DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 4 de xuño de 2024 Páx. 33816

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega da Calidade Alimentaria

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2024 pola que se aproba a lista definitiva de admitidos do proceso selectivo extraordinario de estabilización, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na praza de persoal laboral fixo referenciada no anexo I do Decreto 79/2022, do 25 de maio, polo que se aproba a oferta de emprego público extraordinaria de prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia, correspondente ao proceso de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, e de prazas de persoal laboral obxecto de funcionarización, de conformidade coa Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

No DOG do 29 de decembro de 2022 publicouse o Anuncio do 28 de decembro de 2022 polo que se convoca o proceso selectivo para a cobertura, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, dunha praza de técnico/a I licenciado en Ciencias Económicas (categoría 004 do grupo I) con destino na xerencia da Axencia Galega da Calidade Alimentaria.

Consonte a indicación do anuncio, as bases do proceso de selección e os sucesivos anuncios desta convocatoria publícanse no enderezo electrónico e no taboleiro de anuncios da Axencia Galega da Calidade Alimentaria: https://mediorural.xunta.gal/gl/conselleria/organismos-adscritos/axencia-galega-da-calidade-alimentaria/documentacion

O prazo de presentación de solicitudes, de 20 días hábiles, iniciouse o 16.1.2023, ás 00.00.00 horas, e rematou o 10.2.2023 ás 23.59.59. Transcorrido este prazo, de acordo coa prescrición do artigo 7 das bases, o día 1.3.2023 publicouse a lista provisional de admitidos e excluídos, así como a lista de aspirantes pendentes de acreditar a posesión do título Celga 4, e abriuse un prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación, para a presentación de emendas. Rematado o prazo outorgado sen constar ningunha emenda, cómpre publicar a lista definitiva.

Por todo o exposto, no exercicio das competencias previstas no artigo 19 do Decreto 52/2018, polo que se crea a Axencia Galega da Calidade Alimentaria e se aproban os seus estatutos,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobación das listas definitivas

Aprobar e publicar a lista definitiva de aspirantes admitidos para cubrir, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, a citada praza de persoal laboral da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, identificada no Decreto 79/2022, do 25 de maio:

Castro Lodeiro, Fernando ***2694** Celga 4 Si

Alonso Abraldes, Raquel ***5509** Celga 4 Si

Segundo. Entrada en vigor

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Impugnación

Contra esta resolución, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de reposición, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ante o presidente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, nos termos previstos nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, perante o órgano competente da orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, nos termos previstos na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2024

José Luis Cabarcos Corral
Director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria