DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 3 de xuño de 2024 Páx. 33552

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

EXTRACTO da Orde do 22 de maio de 2024 pola que se regulan as bases e a convocatoria para o ano 2024 das axudas, en réxime de concorrencia competitiva ás persoas armadoras e non competitiva ás persoas tripulantes, por paralización temporal da actividade percebeira das embarcacións afectadas pola veda temporal dos bancos marisqueiros incluídos no Plan de xestión de percebe desde embarcación da Confraría de Bueu, cofinanciadas ao 70 % polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (códigos de procedemento PE406C e PE406D).

BDNS (Identif:): 764434.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das axudas por paralización temporal da actividade percebeira dos bancos marisqueiros incluídos no Plan de xestión de percebe desde embarcación da Confraría de Bueu, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases reguladoras, as persoas que teñan a condición de persoas armadoras e persoas tripulantes dunha embarcación afectada pola paralización temporal da actividade percebeira.

Segundo. Finalidade

Esta orde ten por finalidade compensar os efectos da medida de conservación da veda temporal de extracción do percebe desde embarcación nos bancos marisqueiros incluídos no Plan de xestión de percebe desde embarcación da Confraría de Bueu.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 22 de maio de 2024 pola que se regulan as bases e a convocatoria para o ano 2024 das axudas, en réxime de concorrencia competitiva ás persoas armadoras e non competitiva ás persoas tripulantes, por paralización temporal da actividade percebeira das embarcacións afectadas pola veda temporal dos bancos marisqueiros incluídos no Plan de xestión de percebe desde embarcación da Confraría de Bueu, cofinanciadas ao 70 % polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (códigos de procedemento PE406C e PE406D).

Cuarto. Importe

Para o ano 2024 as axudas concederanse con cargo á seguinte aplicación orzamentaria, que figura dotada no orzamento de gastos da Consellería do Mar para o ano 2024, e o importe total máximo das subvencións que se concederán no dito exercicio orzamentario é o seguinte:

– Aplicación orzamentaria: 46.02.723A.770.0.

– Código de proxecto 2024.00143, para paralización temporal da actividade pesqueira.

– Importe total: 100.000,00 €, segundo as seguintes contías por liña de axuda:

PE406C, axudas pola paralización temporal da actividade percebeira das embarcacións afectadas-persoas armadoras: 50.000 €.

PE406D, axudas pola paralización temporal da actividade percebeira das embarcacións afectadas-persoas tripulantes: 50.000 €.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes de axuda será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2024

Marta Barreiro Castro
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar