DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 3 de xuño de 2024 Páx. 33556

III. Outras disposicións

Axencia Galega da Industria Forestal

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2024 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2024.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega da Industria Forestal no primeiro cuadrimestre do ano 2024, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2024

Jacobo José Aboal Viñas
Director da Axencia Galega da Industria Forestal

ANEXO I

Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega
da Industria Forestal no primeiro cuadrimestre do ano 2024

Convenio

Data da sinatura

Achega económica da Axencia

Segunda addenda de modificación do Convenio de colaboración entre a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), o Clúster da Madeira e do Deseño de Galicia, a Asociación Provincial de Empresarios da Primeira Transformación da Madeira de Lugo e a Federación Empresarial de Aserradoiros e Rematantes de Madeiras de Galicia para a elaboración do Plan estratéxico da industria forestal-madeira de Galicia.

11.3.2024

218.000,00 €