois da súa constitución mediante sufraxio os membros desta. O seu mandato coincidirá co da Asemblea Xeral.

3. O número de membros da Comisión Delegada será o 15 % do número de membros que os presentes estatutos establezan para a Asemblea Xeral. En ningún caso este número será inferior a 5 nin superior a 15.

4. O presidente da Federación convocará á Comisión Delegada que se reunirá como mínimo cada 4 meses para os fins da súa competencia e cando menos para o seguimento da xestión deportiva e económica da Federación.

5. Correspóndelle á Comisión Delegada da Asemblea Xeral:

a) A elaboración dun informe previo á aprobación dos orzamentos.

b) A modificación do calendario deportivo.

c) A modificación dos orzamentos e dos regulamentos.

d) O seguimento da xestión deportiva e económica da Federación.

As modificacións non poderán exceder dos límites e criterios que a propia Asemblea Xeral estableza.

A proposta sobre os temas que se van tratar na Comisión Delegada corresponde ao presidente ou aos dous terzos dos membros da Comisión Delegada.

CAPÍTULO IV

Do presidente

Artigo 32

O presidente da Federación é o órgano de goberno e representación que ten a súa representación legal, convoca e preside os órganos de goberno e representación e executa os acordos destes. A persoa titular da Presidencia será elixida por sufraxio libre, igual e segredo polos compoñentes da Asemblea Xeral, sen que teña que de ser membro desta, e non poderá desempeñar ningunha outra actividade directiva ou de representación dentro da propia estrutura federativa. Non se poderá simultanear a Presidencia dun Club Deportivo coa Presidencia da FGTM na que se atope o dito club. O presidente poderá nomear delegados nas localidades aprobadas pola Asemblea Xeral, que actuarán seguindo as instrucións daquel e por delegación as funcións que lles sexan encomendadas. Os devanditos delegados poderán ser cesados ou substituídos polo presidente segundo o seu criterio.

Os presidentes, membros das xuntas directivas ou dos órganos de dirección que puidesen estatutariamente establecerse serán persoalmente responsables, fronte á propia FGTM, fronte aos seus membros ou fronte a terceiros:

a) Das obrigas que tivese contraído a FGTM e que non teñan, ou tivesen, o adecuado respaldo contable, non figuren nas contas presentadas e aprobadas, ou sexan obxecto de contabilización que non reflicta a natureza e o alcance da obriga en cuestión, e que distorsiona a imaxe fiel que debe producir aquela.

b) Das obrigas que tivese contraído contra a prohibición expresa doutros órganos federativos competentes ou da Administración autonómica, así como das obrigas que impliquen un déficit non autorizado ou fóra dos límites da autorización.

c) En xeral, dos actos ou omisións que supoñan un prexuízo para a FGTM cando sexan realizados vulnerando normas de obrigado cumprimento.

A responsabilidade descrita no punto anterior poderá exixirse en caso de existencia de dolo ou culpa nas actuacións dos suxeitos responsables. En todo caso, quedarán exentos de responsabilidade aqueles que votasen en contra do acordo ou non interviñesen na súa adopción ou execución, ou aqueles que o descoñecesen ou, coñecéndoo, se opuxeron expresamente a aquel.

A citada responsabilidade é independente da responsabilidade disciplinaria na que puidese incorrer e que será exixible conforme as disposicións xerais da Lei 3/2012, do deporte de Galicia.

Artigo 33

A duración do cargo de presidente será de 4 anos, que se renovará nos anos nos que teñan lugar os Xogos Olímpicos de Inverno. No caso de que, excepcionalmente, quede vacante a Presidencia antes de que transcorra o prazo para o que foi elixido, entenderase dimisionaria toda a Xunta Directiva, constituíndose a Comisión Delegada en Comisión Xestora, presidida polo membro de maior idade.

Convocará a Asemblea Xeral, que acordará unha nova elección de presidente para cubrir a vacante polo tempo que falte ata a finalización do prazo correspondente ao mandato ordinario. Se a vacante se produce por prosperar unha moción de censura, haberá que aterse o disposto no artigo 36 destes estatutos.

Artigo 34

O desempeño do cargo de presidente será causa de incompatibilidade coas seguintes actividades:

a) Ocupación de cargos directivos noutras federacións deportivas; agás na Federación Española de Tenis de Mesa.

b) Desenvolvemento de actividades ou desempeño de cargos en asociacións deportivas, ou clubs dependentes integrados na Federación.

c) A persoa que resulte elixida como presidente da Federación deberá cesar en toda tipo de actividades directivas no deporte específico e no ámbito territorial da Federación, e non existirá incompatibilidade, en ningún caso, coa práctica activa do tenis de mesa.

Artigo 35

O presidente cesará por:

a) Transcurso do prazo para o que foi elixido.

b) Dimisión.

c) Incapacidade física ou psíquica para continuar no exercicio do seu cargo.

d) Aprobación dunha moción de censura pola Asemblea Xeral.

e) Por incorrer nunha causa de inelixibilidade ou incompatibilidade. Neste último caso, disporía dun prazo dun mes para cesar no posto que resulte incompatible co de presidente.

Artigo 36

A moción de censura á Presidencia poderá ser presentada polos membros da Asemblea Xeral que constitúan cando menos un terzo desta mediante escrito presentado no Rexistro da Federación. Na devandita petición deberán solicitar ao presidente a convocatoria dunha Asemblea Xeral Extraordinaria coa dita moción como único punto da orde do día, así como propoñer un candidato alternativo á Presidencia.

Caso de prosperar a moción de censura, que se votará nun sistema de dobre volta, debendo acadar a maioría absoluta de membros que compoñen a Asemblea na primeira ou a maioría simple dos asistentes na segunda, celebradas cunha hora de diferenza, o candidato quedará investido, cun mandato polo prazo que falte para concluír o período ordinario.

Para a convocatoria da Asemblea Xeral Extraordinaria á que se refire este artigo, haberá que aterse ao disposto no artigo 22 destes estatutos. A sesión da Asemblea Xeral na que se debata a moción de censura estará presidida polo membro de máis idade. Non será válido o voto por correo nin a asistencia por representación.

Se a moción de censura non prospera, non poderá presentarse unha nova dentro do mesmo período de mandato, como tampouco poderá presentarse, caso de prosperar, contra o candidato investido na dita moción polo tempo que falte para concluír o período ordinario.

TÍTULO III

Órganos complementarios aos órganos de goberno e de representación

Artigo 37

Son órganos complementarios de goberno e representación da Federación, para asistir ao presidente:

a) A Xunta Directiva.

b) O secretario xeral.

c) O tesoureiro.

Artigo 38

1. A Xunta Directiva é o órgano colexiado de xestión da Federación, sendo os seus membros designados e revogados libremente polo presidente. O número de membros será establecido pola Asemblea Xeral e non poderá ser inferior a 5 nin superior a 15. O presidente elixirá de entre os membros da súa Xunta Directiva un vicepresidente, que o será tamén da Federación, que substituirá o presidente por delegación, imposibilidade física ou ausencia temporal; un secretario que, pola súa vez, o será da Federación, así como o tesoureiro.

Tales cargos poderán ser removidos polo presidente cando o considere conveniente. Os membros da Xunta Directiva que non sexan da Asemblea Xeral, terán acceso ás súas sesións, con voz pero sen voto.

Todos os cargos son honoríficos e, no caso de establecerse unha compensación económica a favor dalgún membro da Xunta Directiva, deberá ser expresamente acordada pola Asemblea Xeral e constar de forma diferenciada no orzamento. En ningún caso a compensación económica poderá ser satisfeita con cargo ás subvencións públicas que reciba a Federación.

2. Para o desempeño das funcións administrativas, o presidente da Federación nomeará un secretario, que exercerá as funcións de fedatario e asesor, e máis especificamente:

a) Levantar actas das sesións dos órganos de goberno e representación da Federación, con indicación ao acordo adoptado.

b) Expedir as certificacións oportunas das actas dos órganos de goberno e representación.

c) Remitir á Secretaría Xeral para o Deporte as actas das reunións da Asemblea Xeral e da Comisión Delegada no prazo de 15 días desde a data da súa celebración, así como as convocatorias destas.

d) Custodiar as actas e os arquivos da FGTM.

e) Cantas funcións lle encomenden os estatutos e regulamentos da Federación, ou que lle sexan delegadas polo presidente.

3. O tesoureiro da Federación é o órgano de administración desta. Exercerá como funcións propias:

a) Levar a contabilidade da Federación.

b) Exercer a inspección económica de todos os órganos da Federación

c) Elaborar e presentar informes á Comisión Delegada do estado contable da Federación.

Artigo 39

Para ser membro da Xunta Directiva non será necesario formar parte da Asemblea Xeral, pero si da Federación.

Artigo 40

Os membros da Xunta Directiva cesarán polas seguintes causas:

a) Vacante na Presidencia, sen prexuízo da súa conversión en Comisión Xestora nos casos previstos nos estatutos.

b) Dimisión.

c) Falecemento ou incapacidade física ou psíquica para continuar no exercicio do seu cargo.

d) Por incorrer en causa de inelixibilidade ou incompatibilidade.

e) Cesados directamente polo presidente co cumprimento das comunicacións a que se refiren estes estatutos.

Artigo 41

A Xunta Directiva, como órgano colaborador do presidente, non terá competencias propias e exercerá por delegación as que lle encomende o presidente, que poderá avogar e revogar en calquera momento.

Artigo 42

Os asuntos ordinarios de trámite serán despachados polo presidente e o secretario.

TÍTULO IV

Dos órganos técnicos e consultores

CAPÍTULO I

Comisións en xeral

Artigo 43

A Presidencia da Federación poderá crear cantas comisións técnicas estime oportunas, ademais das seguintes:

a) Os comités de disciplina deportiva seguintes:

– Comité de Competición ou Xuíz Único.

– Comité de Apelación.

b) Comité de Xuíces Árbitros.

c) Comité Técnico.

Todos os comités rexeranse polos seus respectivos regulamentos internos, a regulamentación específica da FGTM e, se é o caso, supletoriamente, pola normativa nacional unificada e emanada da Federación Española de Tenis de Mesa, pola lexislación aplicable, e polo disposto nestes estatutos.

Todas as presidencias dos comités serán nomeadas pola Presidencia da Federación. A Secretaría da Federación intervirá como Secretaría de todos os comité sen voz e sen voto, agás que o seu titular sexa membro destes.

CAPÍTULO II

Comités de xuíces árbitros

Artigo 44

No seo da Federación constituirase, de maneira obrigatoria, un Comité de xuíces ou árbitros, no cal o presidente será designado polo presidente da Federación. Este comité poderá adoptar a estrutura territorial da Federación.

Serán funcións deste comité as seguintes:

a) Establecer os niveis de formación arbitral.

b) Clasificar tecnicamente os xuíces ou árbitros, en función de criterios prefixados pola Asemblea Xeral, propoñendo á Xunta Directiva a adscrición ás categorías correspondentes. Estas clasificacións comunicaranse á Asemblea Xeral.

c) Propoñer aos candidatos a xuíces ou árbitros nacionais.

d) Propoñer á Xunta Directiva as normas administrativas que regulen a arbitraxe, para a súa posterior aprobación pola Asemblea Xeral.

e) Designar os colexiados nas competicións oficiais de ámbito galego.

f) Colaborar cos órganos competentes da Federación.

TÍTULO V

Réxime electoral

CAPÍTULO I

Os censos

Artigo 45

Compoñerán os censos correspondentes a cada estamento electoral todos os membros da Federación que reúnan os requisitos establecidos para cada estamento nestes estatutos e no Regulamento electoral.

Artigo 46

Os procesos electorais desenvolveranse conforme o Regulamento electoral que deberá ser aprobado pola Asemblea Xeral, por proposta do presidente, e regulará as seguintes cuestións:

1) Número de membros da Asemblea Xeral; circunscrición electoral e número de representantes que por cada circunscrición electoral correspondente a cada un dos estamentos.

2) Calendario electoral.

3) Censo electoral.

4) Composición, competencias e funcionamento da Xunta Electoral.

5) Requisitos para a presentación e proclamación de candidatos. O prazo para a presentación de candidatos a presidente e membros da Asemblea Xeral non poderá ser inferior a 10 días.

6) Procedemento de resolución de conflitos, impugnacións e reclamacións, así como os recursos electorais.

7) Regulación da votación por correo nas eleccións á Asemblea Xeral. Non se admitirá esta clase de voto nas eleccións á Comisión Delegada e presidente.

8) Composición, competencia, funcionamento e situación das mesas electorais.

9) Elección do presidente.

10) Elección da Comisión Delegada. O Regulamento electoral deberá ser ratificado pola Secretaría Xeral para o Deporte.

CAPÍTULO III

A Comisión Xestora

Artigo 47

Acordada a convocatoria de eleccións pola Presidencia e aprobado o Regulamento electoral, a Xunta Directiva entenderase disolta, asumindo as súas funcións unha Comisión Xestora, composta por un máximo de oito vogalías e unha persoa que terá a presidencia. A designación das persoas que ocupen as vogalías corresponderá á Comisión Delegada e á Xunta Directiva antes da súa disolución, debendo ser igual o número de persoas designadas pola Comisión Delegada e pola Xunta Directiva, e deberán estar entre estas últimas as persoas que exercesen as funcións de secretaría e tesouraría. A persoa que ocupe a Secretaría da FGTM certificará os medios polos que se dese a máxima difusión e publicidade da convocatoria de eleccións á Asemblea Xeral, Comisión Delegada e presidente, así como do Regulamento electoral no taboleiro de anuncios da sede da FGTM e, se é o caso, nas delegacións territoriais, así como na páxina web federativa.

A Comisión Xestora administrará a Federación e convocará e realizará novas eleccións no prazo máximo de tres meses no caso de que non se presente ningunha candidatura ou non resulte válida ningunha das presentadas.

CAPÍTULO IV

Circunscrición electoral

Artigo 48

A circunscrición electoral coincidirá co territorio da Delegación Zonal no caso de elección dos representantes polo estamento das entidades deportivas. Nos restantes estamentos haberá unha única circunscrición electoral que abranguerá todo o territorio galego.

CAPÍTULO V

Xunta electoral

Artigo 49

1. A Xunta Electoral estará integrada por tres membros titulares e tres suplentes, elixidos por votación na Asemblea Xeral na que se aprobe o Regulamento electoral, entre as persoal que presentes a súa candidatura. Os membros da Xunta deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Ser maior de 18 anos.

b) Ter o título de bacharelato superior ou equivalente.

c) Non presentarse como candidato a membro da Asemblea Xeral.

d) Non ter relación contractual ou profesional coa RFETM.

e) Non estar cumprindo sanción disciplinaria ou administrativa firme en materia deportiva que comporte sanción de inhabilitación para ocupar cargos na organización deportiva.

2). No caso de que non se presenten candidatos a membros da Xunta Electoral, serán designados pola Comisión Delegada os membros necesarios para completar esta, os cales deberán así mesmo reunir os requisitos definidos no punto anterior.

3. Os membros da Xunta Electoral non poderán figurar como candidatos á Asemblea Xeral e á Presidencia da Federación.

4. A Xunta Electoral controlará todo o proceso electoral e terá competencia para coñecer e resolver as incidencias que se produzan sobre o Censo Electoral, presentación e proclamación de candidatos, proclamación de membros da Asemblea Xeral e Comisión Delegada e do presidente da Federación, así como a decisión de calquera outras cuestións que afecten directamente a celebración das eleccións e os seus resultados. Unha vez rematada a votación, levantará acta da votación e do reconto e a remitirá á Secretaría Xeral para o Deporte no prazo máximo de 3 días.

5. As decisións da Xunta Electoral son executivas e formaranse por maioría dos votos. En caso de empate, o voto do presidente terá carácter dirimente.

6. O mandato das persoas membros da Xunta Electoral será ata a convocatoria do seguinte proceso electoral, e as eventuais vacantes que se produzan serán cubertas polo mesmo procedemento e cunha duración polo tempo restante ata a convocatoria do seguinte proceso electoral.

CAPÍTULO VI

Mesas electorais

Artigo 50

Para a elección dos distintos estamentos da Asemblea Xeral, do Presidente e da Comisión Delegada, constituiranse unha ou varias mesas electorais na forma establecida no Regulamento electoral. Os membros destas mesas non poderán ser candidatos, axustándose no seu funcionamento ás normas que se establezan no Regulamento electoral.

CAPÍTULO VII

Recursos

Artigo 51

As reclamacións e impugnacións que se presenten contra calquera acto electoral dirixiranse á Xunta Electoral e contra o que esta resolva caberá recurso ante o Comité Galego de Xustiza Deportiva. Así mesmo, caberá recurso ante o Comité Galego de Xustiza Deportiva, contra todos os actos, acordos ou resolucións da Xunta Electoral ou de calquera outro órgano ou membro da Federación en materia electoral.

Artigo 52

1. Os membros da Asemblea Xeral serán elixidos cada catro anos coincidindo cos Xogos Olímpicos de Inverno mediante sufraxio libre, secreto, igual e directo entre e polos compoñentes dos distintos estamentos da Federación.

2. As eleccións á Asemblea Xeral serán convocadas pola Presidencia que acordará a convocatoria con todos os requisitos que se establecerán no Regulamento electoral, que se aprobe pola Asemblea.

3. Desde a convocatoria de eleccións á Asemblea Xeral a Xunta Directiva e o Presidente constituiranse en Comisión Xestora, de acordo co disposto no artigo 47 destes estatutos.

Artigo 53

Para ser candidato a membros da Asemblea Xeral requírese o o cumprimento dos requisitos establecidos con carácter xeral no artigo 14.6 destes estatutos. Os requisitos exixidos para ser electores ou elixibles deberán estar cumpridos o día no que se publique a convocatoria de eleccións.

Artigo 54

As eleccións á Asemblea Xeral realizaranse para cada un dos postos correspondentes aos estamentos integrantes desta de acordo co previsto nestes estatutos.

Artigo 55

Os representantes das entidades deportivas na Asemblea Xeral serán elixidos por e entre os representantes dos correspondentes a cada circunscrición electoral dos que integran o censo de entidades deportivas inscritas no Rexistro Público da Federación e no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia, no momento da convocatoria das eleccións e estivesen igualmente inscritos desde o mes de xaneiro dos dous anos anteriores ao da celebración das eleccións, sempre que teñan participado cando menos nunha competición ou actividade de carácter oficial por cada temporada, organizadas pola Federación ou pola Federación Española de Tenis de Mesa coa aprobación ou intervención daquela.

Artigo 56

Os representantes dos deportistas e dos técnicos/adestradores na Asemblea Xeral serán elixidos por e entre os maiores de 18 anos correspondentes a cada circunscrición electoral dos que teñan a licenza en vigor en cada estamento expedida pola Federación no momento da convocatoria das eleccións e tamén a tivesen, cando menos, durante as dúas tempadas anteriores, sempre que participasen, cando menos, nunha competición de carácter oficial por cada tempada, organizada pola Federación ou pola Federación Española de Tenis de Mesa, coa aprobación ou intervención daquela.

