DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 4 de xuño de 2024 Páx. 33813

IV. Oposicións e concursos

Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2024 pola que se aproba a lista definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna separada, no grupo I, categoría titulado/a superior, convocado pola Resolución do 8 de febreiro de 2024, e se fan públicos o lugar, a data e a hora de realización dos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo.

Mediante a Resolución do 8 de febreiro de 2024, o director do consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) convocou o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna separada, no grupo I, categoría titulado/a superior, do cadro de persoal do consorcio ACSUG; de conformidade co establecido no Decreto 143/2023, do 9 de novembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023 (DOG núm. 214, do 10 de novembro).

O día 8 de maio de 2024 publicouse a Resolución do 29 de abril de 2024, do director do consorcio ACSUG, pola que se aproba lista provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas do proceso selectivo (DOG núm. 90, do 8 de maio).

A base I.4.2 da convocatoria establece que as persoas aspirantes excluídas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da dita publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, para poderen emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión. A estimación ou desestimación das ditas peticións de correccións entenderanse implícitas nunha nova resolución da Dirección de ACSUG que será publicada no Diario Oficial de Galicia, pola que se aprobarán as listas definitivas de persoas aspirantes admitidas e excluídas.

A base II.1.2.6 da convocatoria establece que o anuncio de realización dos exercicios publicarase no DOG e no portal web corporativo http://www.acsug.es/gl/acsug/transparencia/persoal, con corenta e oito (48) horas hábiles, polo menos, de antelación á sinalada para o seu inicio.

De conformidade co exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar e publicar a lista definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas.

DNI

Nome

Solicitude

Celga 4

***9595**

Belmonte Otero, Isabel

Admitida

Si

***2196**

Castro Pais, María Dolores

Admitida

Si

***9151**

López Lorenzo, Ana Isabel

Admitida

Si

***2187**

Mallo Rey, Marta María

Admitida

Si

***2227**

Martínez Lafuente, Aitor

Admitida

Si

***9898**

Rico Rey, Francisco

Admitida

Si

***8210**

Velón Sixto, Luis Carlos

Admitida

Si

Segundo. O feito de figurar na relación de persoas admitidas non prexulgará que se lles recoñeza ás persoas aspirantes a posesión dos requisitos exixidos para participar no proceso selectivo. Cando da documentación que deben presentar tras superar o proceso selectivo se desprenda que non posúen algún dos requisitos, as persoas aspirantes decaerán en todos os dereitos que puidesen derivar da súa participación.

Terceiro. Todas as persoas aspirantes acreditaron estar en posesión do título Celga 4 ou título equivalente homologado, polo que, de conformidade co indicado nas bases, quedan exentas de realizar as probas establecidas na base II.1.1.2.

Cuarto. Convocar as persoas aspirantes admitidas con carácter definitivo no concurso-oposición, para a realización do exercicio establecido na base II.1.1.1, na sede de ACSUG, Cidade da Cultura de Galicia, Monte Gaiás, s/n, Edificio Fontán, 2º andar, 15707 Santiago de Compostela; o día 17 de xuño de 2024 ás 10.00 horas.

Quinto. As persoas aspirantes deberán acudir provistas do documento nacional de identidade ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, e de bolígrafo azul ou negro, de tinta indeleble.

Sexto. Durante o tempo fixado para a realización dos exercicios non se poderán utilizar auriculares nin manipular de ningunha maneira aparellos electrónicos, tecnoloxía dixital, telefonía móbil, reloxos ou soportes con memoria. Está prohibido o acceso ao recinto de realización das probas con tales dispositivos.

Sétimo. Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela as persoas interesadas poderán presentar recurso potestativo de reposición ante o Consello Reitor de ACSUG no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou impugnala directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2024

José Eduardo López Pereira
Director do consorcio Axencia para
a Calidade do Sistema Universitario de Galicia