DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Venres, 31 de maio de 2024 Páx. 33230

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 29 de abril de 2024, da Zona Norte, polo que se somete a información pública a solicitude presentada por Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. de modificación substancial por incremento de superficie de concesión administrativa no porto de Foz con destino á ocupación do DPP en superficie e soterrado para construción de centros de transformación e liña de baixa tensión para fornecemento de electricidade (expediente 14-03-16-C-1).

O día 26 de abril de 2024, o presidente de Portos de Galicia acordou iniciar o trámite de modificación substancial por incremento de superficie da concesión administrativa outorgada a Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (Begasa) no porto de Foz con destino á ocupación do DPP en superficie e soterrado para construción de centros de transformación e liña de baixa tensión para fornecemento de electricidade, de acordo coa solicitude presentada polo concesionario.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Xefatura da Zona Norte, sitas na r/ Nicomedes Pastor Díaz, nº 13, 27001 Lugo, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 29 de abril de 2024

Antonio López Fernández
Xefe da Zona Norte