Artigo 57

Os representantes dos xuíces/árbitros na Asemblea Xeral serán elixidos por e entre os maiores de 18 anos, dos que teñan licenza en vigor no momento da convocatoria das eleccións e tamén a tivesen, cando menos durante as dúas tempadas anteriores.

CAPÍTULO IX

Elección do presidente

Artigo 58

Unha vez concluídas as eleccións á Asemblea Xeral, o presidente da Comisión Xestora, logo de acordo desta, procederá inmediatamente á convocatoria da devandita Asemblea para elixir ao presidente e a Comisión Delegada da Federación.

O presidente será elixido para un período de catro anos, coincidindo cos anos nos que se celebren os Xogos Olímpicos de Inverno, pola Asemblea Xeral, mediante sufraxio libre, directo, igual e segredo por todos os membros da devandita Asemblea Xeral previa á presentación e aceptación das candidaturas correspondentes que deberán estar avaladas cando menos polo 10 % dos membros da Asemblea Xeral. Os candidatos a presidente poderán non ser membros da Asemblea Xeral.

Artigo 59

Será elixida para a Presidencia a candidatura que obteña a maioría absoluta dos votos emitidos. No caso de que ningunha candidatura alcance esta maioría, procederase a unha segunda votación entre as dúas candidaturas máis votadas e resultará elixida aquela que obteña a maioría de votos. No suposto de que se presentase unha soa candidatura, non se efectuará a votación, e será proclamada electa para a Presidencia a única candidatura pola Xunta Electoral.

Artigo 60

Para ser candidato á Presidencia da Federación deberán reunirse as seguintes condicións:

a) Ser maior de idade e estar en pleno uso dos dereitos civís.

b) Non estar incurso en ningunha sanción deportiva que o inhabilite, ditada polos órganos disciplinarios da Federación ou polo Comité Galego de Xustiza Deportiva.

c) Non ter sido condenado por sentenza xudicial firme que leve anexa pena principal ou accesoria de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de cargos públicos.

Artigo 61

A votación será libre, igual, secreta e directa e non se admitirá o voto por correo, nin a delegación de voto.

CAPÍTULO X

Elección da Comisión Delegada

Artigo 62

Na mesma Asemblea Xeral convocada para a elección da Presidencia, e unha vez realizada esta, procederase á elección dos membros da Comisión Delegada da Asemblea Xeral.

A Comisión Delegada estará composta polo número de membros que fixe o Regulamento electoral, e ademais o presidente da Federación.

Os membros da Comisión Delegada serán elixidos por e entre os integrantes da Asemblea Xeral.

Serán elixidos membros da Comisión Delegada os que obteñan maior número de votos ata cubrir o número de membros necesarios.

TÍTULO VI

Réxime económico

Artigo 63

A Federación está sometida ao réxime de administración, orzamento e patrimonio propio e caixa única.

A Xunta Directiva someterá á Asemblea Xeral as contas anuais, que serán depositadas no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia, xunto co orzamento aprobado, no prazo regulamentariamente establecido.

A Federación elaborará unha memoria que analizará fielmente a actividade económica da Federación, a súa adecuada actuación orzamentaria, o cumprimento dos obxectivos e os proxectos que se van desenvolver, e informará separadamente, cando menos, dos seguintes aspectos:

1. Diferenciación de ingresos e achega segundo:

a) Subvencións públicas.

b) Subvencións, doazóns ou achegas privadas.

c) Venda de activos.

d) Ingresos procedentes de competicións organizadas.

e) Ingresos para servizos prestados pola Federación, permisos, licenzas e outros.

f) Ingresos financeiros.

2. Tamén constará o destino da totalidade dos recursos, distinguindo como mínimo os grupos de custo ou investimentos seguintes:

a) Administración da Federación.

b) Enderezo e servizos da Directiva, incluíndo viaxes.

c) Competicións.

d) Axudas a clubs e outras entidades.

e) Axudas para actos deportivos.

f) Construcións e outros inmobilizados.

g) Formación de deportistas e técnicos.

h) Deportes de elite e profesional.

i) Árbitros.

j) Órganos xurisdicionais.

3. O importe das obrigas de pagamento que é necesario satisfacer noutros exercicios que non estean previstos no balance.

4. O importe das garantías e avais comprometidos.

5. A liquidación do orzamento, que explique as variacións en relación co orzamento aprobado na Asemblea anterior.

As contas anuais e os orzamentos estarán no domicilio social da Federación cunha antelación mínima de quince días á data de celebración da Asemblea Xeral, a disposición das persoas ou entidades con dereito a voto nesta, que poderán pedir copia que lles será entregada antes da celebración da Asemblea.

Artigo 64

Constitúen os ingresos da Federación son:

a) As subvencións ordinarias e extraordinarias da Xunta de Galicia ou as que outras entidades públicas ou privadas poidan concederlle, así como as procedentes, se é o caso, da Federación Española de Tenis de Mesa.

b) Os bens ou dereitos recibidos por herdanza, legado ou doazón de persoas físicas ou entidades particulares, así como os premios que lle sexan outorgados.

c) As cotas dos seus afiliados.

d) As sancións pecuniarias que se lle impoñan aos seus afiliados dentro do exercicio da potestade disciplinaria.

e) Os froitos, as rendas e os xuros dos seus bens patrimoniais.

f) Préstamos ou créditos que se lle concedan.

g) Os beneficios que produzan as actividades e competicións deportivas que organice, así como os derivados dos contratos que realice.

h) Calquera outro que poida serlle atribuído por disposición legal ou en virtude de convenio.

Artigo 65

A Federación destinará a totalidade dos seus ingresos e patrimonio á consecución dos fins propios do seu obxecto social.

Artigo 66

A FGTM ten o seu propio réxime de administración e xestión do orzamento e patrimonio e somete a súa contabilidade e estado económico ou financeiro ás prescricións legais, e son de aplicación en todo caso as seguintes regras:

a) Pode promover e organizar actividades e competicións deportivas dirixidas ao público, debendo aplicar os beneficios económicos ao desenvolvemento do seu obxecto social.

b) Pode gravar e allear os seus bens mobles e inmobles, tomar diñeiro a préstamo e emitir títulos representativos da débeda ou de parte alícuota patrimonial sempre que os ditos negocios xurídicos non comprometan de modo irreversible o patrimonio da entidade do seu obxecto social. No caso de venda ou gravame de bens inmobles cuxa titularidade corresponda á FGTM e que fosen financiados total en todo ou en parte con fondos públicos será necesaria autorización da Administración autonómica.

c) Pode exercer, complementariamente, actividades de carácter industrial, comercial, profesional ou de servizos e destinar os bens e recursos aos mesmos obxectos deportivos, pero en ningún caso poderán repartir beneficios entre os seus membros.

d) Non poderá comprometer gastos de carácter plurianual, durante o seu mandato, ou cando superen o período de mandato do presidente sen autorización previa da Administración deportiva de Galicia. Será preceptiva esta autorización previa cando a natureza do gasto ou a porcentaxe deste en relación co orzamento vulnere os criterios que regulamentariamente se determinen.

Artigo 66.bis

O exercicio económico da Federación coincidirá co ano natural.

TÍTULO VII

Réxime documental

Artigo 67

O réxime documental da Federación comprenderá, como mínimo, os seguintes libros debidamente dilixenciados:

a) Libro rexistro de entrada e saída de documentos e comunicacións oficiais.

b) Libro de rexistro de clubs no que constarán a denominación destes, domicilio social e número de inscrición no rexistro de clubs, federacións e entidades deportivas da Xunta de Galicia.

c) Libros de actas que consignarán as reunións que celebren todos os órganos colexiados da Federación, tanto de goberno e representación como complementarios e técnicos.

d) Libros de contabilidade.

e) Libro inventario de bens mobles e inmobles.

f) Rexistro dos membros da Asemblea Xeral e da Comisión Delegada no que se deberán constar os nomes dos titulares ou representantes legais e os enderezos de correo electrónico ou no seu defecto, os domicilios para as citacións e comunicacións.

Artigo 68

O réxime documental da Federación estará a cargo do secretario, a quen lle corresponde a custodia dos libros da Federación, levantar actas das reunións dos órganos colexiados e, unha vez aprobadas, asinadas co visto e prace do presidente, expedir certificacións, remitir as certificacións e acordos que procedan á Administración deportiva e, en xeral, preparar a resolución e despacho de todos os asuntos.

No caso de ausencia ou incompatibilidade física do secretario, as súas funcións serán desempeñadas polo propio presidente da Federación ou pola persoa en quen delegue.

TÍTULO VIII

Réxime disciplinario e xurisdicional

Artigo 69

A Federación, en materia disciplinaria deportiva, ten potestade sobre todas as persoas que formen parte da súa estrutura orgánica, as entidades deportivas e os seus deportistas, técnicos e directivos, os xuíces e árbitros e, en xeral, todas aquelas persoas e entidades que, estando federadas, desenvolven a actividade deportiva que constitúe o seu obxecto social no ámbito territorial da Comunidade Autónoma galega.

Artigo 70

Os órganos competentes en materia disciplinaria serán:

a) En primeira instancia, un Comité de Competición ou Xuíz Único de Competición.

b) En segunda instancia, un Comité de Apelación.

Ambos os órganos rexeranse por e aplicarán o disposto na Lei do deporte de Galicia e, se é o caso, o Regulamento federativo de disciplina deportiva.

O órgano disciplinario de primeira instancia será ou ben unipersonal, Xuíz Único de Competición, ou ben un Comité de Competición de 3 membros.

O Comité de Apelación estará integrado por 3 membros. Todos os membros serán nomeados pola Presidencia, a quen corresponderá tamén o nomeamento dos presidentes dos comités.

A duración do cargo coincidirá coa da Presidencia que os nomease e durante o dito período só cesarán por renuncia ou dimisión, falecemento, incapacidade física ou psíquica, ou sanción que os inhabilite para o cargo.

Artigo 71

As resolucións ditadas polo Comité de Apelación dentro das súas competencias terán carácter definitivo no ámbito da Federación e poderán ser recorridas ante o Comité Galego de Xustiza Deportiva, conforme a lexislación vixente.

TÍTULO IX

Da modificación dos estatutos e da disolución
da Federación Galega de Tenis de Mesa

Artigo 72

Os estatutos da Federación só poderán ser modificados pola Asemblea Xeral e de acordo co establecido nestes estatutos.

Artigo 73

Aprobada, se é o caso, a modificación dos estatutos pola Asemblea Xeral, reunida con carácter extraordinario, deberá presentarse a aprobación da Administración autonómica antes da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 74

A Federación extinguirase polas seguintes causas:

a) Por acordo da maioría dos 2/3 dos membros da Asemblea Xeral referendado, por maioría absoluta, por todos os membros da Federación a través de votación libre, igual, directa e secreta.

b) Pola revogación do seu recoñecemento.

c) Por resolución xudicial.

d) Por integración ou fusión con outra federación deportiva galega.

e) Polas demais causas que determinen as leis.

Unha vez producida a liquidación, o patrimonio neto destinarase aos fins de carácter deportivo que a Asemblea Xeral previamente acordase debendo redundar, en todo caso, en actividades análogas ás que realizase a FGTM.

O incumprimento do deber de disolver a FGTM cando sexa legalmente procedente dará lugar á exixencia das responsabilidades que correspondan ás persoas titulares dos órganos competentes, sen prexuízo do dereito do correspondente órgano administrativo a instar a súa disolución.