DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 23 de maio de 2024 Páx. 31121

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas, pola que se outorgan as autorizacións administrativas previa e de construción e se declara a utilidade pública, en concreto, da infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica correspondente á substitución do apoio número 15 da LAT 132 kV San Marcos-Sabón, nos concellos de Culleredo e A Coruña (A Coruña), e que promove UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2023/004-1).

Feitos:

1. O 5.1.2023, UFD Distribución Electricidad, S.A. (en diante, o promotor) presentou, ante a Xefatura Territorial da Coruña desta consellería (en diante, xefatura territorial), a solicitude de autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, da infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica correspondente á substitución do apoio nº 15 da LAT 132 kV San Marcos-Sabón, nos termos municipais de Culleredo e A Coruña (A Coruña), á que se lle asignou o número de expediente IN407A 2023/004-1. Esta solicitude acompañouse da seguinte documentación técnica:

• Proxecto de execución denominado LAT 132 kV San Marcos-Sabón substitución AP.15, asinado o 9.11.2022 polo enxeñeiro industrial Ricardo lago Alonso (colexiado nº 2.221 do Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia –ICOIIG–) e visado por este colexio, co nº 20223451 e coa data do 14.11.2022; e en que figura un orzamento total de 62.563,76 euros.

• Declaración responsable asinada o 14.11.2022 polo técnico proxectista, exixida no artigo 53.1.b) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

• Separatas técnicas do proxecto de execución para as entidades afectadas (co mesmo visado que o proxecto): Concello de Culleredo, Concello da Coruña e Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana.

• Documentación para a expropiación (relación de bens e dereitos afectados –RBDA–; e planos coas afeccións) e declaración responsable de non ter acadado acordos cos propietarios afectados asinada o 3.1.2023.

Segundo consta no proxecto de execución, detectouse unha distancia antirregulamentaria a unha liña de media tensión do propio promotor, que se proxecta resolver coa substitución do apoio nº 15 por un novo nº 15N de maior altura, que se vai localizar 9 m baixo traza cara ao apoio nº 14. As instalacións obxecto deste expediente están situadas nos concellos de Culleredo e da Coruña e as súas características técnicas son as seguintes:

• Modificación, respectando o seu actual trazado, do treito da liña LAT 132 kV subestación San Marcos-subestación Sabón de 750,23 m de lonxitude en condutor tipo LARL-180 comprendido entre os seus apoios nº 14 e 16, rexistrado no expediente IN407A 2016/2936-1, consistente na substitución do apoio nº 15 (matrícula 92018811) metálico tipo celosía AL-AM-K/CS-120-132-IV, polo novo apoio metálico tipo celosía AL-AM-AGRI-CAPA-9000/23/CS-120-132-IV, que pasará a ser identificado como apoio nº 15N e que se desprazará nove metros cara ao apoio nº 14 existente respecto da localización actual do apoio nº 15.

• Esta operación implicará a demolición da cimentación existente do actual apoio nº 15, o recheo da cepa que se vai retirar e a construción dunha nova cimentación para o apoio nº 15N proxectado; a retirada provisional do condutor tipo LARL-180 e da fibra óptica tipo AUT-24 e tipo OPGW no treito da liña comprendido entre os seus apoios nº 14 e 16, para a súa posterior reinstalación e o regulado dos diferentes condutores entre os apoios nº 12 e 16, unha vez instalado o apoio proxectado.

• Instalación de posta a terra mediante anel pechado arredor do novo apoio nº 15N proxectado.

2. O 13.3.2023, a xefatura territorial ditou acordo polo que se someteu a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, da referida infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica.

Este acordo publicouse no DOG (3.4.2023), no BOP (16.3.2023) e no xornal La Voz de Galicia (30.3.2023) e, así mesmo, estivo exposto, xunto coa documentación sometida a información pública, nas dependencias dos concellos afectados e no Portal de transparencia desta consellería. Durante o período de información pública non se presentaron escritos de alegacións.

Así mesmo, a xefatura territorial trasladou as separatas técnicas do proxecto de execución, para os efectos de obter os seus informes ao respecto, ás seguintes entidades afectadas pola referida infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica: Concello de Culleredo, Concello da Coruña e Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana. A este respecto:

• O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana emitiu resolución de autorización para o proxecto.

