DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 23 de maio de 2024 Páx. 31128

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS ATI712 e CTC Laxes Confurco, nos concellos do Porriño e Ponteareas, do que resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2023/331-4).

A instalación denominada LMTS ATI712 e CTC Laxes Confurco foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución do 27 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 12 de xuño de 2024 no concello do Ponteareas, e o día 13 de xuño de 2024 no concello do Porriño, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e nos taboleiros de edictos dos concellos do Porriño e Ponteareas.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, en que se lles comunicarán a data e a hora en que se deberán presentar nos seus predios, e serán informados de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, de acordo co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Vigo, 29 de abril de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

LMTS ATI712 e CTC Laxes Confurco

Referencia catastral

Lugar

Titular

Concello

Nº apoio

m2 solo

ml sub

m2 subsolo

1

36042A036060000000DZ

Leirados

Servicios Logísticos Souto, S.L.

Ponteareas

0,92

2,73

2

36039A006000220000DR

As Laxes

Descoñecido

O Porriño

CT

11,56

0,74

3,63

3

36039A006000230000DD

As Laxes

María del Carmen Rodríguez Acuña

O Porriño

CT

3,41

1,86

6,49