DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Xoves, 30 de maio de 2024 Páx. 32935

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2024, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 21 de marzo de 2024, polo que se outorga a declaración de utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade con diversos dereitos mineiros e aproveitamentos forestais, das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Orballeira, sito nos concellos da Rúa, Vilamartín de Valdeorras (Ourense) e Quiroga (Lugo), promovido por Sinagra Investments, S.L. (expediente IN408A 2020/006).

En cumprimento do disposto no artigo 34 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, publícase como anexo a esta resolución o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 21 de marzo de 2024, polo que se outorga a declaración de utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade con diversos dereitos mineiros e aproveitamentos forestais, das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Orballeira, sito nos concellos da Rúa, Vilamartín de Valdeorras (Ourense) e Quiroga (Lugo) e promovido por Sinagra Investments, S.L. (expediente IN408A 2020/006).

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2024

Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

ANEXO

Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 21 de marzo de 2024 polo que se outorga a declaración de utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade con diversos dereitos mineiros e aproveitamentos forestais, das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Orballeira, sito nos concellos da Rúa, Vilamartín de Valdeorras (Ourense) e Quiroga (Lugo) e promovido por Sinagra Investments, S.L. (expediente IN408A 2020/006)

Examinado o expediente iniciado por solicitude de Sinagra Investments, S.L. en relación coa declaración de utilidade pública, así como a compatibilidade con diversos dereitos mineiros e aproveitamentos forestais do parque eólico Orballeira, constan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro. Por Resolución do 12 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, outorgáronse autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción ás instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Orballeira, sito nos concellos da Rúa, Vilamartín de Valdeorras (Ourense) e Quiroga (Lugo) e promovido por Sinagra Investments, S.L.

Segundo. O 6.6.2023 o promotor, Sinagra Investments, S.L. solicitou a declaración de utilidade pública para o parque eólico Orballeira, achegando a correspondente relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados, para dar cumprimento ao establecido no artigo 44.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Terceiro. Mediante a Resolución do 24 de xullo de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, someteuse a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, do proxecto do parque eólico Orballeira, sito nos concellos da Rúa, Vilamartín de Valdeorras (Ourense) e Quiroga (Lugo) e promovido por Sinagra Investments, S.L.

A dita resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia número 146, do 2 de agosto de 2023 e nos xornais El Progreso o 2 de agosto e La Región o 2 de agosto. Así mesmo, remitíuselle para a exposición ao público nos taboleiros de anuncios dos concellos afectados (A Rúa, Vilamartín de Valdeorras e Quiroga), e permaneceu exposto ao público nas dependencias da Consellería de Economía, Industria e Innovación das xefaturas territoriais de Lugo e Ourense, que emitiron os correspondentes certificados de exposición pública.

Asemade, a dita resolución estivo exposta no portal web da Consellería de Economía, Industria e Innovación.

Durante o trámite de información pública, así como durante a tramitación do expediente presentáronse alegacións, as cales foron remitidas e contestadas pola promotora.

Cuarto. O 28.7.2023 e o 14.9.2023, o Servizo de Propiedade Forestal remitiulle á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais informes dos servizos de montes da Consellería do Medio Rural das provincias de Lugo e Ourense do 1.9.2023 e do 26.7.2023, respectivamente, en relación cos aproveitamentos forestais afectados polo parque eólico, indicando que o proxecto afecta a:

• A CMVMC de Coto de Cereixido.

• A CMVMC de Fiais.

• A CMVMC de Cadavedos.

• A CMVMC de Serra da Artesiña.

• A CMVMC de Vilar de Mondelo.

• A CMVMC de Biscobio.

• A CMVMC de Encinos e Torgueiras.

• A CMVMC de Chao da Casa.

• A CMVMC de Vilaster.

• A CMVMC de Ermidón, Ivedo e San Miguel.

• A CMVMC de Bendilló.

Quinto. O 5.9.2023, a Xefatura Territorial de Lugo emitiu informe en que indica que o parque eólico Orballeira non afecta a ningún dereito mineiro vixente na provincia de Lugo e que non procede, polo tanto, en termos da vixente normativa en materia de minas, ningún trámite de compatibilidade.

Sexto. O 14.9.2023, a Xefatura Territorial de Ourense emitiu informe en que indica que o parque eólico Orballeira está proxectado en terreos afectados polos seguintes dereitos mineiros:

• Permiso de investigación Manuela I núm. 4490.

Sétimo. O 14.11.2023, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais efectuou o trámite de audiencia previsto no artigo 45.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, co titular do dereito mineiro afectado (permiso de investigación Manuela I núm. 4490 e titular Francisco Rodríguez Arias) de acordo co informe do Servizo de Enerxía e Minas de Ourense recollido no antecedente de feito sexto, e concedeulles un prazo de quince días para presentar as alegacións que considerasen oportunas. Durante o dito prazo non presentaron alegacións.

Oitavo. O 14.11.2023, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais efectuou o trámite de audiencia previsto no artigo 45.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, cos titulares dos montes veciñais en man común afectados (Coto de Cereixido, Fiais, Cadavedos, Serra da Artesiña, Vilar de Mondelo, Biscobio, Encinos e Torgueiras, Chao da Casa, Vilaster, Ermidón, Ivedo e San Miguel, Bendilló) de acordo cos informes dos servizos de montes de Lugo e Ourense recollidos no antecedente de feito cuarto, e concedeulles un prazo de quince días para presentar as alegacións que considerasen oportunas. As comunidades de montes veciñais en man común afectadas non presentaron alegacións.

Noveno. O 4.1.2024, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais solicitou a Dirección Xeral de Ordenación Forestal o informe sobre a compatibilidade ou incompatibilidade dos aproveitamentos forestais afectados polo parque eólico Orballeira nas provincias de Ourense e Lugo.

Décimo. O 12.2.2024, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais recibiu do Servizo de Propiedade Forestal informes dos servizos de montes das xefaturas territoriais de Ourense do 5.2.2024 e de Lugo do 29.1.2024 en relación co artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, informando favorablemente sobre a compatibilidade dos aproveitamentos forestais do proxecto do parque eólico Orballeira, exceptuando a superficie en que se cambie a clasificación do solo por motivo da súa instalación, e sempre que se cumpra a lexislación vixente sobre a xestión da biomasa dentro da poligonal de ocupación do parque.

Décimo primeiro. O 26.12.2023, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais recibiu do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Ourense informe en relación co artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, no que conclúe indicando: «non se dá ningunha das limitacións á constitución de servidumes as que se refire o artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica».

Décimo segundo. O 27.2.2024, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais recibiu do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Lugo informe en relación co artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, no que conclúe indicando: «informa que, tras visitar o día 22 de febreiro de 2024 os terreos polos que discorre o parque eólico proxectado (exclusivamente no que se refire ás infraestruturas que afectan a provincia de Lugo), non se apreciou limitación para a expropiación dos terreos e imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica nas parcelas que se describen na relación de ben e dereitos afectados conforme o disposto nos artigos 58 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica».

Aos antecedentes de feito descritos sonlle de aplicación os seguintes

Fundamentos de dereito.

Primeiro. O Consello da Xunta de Galicia é competente para resolver este procedemento con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia e na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro), pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), polo artigo 39 da Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG núm. 251, do 31 de decembro)e polo artigo 46 da Lei 7/2022, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG núm. 248, do 30 de decembro).

Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas vixentes de aplicación.

Terceiro. En relación coas alegacións presentadas durante a tramitación do expediente de declaración de utilidade pública, visto o seu contido e as respostas efectuadas pola promotora, cómpre manifestar o seguinte:

– No caso de alegacións presentadas con posterioridade á declaración de impacto ambiental, inadmítense, de conformidade co artigo 23 da Lei 21/2013, do 9 decembro, de avaliación ambiental, por presentárense fóra dos prazos de información pública e consultas regulados nos artigos 21 e 22 da devandita lei.

– No caso de escritos recibidos de oposición á declaración de impacto ambiental do 30.12.2022, segundo o establecido no artigo 41 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, a declaración de impacto ambiental non será obxecto de recurso sen prexuízo dos que, de ser o caso, procedan en vía administrativa e xudicial fronte ao acto polo que se autoriza o proxecto.

Cuarto. No que respecta á compatibilidade do parque eólico cos dereitos mineiros afectados, e de acordo co establecido no artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, finalizado o trámite de audiencia co titular do dereito mineiro afectado mencionado no antecedente de feito sexto (permiso de investigación Manuela I núm. 4490), o 13.3.2024 a Sección de Minas da Xefatura Territorial de Ourense remitiulle á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais informe sobre a compatibilidade dos dereitos mineiros afectados que se transcribe a continuación:

«Infórmase a compatibilidade entre o permiso de investigación Manuela I núm. 4490 e o parque eólico Orballeira».

Quinto. No que respecta á compatibilidade do parque eólico cos montes afectados, e de acordo co establecido no artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, finalizado o trámite de audiencia coas CMVMC de Coto de Cereixido, Fiais, Cadavedos, Serra da Artesiña, Vilar de Mondelo, Biscobio, Encinos e Torgueiras, Chao da Casa, Vilaster, Ermidón, Ivedo e San Miguel, Bendilló o 28.2.2024 o Servizo de Propiedade Forestal remítelle á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais informes dos servizos de montes das xefaturas territoriais de Ourense do 5.2.2024 e de Lugo do 29.1.2024 que, respectivamente, se transcriben a continuación:

«Polo exposto anteriormente e en cumprimento do artigo 53 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, e do disposto no artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, infórmase favorablemente sobre a compatibilidade da infraestrutura parque eólico Orballeira, exceptuando a superficie na que se cambie a clasificación do solo por motivo da súa instalación, e sempre que se cumpra a lexislación vixente sobre a xestión da biomasa dentro da poligonal de ocupación do parque, así como os compromisos en materia de subvencións indicados».

«En cumprimento do artigo 53 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, infórmase favorablemente sobre a compatibilidade do parque eólico Orballeira (IN408A 2019/079), sempre que se cumpra a lexislación vixente sobre a xestión da biomasa por parte do promotor durante toda a súa vida útil, no termo municipal de Quiroga».

De acordo co exposto, e no exercicio das competencias que ten atribuídas, proponse que o Consello da Xunta de Galicia adopte o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Declarar a utilidade pública, en concreto, das instalacións do proxecto do parque eólico Orballeira, segundo o previsto nos artigos 54 e 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 (BOE núm. 351, do 17 de decembro) en relación coas parcelas recollidas no anexo I desta resolución.

Segundo. Declarar a compatibilidade do parque eólico co dereito mineiro afectado: permiso de investigación Manuela I núm. 4490.

Terceiro. Declarar a compatibilidade do parque eólico cos montes veciñais en man común afectados: Coto de Cereixido, Fiais, Cadavedos, Serra da Artesiña, Vilar de Mondelo, Biscobio, Encinos e Torgueiras, Chao da Casa, Vilaster, Ermidón, Ivedo e San Miguel, Bendilló.

A presente autorización axustarase ao cumprimento das seguintes condicións:

1. Tal e como queda recollido nos informes do 5.2.2024 e do 29.1.2024 emitidos polos servizos de montes das xefaturas territoriais de Ourense e Lugo, respectivamente, mencionados no antecedente de feito décimo, debe cumprise a lexislación vixente sobre a xestión da biomasa dentro da poligonal de ocupación do parque durante toda a súa vida útil.

2. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia de acordo co establecido no artigo 34.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Contra este acto, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación deste acordo, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

ANEXO I

Relación de bens e dereitos afectados parque eólico Orballeira

Núm. de orde

Propietario

Enderezo

Datos catastrais

Lugar

Cultivo

Pleno dominio

Afeccións (m²)

Servidumes

Ocup. temp.

Serv. forestal
(m²)

Referencia catastral

Pol.

Par.

Cim.
(m²)

Plat. aero
(m²)

T. met.
(m²)

Centro sec./subestación
(m²)

Vieiro
(m²)

Gabia
(m²)

Voo
(m²)

Concello: Quiroga (Lugo)

2PE

CMVMC Coto de Cereixido

LG Cereixido, s/n, 27115 Cereixido (Lugo)

27050A021000280000SO

21

28

Coto de Cereixido

MT-matogueira

E-pastos

MM-piñeirable madeirable

-

-

-

-

5.644,30

1.614,22

-

1.923,69

2.612,02

3PE

CMVMC Fiais

LG Fiais, s/n, 27115 Fiais (Lugo)

27050A021000290000SK

21

29

Fiais

MM-piñeirable madeirable

MT-matogueira

E-pastos

-

-

-

-

2.462,85

668,23

-

763,8

877,37

4PE

CMVMC Cadavedos

LG Villaester, 27390 Villaster (Lugo)

27050A021000340000SD

21

34

Villaster

MM-piñeirable madeirable

MT-matogueira

E-pastos

-

-

-

-

4.397,76

1.189,72

-

1.448,71

2.001,00

6PE

CMVMC Cadavedos

LG Villaester, 27390 Villaster (Lugo)

27050A021000330000SR

21

33

Villaster

MM-piñeirable madeirable

MT-matogueira

E-pastos

-

-

-

-

4.023,64

908,73

-

1.156,84

1.324,67

7PE

CMVMC Fiais

LG Fiais, s/n, 27115 Fiais (Lugo)

27050A021000300000SM

21

30

Fiais

MT-matogueira

MM-piñeirable madeirable

E-pastos

-

-

-

-

7.421,71

1.915,76

-

2.233,48

2.632,19

9PE

CMVMC Cadavedos

LG Villaester, 27390 Villaster (Lugo)

27050A021000320000SK

21

32

Villaster

MT-matogueira

-

-

-

-

1.819,38

537,06

-

594,02

808,77

Afeccións parque eólico en metros cadrados (m2):

• Superficie de pleno dominio:

– Cimentación (Cim.): cimentación do aeroxerador.

– Plataforma (Plat.): plataforma de montaxe do aeroxerador.

– Torre (Torre.): torre meteorolóxica.

• Servidume de paso:

– Vieiro: dereito de paso polas vías en que circularán os transportes para a construción, vixilancia, conservación e reparación das instalacións do parque eólico.

– Gabia: servidume de paso da liña eléctrica soterrada.

• Servidume de voo das pas dos aeroxeradores (voo aero).

• Outras afeccións:

– Ocupación temporal (ocup. temp.): ocupación de terreos durante o período de duración das obras. Serve temporalmente como provisión de materiais, montaxe de guindastres, provisión de pas e outros compoñentes dos aeroxeradores, etc.