DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 24 de maio de 2024 Páx. 31386

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 9 de abril de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica da Mariña, polo que se somete a información pública unha solicitude de autorización de obras no concello de Foz (expediente DH.W27.89672).

En cumprimento do previsto no artigo 78.ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de obras:

Solicitante: Vicente Rodríguez Durán.

DNI: ***4863**.

Expediente: DH.W27.89672.

Lugar: A Barrosa.

Parroquia: Nois (San Xiao).

Concello: Foz.

Descrición das actuacións:

As obras solicitadas consisten na demolición dunha construción con uso de bodega e na construción de varios cerramentos na parcela con referencia catastral 27019A03609000, na zona de policía do regato da Lagoa.

O proxecto pode consultarse na sección «Participación pública» do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rolda da Muralla, 70, 2º, 27071 Lugo, solicitando cita previa no teléfono 982 29 44 14.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 9 de abril de 2024

Rocío Carreira Carral
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica da Mariña