• O resto de entidades consultadas (Concello de Culleredo e Concello da Coruña) non contestaron, polo que, sen prexuízo da autorización que lles corresponda outorgar, enténdese a súa conformidade co proxecto, de acordo co disposto no artigo 47.3 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

3. O 22.3.2024, a xefatura territorial, logo de rematada a instrución do referido expediente, deu traslado del á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais (DXPERN; actualmente denominada Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas –DXPEM–) para os efectos de ditar a oportuna resolución, incorporando ao expediente o informe e proposta seguintes:

• Informe técnico favorable sobre o proxecto de execución.

• Proposta para a concesión das autorizacións administrativas previa e de construción e a declaración da utilidade pública, en concreto.

Consideracións legais e técnicas:

1. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas vixentes de aplicación.

2. A competencia para resolver este expediente correspóndelle á DXPEM, de conformidade co disposto no artigo único (punto 1.b.3º para as autorizacións administrativas previa e de construción e punto 2 para o recoñecemento, en concreto, da utilidade pública) do Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de xaneiro), así como no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG nº 126, do 4 de xullo), no Decreto 42/2024, do 14 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia (DOG nº 73, do 14 de abril), e no Decreto 49/2024, do 22 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellería da Xunta de Galicia (DOG nº 81, do 24 de abril).

De conformidade con todo o que antecede,

RESOLVO:

1. Outorgar a autorización administrativa previa para a infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica correspondente á substitución do apoio nº 15 da LAT 132 kV San Marcos-Sabón, nos termos municipais de Culleredo e A Coruña (A Coruña), e que promove UFD Distribución Electricidad, S.A.

2. Outorgar a autorización administrativa de construción para o proxecto de execución da citada infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica LAT 132 kV San Marcos-Sabón substitución AP.15.

3. Declarar a utilidade pública, en concreto, da citada infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica, o que leva implícito a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados, implicando a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Todo isto de acordo coas condicións seguintes:

1. As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto de execución denominado LAT 132 kV San Marcos-Sabón substitución AP.15, asinado o 9.11.2022 polo enxeñeiro industrial Ricardo Lago Alonso (colexiado nº 2.221 do Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia –ICOIIG–) e visado por este colexio, co nº 20223451 e coa data do 14.11.2022; e en que figura un orzamento total de 62.563,76 euros.

2. O promotor asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manteñan as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento se deberán cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, aprobado polo Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, e o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade nas instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23, aprobado polo Real decreto 337/2014, do 9 de maio.

3. Para introducir modificacións nas instalacións que afecten datos básicos do proxecto será necesaria a autorización previa da DXPEM; non obstante, a xefatura territorial poderá autorizar as modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, e deberá comunicar á dita dirección xeral todas as resolucións que se diten en aplicación da citada facultade.

4. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución ou da data de ocupación dos terreos. Unha vez construídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante a xefatura territorial, quen deberá estendela tras as comprobacións técnicas que considere oportunas.

5. En canto aos bens e dereitos afectados pola referida infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica e adscritos ás distintas administracións, organismos ou empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral, o promotor cumprirá cos condicionados e informes emitidos por estes.

6. O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos orzamentos que determinaron a súa adopción poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia ao promotor, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.

7. Estas autorizacións adóptanse sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da referida infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente, tal e como dispón o título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

8. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 48.2 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro.

9. Como anexo a esta resolución recóllese a RBDA definitiva que se empregará no procedemento expropiatorio.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2024

Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Minas

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados (RBDA) pola infraestrutura de distribución de enerxía
eléctrica correspondente á substitución do apoio nº 15 da LAT 132 kV San Marcos-Sabón

Parcela Proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Concello

Lugar

Afección pleno dominio
(LMT, CT e/ou apoios)

LMT aérea-voo (servidume
de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

Nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Antonio Rumbo Doldán

Carmen Rumbo Doldán

Herdeiros de Manuel Rumbo Doldán

Polígono 9 Parcela 286

Culleredo

Román

Novo apoio 15N

47

Matogueira