DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Xoves, 30 de maio de 2024 Páx. 32934

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 2 de maio de 2024, da Dirección Territorial de Vigo, polo que se fai pública a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños número 1055-5503.

Mediante este anuncio faise público que, pola Resolución da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería do Mar do 23 de abril de 2024, se autorizou a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños que a seguir se describe:

Identificación e localización: parcela número 1055-5503 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 997,19 m2.

Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22 de abril).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).

Tipo de transmisión: mortis causa (mediante pacto sucesorio de mellora).

Actual titular: Ángel Doval Portas (***8277**).

Novos titulares: Joaquín Doval Irago (***5276**) e Ángel Doval Irago (***3926**).

Os novos titulares subróganse no prazo, nos dereitos e nas obrigas do anterior.

Vigo, 2 de maio de 2024

Sonia Lorenzo Santos
Directora territorial de Vigo