DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 24 de maio de 2024 Páx. 31380

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2024 pola que se fai público o financiamento, cos fondos do Mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR), do contrato administrativo da obra de mellora do abastecemento do sistema da marxe dereita da ría de Arousa. Ampliación da estación de tratamento de augas potables do sistema de abastecemento ao Barbanza, Padrón (A Coruña). Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (expediente AUG-2023-0016).

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas por estes, anexo IX do Regulamento (UE) núm. 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os ditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de Apoio Financeiro á Xestión de Fronteiras e a Política de Visados, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a seguir se indica:

1. Poder adxudicador:

1.1) Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia.

1.2) Número de identificación fiscal: Q1500378C.

1.3) Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.

1.4) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

1.5) Código NUTS: ES111 (A Coruña).

1.6) Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.7) Fax: 981 95 74 03.

1.8) Teléfono: 981 95 74 01.

1.9) Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

1.10) Perfil de contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante dende a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible, así mesmo, no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, no Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, na Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es, por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas, e na páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:

2.1) Tipo: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.

2.2) Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

3. Códigos CPV: 45252126-7 (traballos de construción de planta de tratamento de auga potable).

4. Código NUTS do lugar principal do servizo: ES111 Padrón (A Coruña).

5. Descrición do obxecto da licitación: obra de mellora do abastecemento do sistema da marxe dereita da ría de Arousa. Ampliación da estación de tratamento de augas potables do sistema de abastecemento ao Barbanza. Padrón (A Coruña). Referencia de expediente: AUG-2023-0016.

A prestación comprende a execución da obra referida co obxecto de garantir a adecuada prestación do servizo público de abastecemento en alta a través da xestión do conxunto de infraestruturas localizadas no termo municipal de Padrón, coa finalidade de contribuír ao efectivo cumprimento dos obxectivos de abastecemento e garantía da subministración en calidade, respectando os parámetros de calidade das augas para consumo humano exixidos pola normativa de aplicación, e en cantidade, que se pretenden alcanzar coa súa execución.

As obras consisten en incrementar a capacidade de tratamento das instalacións da estación de tratamento de augas potables (ETAP) de Padrón mediante a execución da obra de mellora obxecto desta contratación, co fin de solucionar os problemas de limitación da planta, eliminando ou minimizando os riscos existentes e adaptando as instalacións, e o futuro escenario de previsible incremento da demanda municipal de auga potable do sistema e, deste xeito, garantir unha adecuada e correcta prestación do servizo municipal básico de abastecemento en alta que, no que ao termo municipal de Padrón se refire, vén prestando a entidade pública empresarial Augas de Galicia en réxime de colaboración co Concello de Padrón; con esta actuación darase servizo a unha poboación estimada de 89.503 habitantes equivalentes no ano horizonte 2044.

6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, suxeito a regulación harmonizada, polo trámite ordinario e anticipado do gasto.

7. Orzamento base de licitación: importe neto: 7.400.581,78 euros. Importe total: 8.954.703,95 euros.

8. Valor estimado do contrato: 7.400.581,78 euros; coincide co orzamento base de licitación sen IVE.

9. Prazo de execución do contrato: 18 meses.

10. Criterios de adxudicación:

10.1) Adxudicación do contrato: realizarase tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares para os efectos de determinar a mellor oferta como resultado da valoración global das proposicións.

10.2) Criterios de adxudicación: proposición económica (ponderación 41 %), memoria descritiva do proceso de execución da obra (ponderación 17 %), programa de construción da obra (ponderación 12 %), medidas para o impulso demográfico (ponderación 10 %), plan de control de calidade da execución da obra (ponderación 8 %), plan de proba dos equipamentos electromecánicos ou automatismos (ponderación 6 %), memoria das condicións ambientais de execución da obra e xestión de residuos (ponderación 4 %) e melloras de índole técnica vinculadas á execución da obra (ponderación 2 %).

11. Data da adxudicación do contrato: 6 de febreiro de 2024.

12. Número de ofertas recibidas:

12.1) Ofertas totais: 10.

12.2) Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 9.

12.3) Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.

12.4) Ofertas por vía electrónica: si.

13. Data de formalización ou celebración do contrato: 6 de marzo de 2024.

14. Empresa contratista:

14.1) Nome da empresa ou, de ser o caso, UTE: Espina Obras Hidráulicas, S.A. & Vázquez y Reino, S.L.

14.2) NIF: U70715867.

14.3) Enderezo: avenida de Razo, 22, baixo, 15100 Carballo (A Coruña).

14.4) Código NUTS: ES111 (A Coruña).

14.5) Correo electrónico: construc@vazquezyreino.com

14.6) Fax: 981 75 55 32.

14.7) Teléfono: 981 75 57 88.

14.8) Pequena ou mediana empresa: si, unha das empresas que forma parte da UTE: Vázquez y Reino, S.L.

15. Valor da oferta seleccionada: importe neto: 6.997.250,07 euros. Importe total: 8.466.672,58 euros.

16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:

Actuación financiada no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, cos fondos do Mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR) dentro do marco do dito plan en política panca II: infraestruturas e ecosistemas resilientes; compoñente 5: preservación do litoral e recursos hídricos; medida: investimento 1 (C5.I1): materialización de actuacións de depuración, saneamento, eficiencia, aforro, reutilización e seguridade de infraestruturas (DSEAR); obxectivo 76: infraestruturas de tratamento de augas e augas residuais melloradas. Subproxecto 12: mellora do abastecemento e redución de perdas en redes de pequenos e medianos municipios.

O Mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR) é o elemento central de NextGenerationEU, do que forma parte, cuxo obxectivo é mitigar o impacto económico e social da pandemia do coronavirus e facer que as economías e sociedades europeas sexan máis sustentables e resilientes e estean mellor preparadas para os retos e as oportunidades das transicións ecolóxica e dixital. Os seus fondos canalízanse a través do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

O Instrumento europeo de recuperación, tamén denominado NextGenerationEU, é un instrumento financeiro temporal de recuperación concibido para impulsar a recuperación, que contribuirá a reparar os danos económicos e sociais inmediatos causados pola pandemia do coronavirus. A Europa posterior á COVID-19 será unha Europa máis ecolóxica, máis dixital, máis resiliente e mellor adaptada aos retos actuais e futuros.

17. Servizo do que se pode obter información sobre o contrato formalizado:

17.1) Nome: Contratación de Augas de Galicia.

17.2) Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.

17.3) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

17.4) Código postal: 15781.

17.5) Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

17.6) Fax: 981 95 74 03.

17.7) Teléfonos: 981 95 74 01.

18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: DOUE núm. 2023/S 018-049154, do 25 de xaneiro de 2023 (modificación no DOUE núm. 2023/S 023-066211, do 1 de febreiro de 2023).

19. Información acerca do Acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo Acordo sobre contratación pública.

20. Outras informacións:

Data de envío do anuncio de licitación ao Diario Oficial de la Unión Europea: 20 de xaneiro de 2023.

Publicidade do anuncio de licitación no Diario Oficial de la Unión Europea: 25 de xaneiro de 2023.

Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 20 de xaneiro de 2023. Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 6 de febreiro de 2024.

Publicidade do contrato formalizado co contratista no perfil de contratante: 7 de marzo de 2024.

Publicidade do anuncio de formalización do contrato no Diario Oficial de la Unión Europea: 20 de marzo de 2024.

Publicidade do anuncio de formalización do contrato no perfil de contratante: 20 de marzo de 2024.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2024

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia

missing image file