DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Venres, 31 de maio de 2024 Páx. 33228

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 20 de maio de 2024 polo que se notifica a resolución da execución subsidiaria da orde de demolición (expediente 107B-2009/112).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o 10 de abril de 2024, ditou resolución pola que se notifica a resolución de execución subsidiaria da orde de demolición expediente número 107B-2009/112.

Ao non poderse realizar a notificación persoal desta resolución á persoa titular do documento nacional de identidade número 32792386K, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada a devandita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á persoa interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase efectuada.

Contra a dita resolución, que pon fin á vía administrativa, a persoa interesada pode interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se produciu a notificación, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, significándolle que o recurso unicamente será admisible por motivos de infracción do ordenamento xurídico inherentes á execución subsidiaria, sendo motivo de inadmisión a reiteración das mesmas razóns que se esgrimiron ou que puideron esgrimirse fronte á resolución administrativa firme da que este acordo é un mero acto de execución.

Se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poderá interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste, e lle sirva de notificación á persoa interesada en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2024

María Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística