DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 3 de xuño de 2024 Páx. 33554

III. Outras disposicións

Axencia Galega da Industria Forestal

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2024 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo e terceiro cuadrimestre do ano 2023.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega da Industria Forestal no segundo e terceiro cuadrimestre do ano 2023, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2024

Jacobo José Aboal Viñas
Director da Axencia Galega da Industria Forestal

ANEXO I

Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega
da Industria Forestal no segundo e terceiro cuadrimestre do ano 2023

Convenio

Data da sinatura

Achega económica da Axencia

Convenio entre a Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal (DXPOF), a Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal), a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) e o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde) polo que se lle conceden subvencións autonómicas ao Inorde, para a participación activa do Centro de Desenvolvemento Agroforestal de Riós no desenvolvemento dun Programa específico de identificación, restauración e promoción da xestión forestal activa e sustentable, durante os anos 2023 e 2024.

10.7.2023

40.000,00 €

Addenda de modificación do convenio plurianual de colaboración entre a Axencia Galega da Industria Forestal e a Universidade de Vigo para o estudo, desenvolvemento e demostración de elementos de madeira para a mitigación acústica.

17.10.2023

65.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), o Clúster da Madeira e do Deseño de Galicia, a Asociación Provincial de Empresarios da Primeira Transformación da Madeira de Lugo e a Federación Empresarial de Aserradoiros e Rematantes de Madeiras de Galicia para a elaboración do Plan estratéxico da industria forestal-madeira de Galicia.

25.10.2023

120.000,00 €

Addenda de modificación do Convenio de colaboración entre a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), o Clúster da Madeira e do Deseño de Galicia, a Asociación Provincial de Empresarios da Primeira Transformación da Madeira de Lugo e a Federación Empresarial de Aserradoiros e Rematantes de Madeiras de Galicia para a elaboración do Plan estratéxico da industria forestal-madeira de Galicia.

15.12.2023

Sen achega

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega da Industria Forestal e a Fundación Semana Verde de Galicia para a organización da VII edición da Feira Bienal Galiforest.

20.12.2023

103.000,00 €