DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 6 de xuño de 2024 Páx. 34331

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ORDE do 23 de maio de 2024 pola que se modifica a autorización do centro privado (CPR) Seminario Diocesano-San Lorenzo, de Lugo.

A titularidade do centro privado (CPR) Seminario Diocesano-San Lorenzo, de Lugo, solicita autorización para impartir o ciclo formativo de grao superior (CS) Hixiene bucodental, na modalidade semipresencial e/ou a distancia.

Conforme a Orde do 2 de xullo de 2021, publicada no Diario Oficial de Galicia do 14 de xullo, o centro conta con autorización para impartir o ciclo solicitado na modalidade presencial.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Real decreto 659/2023, de 18 de xullo, que desenvolve a ordenación do Sistema de Formación Profesional, co Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

Modificar a autorización do CPR Seminario Diocesano-San Lorenzo, para impartir o CS Hixiene bucodental, na modalidade semipresencial e/ou a distancia. O centro queda configurado como se sinala a seguir:

Denominación: CPR Seminario Diocesano-San Lorenzo.

Código: 27006425.

Domicilio: rúa Anxo López Pérez, s/n.

Localidade: Lugo.

Concello: Lugo.

Provincia: Lugo.

Titular: Diocese de Lugo.

Composición resultante:

Modalidade presencial, réxime ordinario:

Educación secundaria obrigatoria: 8 unidades.

Bacharelato: 6 unidades, modalidades: Ciencias e Tecnoloxía; Humanidades e Ciencias Sociais; xeral.

Formación profesional:

• CM Emerxencias sanitarias (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

• CM Guía no medio natural e de tempo libre (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

• CS Hixiene bucodental (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

• CS Acondicionamento físico (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

Modalidade semipresencial e/ou a distancia, réxime de persoas adultas:

• CM Emerxencias sanitarias.

• CS Hixiene bucodental.

Artigo 2. Ordenación académica

1. Ás ensinanzas autorizadas no artigo 1 desta orde na modalidade semipresencial e/ou a distancia, aplicaráselle, en canto sexa axeitado a súa natureza, o previsto na Orde de 5 de novembro de 2010, pola que se establece, con carácter experimental, a ordenación da formación profesional inicial polo réxime para as persoas adultas nas modalidades a distancia e semipresencial.

2. O desenvolvemento dos módulos profesionais organizarase sobre a base da titoría individual e colectiva, que serán atendidas directamente polo profesorado de cada módulo. A titoría individual realizarase preferentemente de xeito telemático; a titoría colectiva terá carácter presencial coa intervención directa do profesorado, nas instalacións do centro docente, e conforme ao artigo 12 da mencionada Orde do 5 de novembro de 2010, as horas semanais de dedicación á titoría colectiva para a realización por parte do alumnado das actividades programadas non poderá ser inferior ao enteiro igual ou inmediatamente superior ao 25 % das horas semanais que se establezan para cada módulo profesional.

A asistencia ás titorías presenciais nas instalacións do centro educativo terá carácter voluntario para o alumnado.

3. Ao longo do período lectivo correspondente, o profesorado de cada módulo profesional realizará un seguimento do desenvolvemento do proceso de ensino e aprendizaxe, utilizando para iso os instrumentos e os procedementos de recollida de información previamente establecidos na programación dos módulos, que deberán ser coñecidos polo alumnado.

A avaliación da aprendizaxe do alumnado será continua a través das actividades que se programen e harmonizarase con probas presenciais teórico-prácticas para cada avaliación parcial, de carácter obrigatorio para o alumnado, e axustadas aos resultados de aprendizaxe e aos criterios de avaliación dos currículos dos módulos profesionais. Ao finalizar o desenvolvemento de cada módulo, realizarase unha proba presencial final de carácter global. Esta proba terá que realizala o alumnado que non superase o módulo mediante as probas presenciais parciais que se realicen ao longo do curso.

4. O profesorado que imparta nas modalidades de distancia e semipresencial disporá das competencias necesarias para o manexo da plataforma de formación a distancia e para realizar o seguimento do proceso de ensino-aprendizaxe do alumnado.

Artigo 3. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Dirección Territorial de Lugo da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación do profesorado que impartirá docencia nos devanditos ciclos, así como o equipamento.

Artigo 4. Inscrición no rexistro de centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 5. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando deban modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas , ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2024

Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia,
Universidades e Formación Profesional