DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 4 de xuño de 2024 Páx. 33811

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2024 pola que se modifica a composición do tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías 3, 5, 6, 9, 35 e 39 do grupo II do persoal laboral da Xunta de Galicia e do persoal laboral propio do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec) (grupo II).

Unha vez presentada as renuncias do secretario titular, dun vogal titular, da secretaria suplente e dunha vogal suplente do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías 3, 5, 6, 9, 35 e 39 do grupo II do persoal laboral da Xunta de Galicia e do persoal laboral propio do Cixtec (grupo II), convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro) e modificado polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro), e de conformidade co establecido nas bases da dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Aceptar as renuncias presentadas por Rubén Plaza Martínez como secretario titular, Francisco Javier Paz Montero como vogal titular, María Yolanda Blanco Varela como secretaria suplente e María Corral López como vogal suplente do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías 3, 5, 6, 9, 35 e 39 do grupo II do persoal laboral da Xunta de Galicia e do persoal laboral propio do Cixtec (grupo II).

Segundo. Nomear no seu lugar como secretario titular do dito tribunal a Francisco Javier Paz Montero, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2; como vogal titular a Rubén Plaza Martínez, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1; como secretaria suplente a María Corral López, persoal funcionaria do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, e como vogal suplente a María Yolanda Blanco Varela, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2024

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal