DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 4 de xuño de 2024 Páx. 33818

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega da Calidade Alimentaria

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2024 pola que se nomea o tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na praza de persoal laboral fixo referenciada no anexo I do Decreto 79/2022, do 25 de maio, polo que se aproba a oferta de emprego público extraordinaria de prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia, correspondente ao proceso de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, e de prazas de persoal laboral obxecto de funcionarización, de conformidade coa Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Unha vez convocado o proceso selectivo para a cobertura, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, dunha praza de técnico/a I licenciado en ciencias económicas (categoría 004 do grupo I) con destino na Xerencia da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, e aprobada a resolución definitiva de admitidos, o presidente da Axencia, no exercicio das competencias previstas no artigo 19 do Decreto 52/2018, polo que se crea a Axencia Galega da Calidade Alimentaria e se aproban os seus estatutos,

RESOLVE:

Nomear o seguinte tribunal para cualificar o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, dunha praza de técnico/a I licenciado en ciencias económicas (categoría 004 do grupo I):

Presidenta: Ascensión Labella Lozano.

Suplente: Inés Chao Vega.

Secretario: Ángel Romero Baleirón.

Suplente: Marcos González Rodríguez.

Vogal: Ricardo Rivas Barros.

Suplente: Ana María Rodríguez Torres.

Vogal: Manuel López Luaces.

Suplente: Marta Forés Lojo.

Vogal: Alba Montoiro González.

Suplente: Sabela Pardo Rodríguez.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2024

José Luis Cabarcos Corral
Director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria